ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 4 de maio de 2009

PRESENTADA A CANDIDATURA DO PCPE ÁS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO


RACHA AS CADEAS

CONTRA A EUROPA DO CAPITAL E A GUERRA


O Partido Comunista dos Pobos de España presentou este luns día 4 a súa candidatura ás Eleccións ao Parlamento Europeo.


Esta candidatura ten como eixo central a confrontación co proxecto imperialista da Unión Europea -saída da UE e da OTAN-, nun contexto de crise sistémica do capitalismo, e coa proposta dun futuro socialista para os pobos de Europa.


A Consigna central desta campaña "Racha as cadeas. Contra a Europa do Capital e a Guerra" expresa con claridade o proxecto revolucionario -claramente rupturista- do PCPE en relación ao espazo rexional europeo. Un proxecto que coloca no plano máis próximo a aposta por un Período Constituínte Republicano -marco necesario para o exercicio do dereito á libre autodeterminación no estado español-, e que se reivindica do internacionalismo proletario na práctica política polas súas propostas programáticas compartidas con outras organizacións revolucionarias dos demais países hoxe suxeitos ao xugo imperialista da UE.


Quen hoxe, no estado español, dan soporte aos crimes do terrorismo internacional de estado e á desapiadada explotación da clase obreira -PSOE, PP e os seus colaboradores reformistas- son o obxectivo a confrontar polo PCPE nesta batalla política.


A lista presentada polo PCPE está encabezada polo seu Secretario Xeral, Carmelo Suárez, e pola Secretaria Xeral dos CJC, Enma Esplá. Unha lista formada por militantes comunistas que desenvolven o proxecto do PCPE cada día, e que constitúen hoxe un activo núcleo combatente na loita contra capitalismo e contra a súa crise sistémica no estado español. A batalla electoral será unha ocasión máis para seguir desenvolvendo o proxecto revolucionario no estado español, pois no racionalmente previsible ao día seguinte das mesmas as condicións da loita política serán similares ás actuais.


Todos os votos que veñan á candidatura do PCPE estarán a traballar para facer avanzar o proxecto da revolución socialista no estado español.