ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008



E QUÉN DETÉN E PROCESA AO NUMERO UN DO TERRORISMO PATRONAL?



Morre degolado en Vilagarcía pola rebarbadora coa que traballaba un operario de 32 anos, Carlos Angueira. O disco rebanoulle o pescozo. O médico tan só puido certificar a sua morte.Non levaba equipa de protección, nen a máquina tiña colocado correctamente o seguro.O segundo accidente laboral mortal en 2 días na provincia de Pontevedra.


Na Unión Europea, segundo a propia Euroestat, cada ano, perden a vida no posto de traballo case 5.500 persoas e teñen lugar perto de 5 millons de

accidentes laborais.

Deles, unha quinta parte (!!!!) prodúcense no estado español. A Galiza está entre as 7 comunidades nas que se producen as tres cuartas partes deles.

Os factores fundamentais que influen no risco de sinistros laborais:

a temporalidade, os ritmos de traballo , a falla de medidas de seguridade, as xornadas esgotadoras, as doenzas profisionais derivadas destas inhumanas condicións de traballo. Velaí a “flexeguridade laboral” do Tratado Europeo, a Estratexia de Lisboa e a directiva Bolkestein.Segundo a mesmísima Tesourería da Seguridade Social máis do 80% dos novos contratos inscritos nos últimos anos son temporais a incidencia da sinistralidade é dúas veces máis alta entre
os asalariados con contrato temporal que entre quen teñen un contrato indefinido.


Este auténtico e sangrante xeito de terrorismo contra a inmensa maioría dos e as traballadoras esixe unha resposta monolíticamente unitaria de todas as organizacións obreiras con orientación de clase.


Compre a máxima coincidencia e unidade do sindicalismo de orientación clasista, nos diferentes marcos galego, estatal e europeo, contra as formas flexibeis de emprego, o subempleo, a desregulación do tempo de traballo e o socavamento dos convenios colectivos de traballo.
Esixindo emprego estábel a tempo completo; estabelecimento da xornada de 35 horas, xornada de 6 horas para os empregos pesados ou insalubres; aumento salarial tendo en conta o incremento da riqueza producido polos obreiros así como o incremento da produtividade laboral;rebaixa da idade de xubilación, sanidade e educación exclusivamente públicas e gratuítas para todos.
.Desenvolver iniciativas a prol dos dereitos dos e as moz@s traballador@s, as mulleres e os inmigrantes.
.Desenvolver accións conxuntas contra as empresas multinacionais que teñen despregados os seus tentáculos en todos os nosos países.


CONTRA O TERROR PATRONAL, UNIDADE DA CLASE OBREIRA


P.C.P.G.






A FAME NO MUNDO E A DESTRUCCIÓN DO SECTOR LÁCTEO GALEGO: OS MESMOS CULPABEIS

O modelo agrocomercial e agroindustrial monopolista está a liquidar no mundo aos medianos e pequenos produtores agrarios e gandeiros cuxos procesos de produción e necesidades foron barridas polas grandes compañías transnacionais alimentarias , poderosas firmas que controlan todos os aspectos do agronegocio - venda de sementes, fertilizantes, insecticidas, herbicidas (Bayer), provisión e comercialización local e mundial dos alimentos. Pois este modelo agroindustrial capital-monopolístico, baseado no monocultivo, require de enormes cantidades de capitais para operar, o que explica a desaparición e ruína dos pequenos e medianos agricultores e gandeiros na Galiza entre moitos outros países . Nas potencias imperialistas que mandan na UE, a produción agroexportadora foi protexida con subsidios que serviron para acelerar a concentración da produción e a exportación en mans de poucas empresas, permitíndolles así vender nos mercados estranxeiros a prezos máis baixos que os do produtor local.

O modelo monopolista industrial e agroexportador mundial para os cultivos alimentarios, provoca aumento nos prezos dos alimentos , desabastecemento e racionamento nos propios países “ricos”.

Este proceso de concentración monopolística está a arruinar a producción de alimentos locais.

A pequena e mediana producción foi a base da agricultura en todo o mundo ata fai poucas décadas. Os baixos prezos dos productos nas últimas dúas décadas endebedaron e arruinaron a esas explotacións familiares, e xunto con elas liquidaron grande variedade de cultivos e de razas autóctonas e de prácticas alternativas da agricultura tradicional.
Para converter a agricultura e a gandeiría nun negocio e maximizar as ganancias, impuxeron graves restriccións ás produccións locais a aos pequenos agricultores e gandeiros, como as duras cotas e restriccións impostas á producción agraria galega polo Mercado común dos Monopolios (cotas do leite) e e forxaron o estado de dependencia que agora castiga con fame a Haití e coa ruina os gandeiros galegos.

Na Galiza, debido ó “noso” modelo de desenvolvimento periférico e dependente, xa no mercado interior

do Estado decimonónico ésta pasou a ocupar un lugar periférico.

Na fase imperialista, á Galiza submetida á doble opresión da oligarquía española e dos monopolios

transnacionais foille asignado o papel de fornecedora de enerxía, materias primas e forza

de traballo, ó servizo da oligarquía española e do imperialismo mundial.

No terreo económico,convertiuse en asentamento de industrias

de enclave altamente contaminantes, custosas en termos enerxéticos e ecolóxicos, non

rendibeis e xeradoras de “excedentes” de man de obra e emigración forzosa.

Na época do absolutismo neoliberal e da integración europea imperialista, o

desmantelamento do aparello productivo acadou cotas dramáticas:
gravísimas restriccións á producción agraria,destrucción do sector lácteo e cárnico,

esnaquizamento do pequeño comercio a mans dos monopolios, terciarización da

economía , depredación energética e forestal,destrucción do entorno natural,

turistización da nosa terra e mais emigración.un sector labrego en vías de extinción,

duramente agredido polos monopolios , esquilmado por unha Facenda que non cobra máis aos que mais teñen,envellecido e

privado de relevo xeracional pola destrucción selvaxe do tecido social rural;

unha mocidade obrigada, para

sobreviver, a continuar a “aventura galaica” dos seus antepasados, de fuxir da terra para gaña-lo pan.

Este é o marco no que compre analizar a actual crise que está vivindo o sector lácteo e cárnico galego.As grandes empresas leiteiras galegas, contando co silencio cúmplice do bipartito, impoñen unha baixada dos precios do leite ao productor (ao contrario que no mercado, que está perto do euro/litro), as cales, sumadas ás subas dos insumos (piensos, abonos, gasolina), e por ende dos costes de producción, están a poñer en perigo a supervivencia mesma de varios miles de pequenas e medianas empresas productoras de leite; os comunistas galegos expresamos o noso apoio á loita dos traballadores do leite e esiximos deste governo autonómico autodefinido de esquerdas, medidas orientadas a defender aos traballadores do sector en vez de protexer e arroupar aos seus explotadores.

PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO













COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA

Introduccion á lectura e estudo de

O Capital

Este é o primeiro dos caderniños de Economía Política. O seu obxectivo

é proporcionar a militantes e simpatizantes unha visión

xeral do texto de Marx: “O capital”, fundamentalmente do seu libro I, coa

intención de incitar á súa lectura, estudo, debate e aplicación á realidade.



http://dspace.mit.edu/html/1721.1/36330/17-100JFall-2002/NR/rdonlyres/Global/4/4CB8002C-640B-4A91-9D8B-8B8DA447B893/0/CHP_KarlMarx.jpg Descargar cuadernillo ECONOMIA POLITICA Introducc...


DECLARACIÓN DO SECRETARIO XERAL DO PCPE

NESTES DÍAS TIVEN COÑECEMENTO DAS DECLARACIÓNS DO SECRETARIO DE COMERCIO DE ESTADOS UNIDOS - CARLOS GUITÉRREZ- EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DE CUBA E A UNHA CHAMADA INICIATIVA DE SOLIDARIEDADE MUNDIAL CO POVO DE CUBA.

NESAS DECLARACIÓNS O SECRETARIO DE COMERCIO DICÍA QUE "O FUTURO DE CUBA ESTÁ EN MANS DO POVO DA ILLA". CON ESA AFIRMACIÓN É CO ÚNICO QUE PODO CONCORDAR DE TODO O MANIFESTADO POR TAL PERSOAXE. E É UNHA AFIRMACIÓN QUE TEN VALIDEZ DESDE FAI CINCUENTA ANOS, DESDE O 1 DE XANEIRO DE 1959 E DESDE TODOS OS ANOS DA LOITA HISTÓRICA DESE POVO CONTRA O INXERENCISMO IANQUI NOS SEUS ASUNTOS INTERNOS.

O POBO DE CUBA CONSTRUIRÁ O SEU FUTURO SEN A INTROMISIÓN DE SICARIOS E MERCENARIOS FINANCIADOS POLA NACIÓN QUE BATE TODOS OS RECORDES DE VIOLACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL E DO DEREITO DE TODOS OS POVOS DO MUNDO A DESENVOLVER O SEU PROPIO PROXECTO POLÍTICO SOBERANAMENTE.

PERO NO QUE TEÑO QUE MANIFESTAR O MEU MÁIS ABSOLUTO REXEITAMENTO É NA MANIPULACIÓN QUE O TAL SECRETARIO DE COMERCIO REALIZA EN RELACIÓN AO TERMINO SOLIDARIEDADE. PRETENDER REALIZAR ACCIÓNS DE "SOLIDARIEDADE" CANDO SE TEN O OBXECTIVO DE AGREDIR, VIOLAR E MANOBRAR CONTRA UNHA NACIÓN SOBERANA É DUN CINISMO QUE NON TEN LÍMITES.

A SOLIDARIEDADE É UN ARMA DOS POVOS QUE OS DIGNIFICA E QUE TRABALLA POR UN FUTURO LIBRE DE GUERRAS E INXUSTIZAS SOCIAIS, SEN FAME E SEN DOENZAS MASIVAS QUE NON SE CURAN POLOS INTERESES ESPÚREOS DAS MULTINACIONAIS DA FARMACIA.

QUEN TEÑEN UN LONGO HISTORIAL DE INVASIÓN DE PAÍSES, DE ACCIÓNS DE TERRORISMO DE ESTADO EN TODO O PLANETA, QUEN SECUESTRAN A CIDADANS EN CALQUERA LUGAR DO MUNDO, QUEN MANTEÑEN NUMEROSOS CÁRCERES SECRETOS, QUEN CONTINÚAN MANTENDO A PRISIÓN GLOBAL DE GUANTÁNAMO NON TEÑEN NINGUNHA LEXITIMIDADE PARA UTILIZAR A PALABRA SOLIDARIEDADE, E CANDO A UTILIZAN DEGRÁDANA E A ENSUXAN.

CUBA TERÁ SEMPRE A SOLIDARIEDADE DE TODOS OS POVOS DIGNOS DO MUNDO PARA SEGUIR A DESENVOLVER O SEU PROXECTO SOCIALISTA, PARA SEGUIR A SER SOBERANA E PARA SEGUIR A ORIENTAR AOS NOVOS PROCESOS REVOLUCIONARIOS COA SUA LUZ INESGOTABLE.

CUBA TERÁ SEMPRE A SOLIDARIEDADE DOS E AS COMUNISTAS DE ESPAÑA, E DUN XEITO ESPECIAL DO PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA.

A HUMANIDADE VENCERÁ A BARBARIE DO IMPERIALISMO E SOBRE AS SUAS RUÍNAS CONSTRUIRÁ UN MUNDO DE PERSOAS LIBRES E IGUAIS, SEN GUERRAS E SEN FAME, E CUBA, SEN NINGUNHA DÚBIDA, TERÁ REALIZADO UNHA ACHEGA INESQUECIBEL A ESE FUTURO ESPERANZADOR.

CARMELO SUÁREZ CABRERA
SECRETARIO XERAL DO
PCPE


CONTRA OS ATAQUES DE BOLONIA, A LOU E O REAL DECRETO


¡DEFENDAMOS A EDUCACIÓN PÚBLICA!


O venres 26 de Outubro o consello de ministros aprobou un Real Decreto que acaba co modelo universitario de Diplomaturas e Licenciaturas tal e como as coñecemos. O novo esquema que establece o Governo, segundo din, para responder ás necesidades da sociedade e economía do coñecemento componse basicamente de Grao e Máster. Pero, que supón isto na práctica?


o Grao

1. Segundo define o RD no seu Art.9: “O grao ten como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación xeral orientada ao exercicio de actividades profesionais”. É dicir, o que ata a data coñeciamos como FP.

2. Para alcanzar este obxectivo o grao redúcese a 4 anos, 240 créditos. Como se distribúen estes?: 60 serán de formación básica, 60 directamente en práctica en empresa (por suposto non pagas) e entre 6 e 30 para o traballo de fin de grao (non se parece iso a unha práctica en empresas?), restarían tan só ¡90 créditos (ano e medio) de formación relacionada coa titulación en concreto!

3. As atribucións profesionais que actualmente se garanten coas Licenciaturas e Diplomaturas desaparecen, arquitectos que non poden asinar proxectos, filólogos sen idioma, licenciados en dereito penal, civil, administrativo?, ¡NINGÚN! Obviamente a posibilidade de acceder ao mercado laboral ¡REDÚCESE! Xa que o teu título non servirá de nada, serás un mero graduado en xeralidades en tanto non te ?especialices? co posgrao.

4. O grao xa que logo consiste nunha “formación xeral”, básica e pouco especializada dirixida á creación dunha bolsa de traballadores precarios e dóciles.



O Posgrao

1. Se queres obter atribucións terás que pagarte un Máster. É dicir, a educación de calidade Posgrao- queda reservada para os poucos que poidan pagar prezos entre 3 e 6 veces máis dos actuais.

