ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 6 de maio de 2009

EXITO DA FOLGA DO METAL

información da CIG
En Pontevedra pecháronse na sede dos empresarios


No resto da provincia tamén secundaron amplamente a folga e mobilizáronse
/avantar/09.05.06 Folgametal IX
Os traballadores/as do convenio do Metal da provincia de Pontevedra deron nesta xornada do 6 de maio unha nova mostra de forza e dignidade apoiando a primeira xornada da folga de 48 horas convocada polas centrais sindicais, e amosando nas rúas a súa vontade de continuar a loitar nestes tempos de crise pola negociación do seu convenio. Os tradicionais piquetes nas distintas zonas industriais desde primeira hora da mañá transformáronse ao longo do dia en multitudinarias marchas, que, na cidade de Vigo, encheron rúas, prazas e avenidas do centro, visibilizando a potencia do Metal, unha vez máis.