A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o voso apoio na campaña ‘En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública! baseada nas seguintes reivindicacións:
Queremos:
- Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.
- Que se garanta a soberania das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida.
- Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción voluntaria do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.
- Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
- Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xénero no currículo escolar
- Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.
Asina en apoio da campaña en http://www.feminismo.info/
Durante o mes de Maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto' para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine coa penalizacion e criminalizacion das mulleres.
E no Domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.