2. E velaquí o grande problema: a Educación Superior e o coñecemento provocan gastos. E a xenial idea dos nosos políticos non é outra que promover o investimento privado no coñecemento. Teremos Máster en enxeñería mecánica (Toyota), en telecomunicacións (Telefónica), en informática (IBM), en minería (Repsol),? Mais, e o máster en lingua antiga?, e en historia medieval?, e en arte precolombina?... Que empresa financiará este ?coñecemento tan pouco produtivo??

3. É a ANECA, un organismo non universitario onde se atopan representadas as empresas de forma directa, quen avalía e determina os Plans de Estudo (o contido) das distintas titulacións de Graos, Máster e Doutoramento. É a ANECA, un grupo de empresarios, quen decidirá que debemos e que non debemos estudar (Art.25 do RD).

4. Respecto diso das altas taxas de matrícula do posgrao, non hai que preocuparse, xa vivimos a substitución das tradicionais e “pouco eficientes” bolsas pola bolsa-préstamo (que xa hoxe nos ofrece o BSCH), e que son a devolver no futuro, para obrigarche a aceptar as condicións laborais sen chistar por medo a perder a túa casa ¡pasaremos a saír hipotecados da Universidade!

5. Finalmente para evitar que a Universidade siga sendo un “gasto” para o Estado a Lei de Financiamento de Universidades da Xunta de Andalucía resolve: “as Universidades deben financiarse máis polo que fan que polo que son”. É dicir, ese novo modelo de financiamento terá en conta a participación de profesores en programas internacionais, o bilingüismo dos alumnos, e sobre todo, canto tardan os licenciados en atopar traballo da súa especialidade, e cantos titulados crean empresas propias nos tres anos seguintes á súa gradación. Polo tanto, con este modelo non se financia a transmisión e produción de coñecemento, o cal fai pensar que aquelas titulacións relacionadas coas Humanidades que non cumpren cos requisitos para financiarse estean destinadas a desaparecer (filoloxías?).



Conclusións

1. A universidade convértese nunha fábrica de precarios, o Eurocrédito (1 crédito ECTS = 30 horas) clarifica e abonda nesta función, a nosa matrícula de 60 créditos suporá unha media de 35 horas semanais de permanencia obrigatoria (unha xornada laboral non remunerada senón paga) na universidade, das cales ¡só 10 horas serán lectivas!, o resto teremos seminarios, biblioteca, traballo en grupo, etc. Por outra banda, a aqueles estudantes que necesiten traballar seralles imposible compaxinar os estudos co traballo.


2. Aqueles que cursades estudos “á antiga” sufriredes a homologación coas novas titulacións devaluadas. O voso título, na rúa, converterase en grao.


3. Este Real Decreto representa un paso máis na aplicación da LOU. A mesma LOU que aprobou Aznar e contra a que se mobilizou toda a comunidade universitaria, con ZP nas cabeceiras das manifestacións prometendo a súa derrogación se chegaba ao governo. Con todo, Zapatero, unha vez no governo, faltando ás súas promesas e co acordo da suposta esquerda política e sindical, mantivo e profundou a LOU axustándoa aínda máis á Declaración de Bolonia e ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).



FRONTE A TODO ISTO É NECESARIO:

Promover unha gran campaña de información e debata aberta a toda a comunidade universitaria (estudantes, profesores e traballadores).

Esixir aos nosos representantes das Delegacións de Alumnos que nos informen, se sitúen e mobilicen contra a LOU e os Reais Decretos que atentan contra a Educación Pública.

Denunciar ao Goberno ZP por avanzar cara á privatización da Educación.

E finalmente,

¡ESIXIR A DERROGACIÓN DESTE DECRETO!



COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA


Unir á mocidade, organizar a revolución


A RECUPERACIÓN AMBIENTAL DA RÍA, A CONSECUCIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO LIGADOS AO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E AS GARANTÍAS PARA A NOSA SAÚDE NON PODEN AGARDAR MÁIS.

Hoxe calquera sabe que ENCE é unha empresa ilegal, condenada por "delicto ecolóxico continuado" , e que, lonxe de crear riqueza na zona está destruindo a Ría, a saúde e calidade de vida e as posibilidades dun desenvolvemento sustentabel baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, turísticos e forestais, un desenvolvemento que pode proporcionar maior número de postos de traballo e maior rendabilidade económica e que é absolutamente incompatibel coa presenza de CELULOSAS na súa actual ubicación.

Pero ENCE ten o seu futuro na Ría marcado pola data de caducidade da súa concesión, que remata no ano 2018, e todo fai pensar que na actualidade tanto o goberno galego como o central poderían acortar ese prazo, coincidindo coa reiterada reivindicación da Asociación Pola Defensa da Ría e da práctica totalidade da cidadanía da bisbarra.

Para nós, para os cidadáns, é absolutamente necesario conquerir o cese da actividade industrial de ENCE con anterioridade ao 2018, pois ningunha razón xustifica alongar por máis tempo esta situación de agonía e ruina para a economía, o medio ambiente e a calidade de vida das persoas, por iso esiximos que este cese de actividade se produza xa, sen agardar ao fin da concesión. A.P.D.R

Tras a grande manifestación celebrada o pasado 25 de Abril, apoiada por máis de 40 colectivos,

o PCPG comprometémonos e chamamos ao conxunto dos cidadáns e as cidadás de Pontevedra a apoiar decididamente os actos organizados pola Asociación pola Defensa da Ría coa colaboración doutros colectivos , entre eles un acto público no Teatro Principal para o 5 de xuño, coa presenza de especialistas e representantes da cidadanía pontevedresa, e unha intensa campaña preparatoria da Marcha contra Celulosas o vindeiro sábado 14 de xuño ás 20.00.

ENCE FORA DA RÍA

pcpg





O 18 DE MAIO ÁS 12 NA ALAMEDA DE COMPOSTELA, MANIFESTACIÓN POLA DEFENSA DA LINGUA GALEGA


O galego é , a mais dunha língua e unha seña de identidade nacional, a mais dun rico patrimonio do conxunto dos povos de fala galega, un distintivo de clase.


A sua supervivencia e a fin do alleamento e o autodesprezo do galego é un problema non meramente lingüístico, senon social.

Salvar o galego non pasa por criarmos unha “burguesía nacional” que o fale e o “prestixie”.


A defensa consecuente da lingua galega pasa por PARAR XA a selvaxe destrución do tecido social que lle serviu e serve de soporte e permitiu a sua supervivencia durante a longa noite de pedra da ditadura franquista: a clase traballadora e os labregos, artífices das actividades productivas e creadoras duramente castigadas, na actual fase de dictadura do capital, pola dependencia e a servidume a un modelo monopolista neoliberal que está a liquidar centos e milleiros de pequenas explotacións agrícolas e con elas desmantelando toda actividade productiva (asteleiros, pesca, marisqueo), promovendo a turistificación e a terciarización da nosa terra e xa que logo foraneizando a nosa cultura e liquidando toda forma de cultura popular.


