ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008



POLO POVO DO TIBET E CONTRA O FEUDALISMO LAMAISTA.
Jose Antonio Egido, membro do Comité Central do PCPE


Que era o Tibet antes da chegada do Socialismo?


O Tibet é un dos lugares mais remotos do Planeta. É unha meseta no corazón de Asia, separada do sur de Asia polas mais altas montañas do mundo, o Himalaya. Seis cordilleiras dividen a rexión en vales illados. O Tibet pertencera a China desde facía 700 anos pero a falta de comunicacións illouno da China e do mundo.
O budismo penetrou no Tibet no século VII de nosa era [1]. O principe Strong-tsan-gampo, artífice da unidade do Tibet, empregou esta relixión na súa tarefa unificadora. Durante moito tempo o budismo foi a relixión da cúpula feudal mentres que o povo practicaba ritos chamanistas e de clan (relixión bon ou bon-po).
A partir do século IX o budismo estendeuse no pobo baixo a forma mahaiana. A comezos do século X o partido antibudista apoiado na vella aristocracia feudal lanzou persecucións contra os budistas. Pero os budistas conseguiron asasinar ao rei Lang-darma e vencer. No século XI o budismo venceu definitivamente baixo a forma dunha nova corrente chamada tantrismo. Durante os séculos XI e XII construíronse no Tibet numerosos mosteiros budistas con multitude de monxes chamados lama. En 1271 Kublai Khan, fundador da dinastía mongol dos Yuan (1270-1370), nomeou ao xefe da seita budista mais importante ministro de asuntos civís e relixiosos de Tibet.. A dinastía chinesa dos Ming, que reinou de 1368 a 1644, protexeu tamén á relixión budista pero aplicou unha política de fragmentación do país que a debilitaba. Xurdiu unha corrente budista reformadora que impuxo unha severa disciplina monacal e a obriga de levar roupa e gorros amarelos. Todo o poder concentrouse en mans de dous xerarcas supremos: o Panchem-rimpoche e o Dalai-rimpoche (futuro Dalai Lama). Ambos foron declarados encarnacións das deidades budistas mais veneradas.
Nominalmente a máxima autoridade do Tibet eran os emperadores chineses que cobraban impostos e nomeaban funcionarios encarregados de cobralos pero os xerarcas budistas exercían moita influencia local. En 1639-1640 o jan mongol Gushi asasinou ao príncipe local e transferiu todo o poder secular ao Dalai Lama. Ao comezo da dinastía manchú China restableceu a súa soberanía sobre o Tibet pero o poder real permaneceu en mans do Dalai Lama e, sobre todo, en mans dos lama supremos que o rodeaban. No Tibet estabeleceuse unha forma peculiar de réxime feudal na que os grandes señores (monxes e seglares) dominaban unha masa de campesiños privados de dereitos e o poder político era acaparado polos xerarcas budistas. No mais alto da xerarquía estaba o Panchem-Lama considerado pai espiritual do Dalai Lama que era quen tiña o poder temporal. Unha autora chinesa escribiu que ?só 626 persoas posuían o 93 % da terra e a riqueza nacional e o 70 % dos yakes[2] no Tibet. Entre eles estaban os 333 cabezas de mosteiros e autoridades relixiosas e as 287 autoridades seculares (contando a nobreza e o exército) e seis ministros do gabinete? [3]. A clase alta formábana cerca do 2 % da povoación e o 3 % eran os seus axentes: capataces, administradores das súas leiras e comandantes dos seus exércitos privados. O 80 % eran servos, o 5 % escravos e 10 % eran monxes pobres que traballaban como peóns para os abades e rezaban. A pesar da suposta regra lamaísta de non violencia estes monxes eran azoutados continuamente.
Hoxe, o actual Dalai Lama preséntase ante o mundo como un home sacro a quen non interesan as cousas materiais. A realidade é que foi o principal dono de servos do Tibet. Segundo a lei era dono de todo o país e dos seus habitantes. Na practica a súa familia dispuña de 27 leiras, 36 prados, 6.170 servos e 102 escravos domésticos.


As horribles condicións de vidas das masas populares.


