CIG INFORMA
O 13 de maio tiñan lugar asembleas nos estaleiros da ría de Vigo, tratándose a situacion dos traballadores inmigrantes, que non están a cobrar correctamente nin teñen as condicións laborais que marca o convenio provincial do Metal de Pontevedra. Por iso, decidiuse cortar a actividade de dez a dúas e cortar o tránsito na avenida de Beiramar, asi como os traballadores de Vulcano decidiron mobilizarse e acudir até Metalships e Cíes, para trasladarlles aos seus compañeiros estas situacións.Como consecuencia da última folga no sector naval no ano 2007 polo control da contratación conseguíuse que máis de 2.000 contratos pasaran a ser indefinidos."os empresarios non ficaron quietos, contrataron novas subcontratas das contratas, algunhas de aquí e outras de fora, fundamentalmente de Portugal, e trouxeron traballadores/as de distintos países, para dispor de man de obra máis barata. CIG-Metal denuncia que ao mesmo tempo falsifican as nóminas para aparentar legalidade e presentan contratos indefinidos para os que se obriga a asinar previamente o finiquito",
En Gamesa Ferrol nos primeiros meses deste ano tense producido o despedimento de cando menos 250 persoas entre traballadores e traballadoras de ETT e do cadro de persoal principal”
Agora a empresa xa anunciou a súa intención de rescindir o contrato a todo o persoal de ETTs que aínda continúa en Gamesa, así como a 50 operarios/as propios máis.
Concentracion de traballadores/ as de Correos en Compostela. en contra da política de redución de postos de traballo que está a levar adiante a empresa pública. A mobilización, convocada pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa na provincia de A Coruña, marca o inicio dun calendario de protestas que continuarán os vindeiros días 19 e 20 de maio nas cidades de A Coruña e Ferrol.
O mércores 13 de maio volvian rachar as negociacións do Convenio do Metal da provincia de Pontevedra, dado que a Patronal deste sector, excusándose nas mobilizacións contra a contratación irregular no naval, volvía abandonar a mesa, na que sempre presentaron as mesmas propostas, cun convenio para dous anos e perda de poder adquisitivo para os traballadores. A CIG-Metal, neste contexto, considera que é "moi importante volver dar unha mostra de forza e convocar novas medidas de presión.
A CIG-Ensino entregou no Rexistro xeral da Xunta de Galiza as sinaturas de 356 coordinadores/as das Equipas de Normalización Lingüística dos centros públicos de ensino, reclamando o mantemento do Decreto de Normalización e uso do galego, así como medidas de protección e promoción activa do noso idioma.