Os medios de comunicación e quen os xestiona han ser consciéntes dunha vez de que defender e espallar o uso do galego non se resolve con programas “folclóricos” de escasa calidade protagonizados polos mesmos de sempre, artistas do pesebre, senon que pasa por visibilizar aos auténticos suxetos de creación de cultura galega, as clases populares do noso país e o sector da intelectualidade que realmente pertence a elas e as representa.

Por último, mencionar a sorprendente facilidade coa que sintonizamos a CNN e Euronews cando acendemos a “caixa-parva”, e a tremenda dificultade que supón sintonizar nela, ou na radio, interesantísimas emisións dos nosos irmáns da outra beira do Miño.


.........................................................


LETRAS GALEGAS.


Hai xa moitos anos que a nosa lingua escrita é homenaxeada institucionalmente, un día de cada 365.

Canto aos 364 días restantes, non son moitos os e as que teñen conta da lingua falada.

Breve e pobre xeito de celebrar a propia lingua, por mais que, ¿senten os nosos gobernantes como propia esa lingua que celebran diante das cámaras e focos de xeito tan vistoso? ¿Cantos deles a usan na intimidade, teñen unha relación práctica e cotiá, normalizada, con esa lingua que conmemoran con premios, actos e honras públicos?

Certamente, é preciso ter en conta que para esas institucions que temos hoxe, que soportamos hoxe, a reivindicación do galego é nada mais que un xesto demagóxico, burgués, reaccionario e valeiro. Porque burgués é o seu pensamento e burgués é o seu aliñamento político.

Homenaxear ou, alo menos, respectar aos e ás que a manteñen viva falándoa é, para nós, comunistas galegas e galegos, o xesto decisivo ausente neste tipo de saraos politiqueiros.

Homenaxear ás e aos que foron represaliados, castigados e postos en vergoña por usaren o galego, esa lingua de probes.

Aquelas e aqueles que en pleno inferno neoliberal son forzados a facer abandono da sua lingua en horario laboral pola empresa na que traballan, sen que ás institucións e aos seus voceiros lles treme un centímetro de pel, ¿cómo haberán de homenaxear de cotío esa lingua que a eles sí, lles é propia? .

A lingua é para todo povo un patrimonio da máxima importancia para a conservación da súa identidade. Pero na Galiza, ademáis, a lingua foi e segue a ser un emblema da clase traballadora. Como tal, maltratada e usada con hipocresía polos políticos burgueses.

O galego, a “lingua proletaria do meu povo” da que falou Celso Emilio necesita seguer a ser falada, e que falándoa se conte a historia da galiza explotada e a victoria da galiza socialista.

PCPG



Movimento Comunista e Obreiro internacional


NOVAS SINDICAIS MAIO

Tras horas de xuntanza na Delegación de Traballo en Vigo, a patronal do Transporte e as centrais sindicais, coa mediación de Traballo, chegaran a un pre-acordo positivo que suporía un aumento salarial Nos medios este mércores xa a patronal aseguraba unha revisión deste pre-acordo, o que a CIG avalia como unha "tomadura de pelo". Anuncian inicio de folga.


21 de maio traballadora da conserveira Pérez Lafuente agredida polo xefe da factoría, cando este axudaba a ós esquirois a accesar á fábrica .
As traballadoras non aceptan que despois de traballar desde os 12 anos nesta empresa, agora se desfagan delas.


O Xulgado do Social nº 3 de Vigo, ditou Sentenza declarando nulas as sancións de 45 días de emprego e soldo que URBASER, S.A. concesionaria da recollida do lixo de Redondela, comunicara aos traballadores por exercitar o seu dereito de Folga pola sinatura do Convenio Colectivo.

SEGANOSA atrasouse no pago de nóminas do persoal e fixo fraccionamentos dos pagos en 9 meses desde 2006 A nómina de abril de 2008 aínda non foi aboada a día de hoxe. Grave incumprimento do Convenio Colectivo da Empresa cuxo art.23 a obriga a pagar "nos cinco primeiro días naturais de cada mes" e provoca unha situación insostible ás familias dos traballadores

O Comité de Vidreira do Atlántico S.A anunciou presentación de conflito colectivo pola situación laboral dos traballadores/as por mor do incumprimento do convenio, e solicitou a Traballo de Ourense a mediación para obrigar á dirección da empresa a informar sobre a posíbel venda da factoría.


LETRAS GALEGAS.


Hai xa moitos anos que a nosa lingua escrita é homenaxeada institucionalmente, un día de cada 365.

Canto aos 364 días restantes, non son moitos os e as que teñen conta da lingua falada.

Breve e pobre xeito de celebrar a propia lingua, por mais que, ¿senten os nosos gobernantes como propia esa lingua que celebran diante das cámaras e focos de xeito tan vistoso? ¿Cantos deles a usan na intimidade, teñen unha relación práctica e cotiá, normalizada, con esa lingua que conmemoran con premios, actos e honras públicos?

Certamente, é preciso ter en conta que para esas institucions que temos hoxe, que soportamos hoxe, a reivindicación do galego é nada mais que un xesto demagóxico, burgués, reaccionario e valeiro. Porque burgués é o seu pensamento e burgués é o seu aliñamento político.

Homenaxear ou, alo menos, respectar aos e ás que a manteñen viva falándoa é, para nós, comunistas galegas e galegos, o xesto decisivo ausente neste tipo de saraos politiqueiros.

Homenaxear ás e aos que foron represaliados, castigados e postos en vergoña por usaren o galego, esa lingua de probes.

Aquelas e aqueles que en pleno inferno neoliberal son forzados a facer abandono da sua lingua en horario laboral pola empresa na que traballan, sen que ás institucións e aos seus voceiros lles treme un centímetro de pel, ¿cómo haberán de homenaxear de cotío esa lingua que a eles sí, lles é propia? .

A lingua é para todo povo un patrimonio da máxima importancia para a conservación da súa identidade. Pero na Galiza, ademáis, a lingua foi e segue a ser un emblema da clase traballadora. Como tal, maltratada e usada con hipocresía polos políticos burgueses.

O galego, a “lingua proletaria do meu povo” da que falou Celso Emilio necesita seguer a ser falada, e que falándoa se conte a historia da galiza explotada e a victoria da galiza socialista.

PCPG



É mellor ser unha vaca na Europa que un pobre nun país en desenvolvemento
Martes 20 de maio de 2008 por CEPRID

Danielle Bleitrach CEPRID/Rebelión
Traducido para Rebelión por Caty R.
A frase do título é a amarga afirmación que facía Joseph F. Stiglitz en 2006, ao constatar que «a vaca europea media recibe unha subvención de 2 dólares ao día (o limiar da pobreza, segundo o Banco Mundial). Máis da metade dos habitantes dos países en desenvolvemento viven con menos. Polo tanto, parece que é mellor ser unha vaca en Europa que un pobre nun país en desenvolvemento».
É mellor ser unha vaca na Europa que un pobre nun...

pablo neruda, "a mi partido"

...