A vida dos servos tibetanos antes de 1949 era breve e durísima. Tanto os homes como as mulleres traballaban nas tarefas mais sacrificadas e no traballo forzado chamado ulag durante 16 ou 18 horas ao día.. Debían entregar aos donos (quen non traballaban) o 70 % da colleita. Non podían usar os mesmos asentos, palabras nin utensilios que os donos. Castigábanos con lategazos se tocaban algunha cousa do propietario. Non podían casar nin saír dunha leira sen permiso do amo. Os servos e as mulleres eran considerados animais parlantes que non tiñan dereito a mirar á cara aos amos. O experto no Tibet A. Tom Grunfeld relata que unha filla dos donos facía que os seus servos a alzaran para subir e baixar as escaleiras [4]. Aos escravos golpeábanos, non lles daban comida e matábanos a traballar. Na capital Lhasa compraban e vendían nenos.
A palabra muller, kimen, significaba nacido inferior. As mulleres tiñan que rezar ?que eu abandone este corpo feminino e renaza como home?. Os xerarcas relixiosos impedíanlles levantar os ollos mais alá do xeonllo dun home. Era común queimar ás mulleres por seren bruxas, a miúdo porque practicaban os rituais da relixión bon.Dar a luz xemelgos era proba de que unha muller copulara cun espírito malo e nas zonas rurais era frecuente que queimasen á nai e aos xemelgos recentemente nados. Un home adiñeirado podía ter moitas esposas e un nobre con pouca terra tiña que compartir unha muller cos seus irmáns.

O povo sufría constantemente de frío e fame. Antes da liberación non había no Tibet nin electricidade nin estradas nin hospitais nin case escolas. Moitos servos enfermaban por mor da desnutrición mentres algúns mosteiros atesouraban riquezas e queimaban grandes cantidades de alimentos como ofrendas. A maioría dos recentemente nados morrían antes de cumprir un ano. A mortalidade infantil era en 1950 do 43 %. As vexigas afectaba a unha terceira parte da poboación e en 1925 exterminou a 7 mil habitantes de Lhasa. A lepra, a tuberculose, o bocio, o tétanos, a cegueira, as enfermidades venéreas e as ulceras causaban grande mortalidade. A esperanza de vida en 1950 era de 35 anos.
As supersticioes estendidas polos monxes facíanlles oporse aos antibióticos. Dicían aos servos que as enfermidades e a morte se debían aos pecados e que o único xeito de previr as enfermidades era rezar e pagar diñeiro aos monxes.
Os feudais mantiñan ao povo na incultura mais completa para mellor sometelo e lavarlle o cerebro. En 1951 o 95 % da povoación era analfabeta. A linguaxe escrita só servia para o culto relixioso.
O sistema feudal impedía o desenvolvemento das forzas produtivas. Non permitía o uso de arados de ferro, extraer carbón, pescar, cazar, nin facer innovacións sanitarias de ningún tipo. Non había nin comunicacións nin comercio nin ningunha industria por elemental que fose. Mil anos atrás cando se introduciu o budismo calcúlase que no Tibet vivían 10 millóns de persoas pero en 1950 só quedaban dúas ou tres millóns.


Como chegou o Socialismo ao Tibet?


O Partido Comunista de China (PCC) plantexóuse un problema en relación ao Tibet: o tremendo atraso e a dominación feudal facía imposíbel o estalido dunha rebelión dos servos sen axuda exterior. Pero era preciso intervir no Tibet antes que se convertese nunha praza forte da contrarrevolución desde a cal as clases dominantes derrocadas da China, os feudais locais e o imperialismo puxesen en perigo a nova Republica Popular da China (RPC). Os feudais lamaístas mostráronse compracentes cos colonialistas británicos que entraron en Lhasa en 1904 desde a India e co intento norteamericano de recoñecer un Tibet independente en 1949 cun asento na ONU. A Práctica confirmaría que do mesmo xeito que noutros lugares, a clase dominante local se aliaria coas forzas imperialistas para combater ao inimigo común, a Revolución socialista triunfante.
Os comunistas sabían que a Revolución non se pode exportar a outro país nas baionetas dun exército ocupante e é por iso que actuaron con tacto e prudencia ata crear as condicións dun movemento revolucionario ben arraigado no seo das masas populares tibetanas. O Exército Popular de Liberación (EPL), exército de campesiños revolucionarios forxado en 20 anos de combates e dirixido polo PCC, avanzou cara ás chairas tibetanas en outubro de 1950. En Chambo derrotou facilmente ao exército enviado polos feudais tibetanos pero alí detivo a súa marcha e mandoulles unha mensaxe cunha proposta: Se Tibet se integrase na República Popular de China (RPC) o goberno de propietarios de servos (chamado Kashag) podería seguir gobernando durante un tempo baixo a dirección do goberno central popular. Os comunistas non abolirían as prácticas feudais nin tomarían medidas en contra da relixión ata que o povo non apoiase os cambios revolucionarios. O EPL protexería as fronteiras para evitar unha intervención imperialista. O goberno feudal aceptou a proposta e asinou o Acordo de 17 puntos que recoñecia a soberania chinesa e aplicábase nas zonas sometidas ao Kashag e non noutras zonas tibetanas onde vivía a metade da povoación [5]. O 26 de outubro de 1951 o EPL entrou pacíficamente en Lhasa baixo o mando do xeneral Zhang Guojua.


