ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 10 de maio de 2009

Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE, participará en Atenas na presentación das candidaturas comunistas para as eleccións europeas



O Secretario Xeral do Partido Comunista dos Pobos de España e cabeza de lista da candidatura deste partido ás eleccións europeas do próximo 7 de xuño, Carmelo Suárez, participará mañá luns, 11 de maio, en Atenas no acto público de presentación do documento conxunto sucrito por 21 partidos comunistas de 19 países da Unión Europea de face ás próximas eleccións europeas

A invitación do Comité Central do KKE, e como representante dos comunistas españois, Carmelo Suárez apoiará coa súa presenza a presentación internacional da declaración unitaria xunto aos comunistas gregos, cuxo partido é un dos máis grandes de Europa e que na actualidade conta con tres eurodiputados. A invitación, que reflicte as boas relacións entre ambos os partidos e a vontade compartida de profundar nas súas relacións bilaterais, supón un importante paso no que respecta á coordinación das organizacións comunistas a nivel europeo, posto que se tratará do primeiro acto público e conxunto de face a unhas eleccións europeas de organizacións non vinculadas ao Partido da Esquerda Europea (PIE), organismo de coordinación das forzas reformistas e eurocomunistas da Unión Europea. Ao acto de presentación tamén está invitado o presidente do Partido Comunista Obreiro Húngaro, Gyula Thurmer, cuxa organización abandonou o pasado 1º de Maio o PIE.

O PCPE e o KKE exporán as liñas comúns do seu programa para as eleccións europeas, facendo especial fincapé na consideración do carácter non reformable da Unión Europea, a súa natureza intrinsecamente capitalista e o seu carácter de ferramenta ao servizo do gran capital contra os intereses dos traballadores e os pobos de Europa.

A aposta decidida dos comunistas gregos e españois, así como do resto de partidos asinantes, pola desvinculación da Unión Europea e da OTAN e do resto de organizacións imperialistas, a formulación da vía socialista de desenvolvemento económico, a resistencia contra todas as medidas aprobadas polos organismos europeos e aplicadas polas autoridades estatais, son os eixos centrais da campaña ante as eleccións europeas de ambos os partidos, que realizarán outros actos conxuntos, xunto ao resto de partidos comunistas europeos que comparten as súas análises e propostas, ao longo da campaña electoral.

Os Partidos que subscriben a declaración que se presentará mañá son:

Partido do Traballo de Bélxica

Partido Comunista Británico

Partido Comunista de Bulgaria

Partido dos Comunistas Búlgaros

Partido Comunista en Dinamarca

Partido Comunista de Estonia

Partido Comunista de Grecia

Partido Comunista Obreiro Húngaro

Partido Comunista de Irlanda

Partido dos Traballadores de Irlanda

Partido Socialista de Letonia

Partido Socialista de Lituania

Partido Comunista de Luxemburgo

Partido Comunista de Malta

Novo Partido Comunista dos Países Baixos

Partido Comunista de Polonia

Partido Comunista Portugués

Partido Comunista Romanés

Partido Comunista de Eslovaquia

Partido Comunista dos Pobos de España

Partido Comunista de Suecia

(Información do CC do PCPE)
http://www.pcpe.es/?p=1409