Me mostraste cómo el dolor de un ser ha muerto en la victoria de todos.

Me enseñaste a dormir en las camas duras de mis hermanos.

Me hiciste construir sobre la realidad como sobre una roca.

Me hiciste adversario del malvado y muro del frenético.

Me has hecho ver la claridad del mundo y la posibilidad de la alegría.

Me has hecho indestructible porque contigo no termino en mí mismo.


1º DE MAIO

¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!

MÁIS UNIDADE, MÁIS LOITA DA CLASE OBREIRA

A economía capitalista mundial está en crise. É a fin dun ciclo económico e os capitalistas

, tras saquear os petos das familias traballadoras atopan, maiores dificultades para

continuar o saqueo, ampliando a súa taxa de ganancia. se nos roubaron case todo, é

posible que nos rouben aínda máis? Pois si, é posible. Pois se aparece algunha

dificultade para que as contas bancarias dos ricos continúen engordando entran na escea

os organismos financeiros internacionais, o Banco Mundial, o Fondo Monetario

Internacional, o Banco Central Europeo, a Reserva Federal, etc., auténtica banda de

atracadores internacionais que xestionan a economía mundial para garantir que os ricos

continúen séndoo, se cabe, un pouco máis. Cando as bolsas europeas viron perigar as

ganancias das principais empresas cotizantes, os Bancos Centrais inxectaron miles de

millóns de euros, directamente das arcas públicas, para frear a caída da taxa de ganancia

das multinacionais.

No pasado ano o Banco Santander gañou un 19% máis que no ano 2006.Telefónica o

45.2% E un longo etcétera

Eses miles de millóns de euros saen directamente do noso esforzo e do saqueo das

economías e das materias primas dos países do capitalismo periférico. Pola contra as

economías das familias traballadoras empeoran mes a mes. Temos que empregar a

maior parte dos ingresos familiares para pagar unhas hipotecas que non deixan de subir

ó antollo do BCE e das súas previsións do que os ricos han de aumentar os seus

beneficios. A subida salarial media neste ano pactada nos convenios colectivos sitúase

moi por baixo do IPC. Os salarios continúan perdendo poder adquisitivo, algo que vén

sendo habitual nos últimos dez anos. Coa subida dos prezos, a inflación pagámola os

traballadores, sobre todo os salarios mais baixos, que na Galiza somos a grande maioría.

De aí que as nosas pensións sexan as máis baixas do Estado.

Namentres, o número de parados continua engordando, xa preto dos 2.5 millóns no

estado español. A precariedade e a sinistralidade laboral agrávanse.

Existen as clases, e existe a loita de clases:: por unha banda, os beneficios

empresariais, por outra, xornadas de dez e ata doce horas, traballos en sábados, ritmos

esgotadores, saturación das áreas de traballo, alta taxa de accidentabilidade,...Vexase á

patronal do metal, incumprindo sistematicamente a lexislacion sobre riscos laborais.

Véxase a indiferencia da Inspeccion de traballo diante do incumprimento da xornada

laboral nas obras do AVE, e a alta taxa alí de accidentes graves, mesmo mortais (O

Carballiño)

Vexase a persecución patronal e explotacion descarada dos traballadores

inmigrantes, nomeadamente os sen papeis, que tras padecer nos seus países de orixe o

saqueo neocolonial dos países imperialistas, fuxen cara a éstes para seguir padecendo

novos guantánamos de explotación e escravitude no século XXI, vendo negado o seu

dereito de asociación e folga.

Estamos a converternos en auténticos escravos do capital.

As loitas obreiras e populares contra o peche de empresas ou por melloras salariais e

sociais han ser o punto de partida dunha ofensiva da clase obreira en todas as frontes.

Habemos de traballar por conseguir transformar as loitas conxunturais en conciencia e

organización contra o sistema capitalista. Confrontando coa burocracia sindical e

reconstruíndo o sindicalismo de clase:Nada temos que celebrar neste 1º de maio con

quen desde a dirección dos sindicatos colaboran coa clase que nos oprime para que

aumente a explotación e xa que logo os beneficios dos ricos. O noso futuro depende

de nós mesm@s, da nosa capacidade de loitar. E cando se loita, véncese.


1º MAIO 2008 COMUNISTAS DA GALIZA (PCPE)



POLO POVO DO TIBET E CONTRA O FEUDALISMO LAMAISTA.
Jose Antonio Egido, membro do Comité Central do PCPE


Que era o Tibet antes da chegada do Socialismo?


O Tibet é un dos lugares mais remotos do Planeta. É unha meseta no corazón de Asia, separada do sur de Asia polas mais altas montañas do mundo, o Himalaya. Seis cordilleiras dividen a rexión en vales illados. O Tibet pertencera a China desde facía 700 anos pero a falta de comunicacións illouno da China e do mundo.
O budismo penetrou no Tibet no século VII de nosa era [1]. O principe Strong-tsan-gampo, artífice da unidade do Tibet, empregou esta relixión na súa tarefa unificadora. Durante moito tempo o budismo foi a relixión da cúpula feudal mentres que o povo practicaba ritos chamanistas e de clan (relixión bon ou bon-po).
A partir do século IX o budismo estendeuse no pobo baixo a forma mahaiana. A comezos do século X o partido antibudista apoiado na vella aristocracia feudal lanzou persecucións contra os budistas. Pero os budistas conseguiron asasinar ao rei Lang-darma e vencer. No século XI o budismo venceu definitivamente baixo a forma dunha nova corrente chamada tantrismo. Durante os séculos XI e XII construíronse no Tibet numerosos mosteiros budistas con multitude de monxes chamados lama. En 1271 Kublai Khan, fundador da dinastía mongol dos Yuan (1270-1370), nomeou ao xefe da seita budista mais importante ministro de asuntos civís e relixiosos de Tibet.. A dinastía chinesa dos Ming, que reinou de 1368 a 1644, protexeu tamén á relixión budista pero aplicou unha política de fragmentación do país que a debilitaba. Xurdiu unha corrente budista reformadora que impuxo unha severa disciplina monacal e a obriga de levar roupa e gorros amarelos. Todo o poder concentrouse en mans de dous xerarcas supremos: o Panchem-rimpoche e o Dalai-rimpoche (futuro Dalai Lama). Ambos foron declarados encarnacións das deidades budistas mais veneradas.
Nominalmente a máxima autoridade do Tibet eran os emperadores chineses que cobraban impostos e nomeaban funcionarios encarregados de cobralos pero os xerarcas budistas exercían moita influencia local. En 1639-1640 o jan mongol Gushi asasinou ao príncipe local e transferiu todo o poder secular ao Dalai Lama. Ao comezo da dinastía manchú China restableceu a súa soberanía sobre o Tibet pero o poder real permaneceu en mans do Dalai Lama e, sobre todo, en mans dos lama supremos que o rodeaban. No Tibet estabeleceuse unha forma peculiar de réxime feudal na que os grandes señores (monxes e seglares) dominaban unha masa de campesiños privados de dereitos e o poder político era acaparado polos xerarcas budistas. No mais alto da xerarquía estaba o Panchem-Lama considerado pai espiritual do Dalai Lama que era quen tiña o poder temporal. Unha autora chinesa escribiu que ?só 626 persoas posuían o 93 % da terra e a riqueza nacional e o 70 % dos yakes[2] no Tibet. Entre eles estaban os 333 cabezas de mosteiros e autoridades relixiosas e as 287 autoridades seculares (contando a nobreza e o exército) e seis ministros do gabinete? [3]. A clase alta formábana cerca do 2 % da povoación e o 3 % eran os seus axentes: capataces, administradores das súas leiras e comandantes dos seus exércitos privados. O 80 % eran servos, o 5 % escravos e 10 % eran monxes pobres que traballaban como peóns para os abades e rezaban. A pesar da suposta regra lamaísta de non violencia estes monxes eran azoutados continuamente.
Hoxe, o actual Dalai Lama preséntase ante o mundo como un home sacro a quen non interesan as cousas materiais. A realidade é que foi o principal dono de servos do Tibet. Segundo a lei era dono de todo o país e dos seus habitantes. Na practica a súa familia dispuña de 27 leiras, 36 prados, 6.170 servos e 102 escravos domésticos.


