1º DE MAIO
¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!
MÁIS UNIDADE, MÁIS LOITA DA CLASE OBREIRA
A economía capitalista mundial está en crise. É a fin dun ciclo económico e os capitalistas
, tras saquear os petos das familias traballadoras atopan, maiores dificultades para
continuar o saqueo, ampliando a súa taxa de ganancia. se nos roubaron case todo, é
posible que nos rouben aínda máis? Pois si, é posible. Pois se aparece algunha
dificultade para que as contas bancarias dos ricos continúen engordando entran na escea
os organismos financeiros internacionais, o Banco Mundial, o Fondo Monetario
Internacional, o Banco Central Europeo, a Reserva Federal, etc., auténtica banda de
atracadores internacionais que xestionan a economía mundial para garantir que os ricos
continúen séndoo, se cabe, un pouco máis. Cando as bolsas europeas viron perigar as
ganancias das principais empresas cotizantes, os Bancos Centrais inxectaron miles de
millóns de euros, directamente das arcas públicas, para frear a caída da taxa de ganancia
das multinacionais.
No pasado ano o Banco Santander gañou un 19% máis que no ano 2006.Telefónica o
45.2% E un longo etcétera
Eses miles de millóns de euros saen directamente do noso esforzo e do saqueo das
economías e das materias primas dos países do capitalismo periférico. Pola contra as
economías das familias traballadoras empeoran mes a mes. Temos que empregar a
maior parte dos ingresos familiares para pagar unhas hipotecas que non deixan de subir
ó antollo do BCE e das súas previsións do que os ricos han de aumentar os seus
beneficios. A subida salarial media neste ano pactada nos convenios colectivos sitúase
moi por baixo do IPC. Os salarios continúan perdendo poder adquisitivo, algo que vén
sendo habitual nos últimos dez anos. Coa subida dos prezos, a inflación pagámola os
traballadores, sobre todo os salarios mais baixos, que na Galiza somos a grande maioría.
De aí que as nosas pensións sexan as máis baixas do Estado.
Namentres, o número de parados continua engordando, xa preto dos 2.5 millóns no
estado español. A precariedade e a sinistralidade laboral agrávanse.
Existen as clases, e existe a loita de clases:: por unha banda, os beneficios
empresariais, por outra, xornadas de dez e ata doce horas, traballos en sábados, ritmos
esgotadores, saturación das áreas de traballo, alta taxa de accidentabilidade,...Vexase á
patronal do metal, incumprindo sistematicamente a lexislacion sobre riscos laborais.
Véxase a indiferencia da Inspeccion de traballo diante do incumprimento da xornada
laboral nas obras do AVE, e a alta taxa alí de accidentes graves, mesmo mortais (O
Carballiño)
Vexase a persecución patronal e explotacion descarada dos traballadores
inmigrantes, nomeadamente os sen papeis, que tras padecer nos seus países de orixe o
saqueo neocolonial dos países imperialistas, fuxen cara a éstes para seguir padecendo
novos guantánamos de explotación e escravitude no século XXI, vendo negado o seu
dereito de asociación e folga.
Estamos a converternos en auténticos escravos do capital.
As loitas obreiras e populares contra o peche de empresas ou por melloras salariais e
sociais han ser o punto de partida dunha ofensiva da clase obreira en todas as frontes.
Habemos de traballar por conseguir transformar as loitas conxunturais en conciencia e
organización contra o sistema capitalista. Confrontando coa burocracia sindical e
reconstruíndo o sindicalismo de clase:Nada temos que celebrar neste 1º de maio con
quen desde a dirección dos sindicatos colaboran coa clase que nos oprime para que
aumente a explotación e xa que logo os beneficios dos ricos. O noso futuro depende
de nós mesm@s, da nosa capacidade de loitar. E cando se loita, véncese.
1º MAIO 2008 COMUNISTAS DA GALIZA (PCPE)