As horribles condicións de vidas das masas populares.


A vida dos servos tibetanos antes de 1949 era breve e durísima. Tanto os homes como as mulleres traballaban nas tarefas mais sacrificadas e no traballo forzado chamado ulag durante 16 ou 18 horas ao día.. Debían entregar aos donos (quen non traballaban) o 70 % da colleita. Non podían usar os mesmos asentos, palabras nin utensilios que os donos. Castigábanos con lategazos se tocaban algunha cousa do propietario. Non podían casar nin saír dunha leira sen permiso do amo. Os servos e as mulleres eran considerados animais parlantes que non tiñan dereito a mirar á cara aos amos. O experto no Tibet A. Tom Grunfeld relata que unha filla dos donos facía que os seus servos a alzaran para subir e baixar as escaleiras [4]. Aos escravos golpeábanos, non lles daban comida e matábanos a traballar. Na capital Lhasa compraban e vendían nenos.
A palabra muller, kimen, significaba nacido inferior. As mulleres tiñan que rezar ?que eu abandone este corpo feminino e renaza como home?. Os xerarcas relixiosos impedíanlles levantar os ollos mais alá do xeonllo dun home. Era común queimar ás mulleres por seren bruxas, a miúdo porque practicaban os rituais da relixión bon.Dar a luz xemelgos era proba de que unha muller copulara cun espírito malo e nas zonas rurais era frecuente que queimasen á nai e aos xemelgos recentemente nados. Un home adiñeirado podía ter moitas esposas e un nobre con pouca terra tiña que compartir unha muller cos seus irmáns.

O povo sufría constantemente de frío e fame. Antes da liberación non había no Tibet nin electricidade nin estradas nin hospitais nin case escolas. Moitos servos enfermaban por mor da desnutrición mentres algúns mosteiros atesouraban riquezas e queimaban grandes cantidades de alimentos como ofrendas. A maioría dos recentemente nados morrían antes de cumprir un ano. A mortalidade infantil era en 1950 do 43 %. As vexigas afectaba a unha terceira parte da poboación e en 1925 exterminou a 7 mil habitantes de Lhasa. A lepra, a tuberculose, o bocio, o tétanos, a cegueira, as enfermidades venéreas e as ulceras causaban grande mortalidade. A esperanza de vida en 1950 era de 35 anos.
As supersticioes estendidas polos monxes facíanlles oporse aos antibióticos. Dicían aos servos que as enfermidades e a morte se debían aos pecados e que o único xeito de previr as enfermidades era rezar e pagar diñeiro aos monxes.
Os feudais mantiñan ao povo na incultura mais completa para mellor sometelo e lavarlle o cerebro. En 1951 o 95 % da povoación era analfabeta. A linguaxe escrita só servia para o culto relixioso.
O sistema feudal impedía o desenvolvemento das forzas produtivas. Non permitía o uso de arados de ferro, extraer carbón, pescar, cazar, nin facer innovacións sanitarias de ningún tipo. Non había nin comunicacións nin comercio nin ningunha industria por elemental que fose. Mil anos atrás cando se introduciu o budismo calcúlase que no Tibet vivían 10 millóns de persoas pero en 1950 só quedaban dúas ou tres millóns.


Como chegou o Socialismo ao Tibet?


O Partido Comunista de China (PCC) plantexóuse un problema en relación ao Tibet: o tremendo atraso e a dominación feudal facía imposíbel o estalido dunha rebelión dos servos sen axuda exterior. Pero era preciso intervir no Tibet antes que se convertese nunha praza forte da contrarrevolución desde a cal as clases dominantes derrocadas da China, os feudais locais e o imperialismo puxesen en perigo a nova Republica Popular da China (RPC). Os feudais lamaístas mostráronse compracentes cos colonialistas británicos que entraron en Lhasa en 1904 desde a India e co intento norteamericano de recoñecer un Tibet independente en 1949 cun asento na ONU. A Práctica confirmaría que do mesmo xeito que noutros lugares, a clase dominante local se aliaria coas forzas imperialistas para combater ao inimigo común, a Revolución socialista triunfante.
Os comunistas sabían que a Revolución non se pode exportar a outro país nas baionetas dun exército ocupante e é por iso que actuaron con tacto e prudencia ata crear as condicións dun movemento revolucionario ben arraigado no seo das masas populares tibetanas. O Exército Popular de Liberación (EPL), exército de campesiños revolucionarios forxado en 20 anos de combates e dirixido polo PCC, avanzou cara ás chairas tibetanas en outubro de 1950. En Chambo derrotou facilmente ao exército enviado polos feudais tibetanos pero alí detivo a súa marcha e mandoulles unha mensaxe cunha proposta: Se Tibet se integrase na República Popular de China (RPC) o goberno de propietarios de servos (chamado Kashag) podería seguir gobernando durante un tempo baixo a dirección do goberno central popular. Os comunistas non abolirían as prácticas feudais nin tomarían medidas en contra da relixión ata que o povo non apoiase os cambios revolucionarios. O EPL protexería as fronteiras para evitar unha intervención imperialista. O goberno feudal aceptou a proposta e asinou o Acordo de 17 puntos que recoñecia a soberania chinesa e aplicábase nas zonas sometidas ao Kashag e non noutras zonas tibetanas onde vivía a metade da povoación [5]. O 26 de outubro de 1951 o EPL entrou pacíficamente en Lhasa baixo o mando do xeneral Zhang Guojua.


A conspiración contrarrevolucionaria dos nobres lamaístas.


Loxicamente os feudais non acolleron cos brazos abertos aos comunistas senón que empezaron a conspirar para intentar perpetuar o seu sistema de dominación. Fixeron o posibel por enemistar aos seus servos co EPL: difundiron rumores de que os comunistas usaban sangue de nenos tibetanos como combustible para os seus camións, acusáballes de ?matar cans? por eliminar os cans rabiosos que aterrorizaban á xente,? Certos mosteiros convertéronse en centros da actividade secreta contrarrevolucionaria e en almacéns de armas que a CIA norteamericana enviaba desde a India. A CIA estableceu un centro de adestramento de axentes tibetanos no campo Hale de Montanas Rocosas en Colorado pola súa grande altitude. Tamén foron adestrados mercenarios tibetanos en bases iankis de Guam e Okinawa [6]. En total os EE.UU. adestraron militarmente a 1.700 tibetanos nos anos 50 e 60.
O EPL tiña ordes estritas de respectar á povoación, as súas cultura e as súas crenzas ata os seus temores supersticiosos que non podían ser erradicados de vez. Os servos sorprendéronse cando foron contratados por un soldo para construír un camiño que conectase Tibet coas provincias centrais. Varios servos novos foron animados para se educar nos Institutos para as Minorías Nacionais nas cidades do leste de China e aprender lectura, escritura e contabilidade. Empezaron a chegar mercancías que melloraron a vida da povoación como té e fósforos, abríronse os primeiros teléfonos, telégrafos, emisoras e imprentas e as primeiras escolas. En 1957 6.000 alumnos acudían a 79 escolas primarias. Os equipos médicos comezaron a tratar e curar á xente incluídos aos nobres e as mentalidades comezaron a mudar.
Os terratenentes feudais viron en perigo o seu poder e organizaron as primeiras rebelións armadas en 1956. Nas zonas nas que non rexia o acordo de 17 puntos os comunistas animaban aos servos a deixar de pagar aluguer aos mosteiros e aos nobres, o que exasperaba a estes. En marzo de 1959 produciuse unha rebelión en grande escala apoiada pola CIA que enviou os seus axentes adestrados e lanzou cargamentos de municións e subametralladoras desde avións C-130 da forza aérea norteamericana. Os monxes e os seus axentes armados atacaron a guarnición do EPL en Lhasa. Os comunistas responderon non só militarmente senón sobre todo politicamente. Mil estudantes tibetanos volveron rapidamente dos Institutos para as Minorías Nacionais para participaren nunha grande campaña de cambios revolucionarios.


A derrota do feudalismo no Tibet.


O goberno do Kashag que apoiara a rebelión foi disolto. En todas as rexións creáronse órganos de poder chamados ?Oficinas para reprimir a revolta?. O novo goberno chamouse ?comité preparatorio para a rexión autónoma de Tibet?. Aboliuse o ulag, o traballo forzado, e a servidume. Os escravos dos nobres foron liberados. Os conspiradores principais foron arrestados. A muller foi liberada da poligamia e a poliandria. Os servos deixaron de pagar aluguer aos mosteiros e a metade dos mesmos tiveron que pechar. Os nómades dun illado campamento chamado Pa levantáronse en armas contra os partidarios do Dalai Lama [7]. A xornalista británica Sara Flounders escribe que ?millóns de campesiños pobres se mobilizáron para expulsar aos antigos terratenentes? [8]. Os antigos servos recibiron 20 mil escrituras de terras e gando, decoradas con bandeiras vermellas e o retrato do presidente Mao.
Tras a derrota da rebelión, o Dalai Lama número 14, chamado Tenzin Gyatso, fuxiu ao exilio acompañado por 13 mil persoas integrantes da nobreza e o alto clero lamaísta e moitos dos seus escravos, gardas armados e caravanas de mulas cargadas de riquezas. A CIA converteuno nun símbolo da guerra contra a revolución socialista e o PC. O Dalai Lama instalou na cidade india de Dharamsala un ?goberno no exilio?. A partir de 1964 figura na lista dos asalariados da CIA que lle asignou unha cantidade anual de 180 mil dólares no cadro dun programa para derrubar os réximes comunistas. O seu ?goberno? recibiu anualmente 1,7 millóns de dólares. Nos anos 90 segue recibindo cartos da CIA.
Desde aquela este reaccionario segue tendo un gran apoio do lobby antichino norteamericano, da industria de Hollywood que produce películas de propaganda ao seu favor [9], da Fundación Nacional para a Democracia (pantalla da CIA) que financia o Fondo Tibet, rádioa Voz do Tibet e a campaña internacional polo Tibet. En 1987 foi recibido na comision de ?dereitos humanos? do senado norteamericano. En agosto de 1999 o Departamento de estado norteamericano organizou a súa visita a Nova Yorque.
Os sectores anticomunistas occidentais, como o xuíz español Garzón, denuncian publicamente a China polo suposto ?xenocidio? no Tibet desde 1959. Este ?xenocidio? aparece na propaganda antichina pero ninguén ofreceu a menor proba. Tales sectores son os que contribúen a que lle sexa concedido en 1989 o premio Nóbel ?da paz? [10] que xa posúen coñecidos criminais de guerra como Henry Kissinger, Menahem Beguin e Simón Peres.
Aínda que o budismo prohibe matar e toda forma de violencia, o actual Dalai Lama apoiou con entusiasmo a guerra da OTAN contra Iugoslavia de 1999. Nese ano declarouse en Santiago de Chile a favor de non perseguir ao criminal Augusto Pinochet.
Está perfectamente situado no campo dos explotadores e inimigos do pobo. Aínda que goza dunha aureola de santidade e é considerado un deus, non é mais que un instrumento eficaz da contrarrevolución e o imperialismo. Para ser aceptado polos seus aliados reformou algunhas das tradicións mais horribles e adoptou o discurso cínico dos ?dereitos humanos? que tamén repiten os asasinos de Israel, os militares fascistas colombianos e outros lacaios dos norteamericanos, pero o sistema político que representa é unha ditadura relixiosa na que non existen dereitos políticos para as mulleres nin para ninguén que cuestione a súa autoridade. Por exemplo, a seita tibetana dos Shugden formada por cen mil persoas exiliadas na India que non recoñecen dita autoridade é sistematicamente marxinada e perseguida. Moitos occidentais angustiados e desestabilizados pola sociedade burguesa sentense ilusamente atraídos polo misticismo lamaísta, o que redunda en beneficio dos bos negocios dos tibetanos.
As autoridades chinesas ofrécenlle abrir o diálogo a cambio de que el recoñeza a pertenza de Tibet á RPC.


O Tibet hoxe.


En 1980 o secretario xeral do PCC Hu Yaobang visitou Lhasa. En setembro de 1987 produciuse unha insurrección de monxes nacionalistas en Lhasa que asaltaron unha comisaría de policía. En 1988 houbo ao parecer outros estalidos. Na primavera de 1989, no contexto dun movemento contrarrevolucionario en toda China apoiado polo imperialismo, produciuse unha nova rebelión en Lhasa que conduciu a arrestos e á proclamación da lei marcial. En 1996 e 1997 estalaron bombas en Lhasa. A traxedia que coñeceron os povos da ex URSS aos que a contrarrevolución capitalista arrebatou todos os seus dereitos e que sufriron devastadoras guerras civís (recordemos as guerras de Chechenia, Daguestán, Moldavia, Xeorxia, Taxikistán, Nagorno-Karabaj,?.) foi evitada pola actuación decidida do PCC apoiada polas masas populares.

A acusación de que a RPC obriga á povoación a restrinxir o seu crecemento demográfico é negada polos dous antropólogos norteamericanos que citamos na nota ao pé de páxina 6 e que realizaron investigacións en Tibet en 1985 e 1988 baixo os auspicios da National Geographic Society [11]. As mulleres tibetanas non están limitadas a ter un único fillo, como é o caso para a maioría do pobo chinés.
Tibet é hoxe unha Rexión autónoma do Oeste da RPC que, como toda a parte occidental do país, coñece un menor desenvolvemento económico e social en comparación coas provincias da Costa Leste. 15 % da poboación é pobre pero só 3 comarcas da rexión pertencen ás 63 mais pobres da RPC. Un Fondo para o Alivio da Pobreza no Tibet desenvolve programas anti-pobreza. O goberno trata de impulsar o progreso económico de devandita Rexión. En 1967 funcionaban en todo Tibet 67 fábricas; en 1975 250 empresas producían bens de consumo básicos: potas a presión, ferramentas, pequenas plantas eléctricas,? . En 1993 había 41.830 pequenos negocios. En Lhasa funcionan hoxe varias fabricas (de cerámica, cemento e cervexa) e numerosos talleres (téxtiles, de mobles, alfombras?). Construír a vía férrea mais alta do mundo que termina co tradicional illamento tibetano. De 1999 ao 2020 prevese incrementar a produción eléctrica 3 veces e a industrial 14 veces. Internet permite conectar co mundo aos habitantes dos vales mais apartados situado a 4.500 metros de altura. Os militantes comunistas tibetanos son promocionados [12]. . O 80 % dos cadros dirixentes son tibetanos. A lingua e cultura tibetana goza de protección especial. Inténtase impulsar o turismo como fonte de desenvolvemento económico.. Os campesiños tibetanos, liberados da servidume feudal, desenvolven en réxime de contrato familiar, as parcelas de terreo onde explotan agricultura e gandería.

O PCC considera con razón que a relixión debe someterse á orde social socialista[13] e non ser un ariete para a contrarrevolución e a guerra civil como ocorreu nos antigos países socialistas dos Balcáns, Polonia, o Caúcaso, Afganistán e o Centro de Asia. É por iso que a relixión lamaísta é autorizada e respectada sempre que non se converta nun foco organizado de loita contra a orde socialista que por suposto está asociado coa pertenza do Tibet á RPC.
As mulleres tibetanas gozan de moitos mais dereitos que na India, en Paquistán, en Nepal e en Afganistán e de moitísimos mais dereitos que no vello Tibet feudal.
As masas no seu conxunto tamén gozan de mais dereitos: en 1999 había 2.632 médicos, 95 hospitais municipais e 770 clínicas. A mortalidade infantil é en 1998 do 3 %. A esperanza de vida é de 65 anos. Hai un traballador sanitario por cada 200 habitantes. En 1997 inaugurar un hospital moderno en Lhasa. A escolarización dos nenos chega ao 82 % e faise en chinés e tibetano. Cidadáns chineses da nacionalidade maioritaria instaláronse nas cidades de Tibet e tibetanos emigran ás zonas mais desenvolvidas en procura dun maior benestar económico. visitei unha tenda de obxectos de arte e decorativos tibetanos nas rúas do centro de Changchun, provincia chinesa de Jilin. Pero o Tibet non está ?invadido? por 2 millóns de colonos han como di a propaganda antichina. Segundo o censo de outubro 1995 Tibet tiña 2.389.000 habitantes dos que só o 3,3 % era de orixe han[14], menos que en 1990 que era o 3,7 % [15]. En 1949 había un 1 % de han. Segundo un informe do servizo de investigación do Congreso norteamericano a poboación han en Tibet era en 1989 do 5 % .
Poboación tibetana (en millóns) en base aos censos realizados pola RPC.
1964 1982 1990 1995
Rexión Autónoma do Tibet 1.209 1.706 2.096 2.389
Poboación tibetana total 2.501 3.874 4.593


Jose Antonio Egido.
19 xaneiro do 2004.
(Corrixido en marzo 2008).
[1] Serguei Tokarev, Historia da relixión, Editorial Progreso, Moscova, 1990, p.338.
[2] Animais de montaña que parecen vacas peludas.
[3] Han Suyin, Lhasa, the Open City-A Journey to Tibet, Putnam, 1977.
[4] The Making of Modern Tibet, Zed Books, 1987.
[5] Aínda hoxe a metade da poboación tibetana non vive no Tibet senón nas provincias de Ganshu, Sicuani e Qinghai.
[6] Chicago Tribune, ?A guerra secreta da CIA no Tibet?, 25 xaneiro 1997, Newsweek,?A guerra secreta no teito do mundo?, 16 agosto 1999 que describe a intervención da CIA en apoio aos feudais tibetanos de 1957 a 1965.
[7] Segundo documentan os antropólogos da Universidade de Cleveland expertos en Tibet Melvyn C. Goldstein e Cynthia M. Beall no seu libro Nomads of Western Tibet,1990.
[8] ?A CIA e o Dalai Lama?, www.anti-imperialism.net/lai/
[9] Xa nos anos 30 produciu ?Horizontes perdidos?. En 1997 Martin Scorses dirigio ?Kundun? considerada unha basta falsificación. A película ?Sete anos no Tibet? baséase no libro do nazi austriaco convencido Heinrich Harrer, asesor persoal do Dalai Lama.
[10] Este premio, lonxe de ser neutral, é concedido por unha fundación privada apoiada polo goberno noruegués que representa os intereses de certas grandes industrias, que obtén grandes beneficios da venda de armas e dos investimentos en Bolsa e que expresa os intereses do capitalismo occidental. Léase ?A outra cara dos Premios Nóbel?, O País, 21 decembro 2003.
[11] Dossier elaborado por estes científicos da revista Asian Survey en 1991.
[12] En 1987 o PCC informou que tiña 40 mil militantes en Tibet.
[13] Véxase o informe de Jian Zemin no XVI Congreso do PCC no 2003,www.china.org.cn.
[14] Han:nacionalidade amplamente maioritaria en China.
[15] Beijing Information, 2 setembro 1996.