A conspiración contrarrevolucionaria dos nobres lamaístas.


Loxicamente os feudais non acolleron cos brazos abertos aos comunistas senón que empezaron a conspirar para intentar perpetuar o seu sistema de dominación. Fixeron o posibel por enemistar aos seus servos co EPL: difundiron rumores de que os comunistas usaban sangue de nenos tibetanos como combustible para os seus camións, acusáballes de ?matar cans? por eliminar os cans rabiosos que aterrorizaban á xente,? Certos mosteiros convertéronse en centros da actividade secreta contrarrevolucionaria e en almacéns de armas que a CIA norteamericana enviaba desde a India. A CIA estableceu un centro de adestramento de axentes tibetanos no campo Hale de Montanas Rocosas en Colorado pola súa grande altitude. Tamén foron adestrados mercenarios tibetanos en bases iankis de Guam e Okinawa [6]. En total os EE.UU. adestraron militarmente a 1.700 tibetanos nos anos 50 e 60.
O EPL tiña ordes estritas de respectar á povoación, as súas cultura e as súas crenzas ata os seus temores supersticiosos que non podían ser erradicados de vez. Os servos sorprendéronse cando foron contratados por un soldo para construír un camiño que conectase Tibet coas provincias centrais. Varios servos novos foron animados para se educar nos Institutos para as Minorías Nacionais nas cidades do leste de China e aprender lectura, escritura e contabilidade. Empezaron a chegar mercancías que melloraron a vida da povoación como té e fósforos, abríronse os primeiros teléfonos, telégrafos, emisoras e imprentas e as primeiras escolas. En 1957 6.000 alumnos acudían a 79 escolas primarias. Os equipos médicos comezaron a tratar e curar á xente incluídos aos nobres e as mentalidades comezaron a mudar.
Os terratenentes feudais viron en perigo o seu poder e organizaron as primeiras rebelións armadas en 1956. Nas zonas nas que non rexia o acordo de 17 puntos os comunistas animaban aos servos a deixar de pagar aluguer aos mosteiros e aos nobres, o que exasperaba a estes. En marzo de 1959 produciuse unha rebelión en grande escala apoiada pola CIA que enviou os seus axentes adestrados e lanzou cargamentos de municións e subametralladoras desde avións C-130 da forza aérea norteamericana. Os monxes e os seus axentes armados atacaron a guarnición do EPL en Lhasa. Os comunistas responderon non só militarmente senón sobre todo politicamente. Mil estudantes tibetanos volveron rapidamente dos Institutos para as Minorías Nacionais para participaren nunha grande campaña de cambios revolucionarios.


A derrota do feudalismo no Tibet.


O goberno do Kashag que apoiara a rebelión foi disolto. En todas as rexións creáronse órganos de poder chamados ?Oficinas para reprimir a revolta?. O novo goberno chamouse ?comité preparatorio para a rexión autónoma de Tibet?. Aboliuse o ulag, o traballo forzado, e a servidume. Os escravos dos nobres foron liberados. Os conspiradores principais foron arrestados. A muller foi liberada da poligamia e a poliandria. Os servos deixaron de pagar aluguer aos mosteiros e a metade dos mesmos tiveron que pechar. Os nómades dun illado campamento chamado Pa levantáronse en armas contra os partidarios do Dalai Lama [7]. A xornalista británica Sara Flounders escribe que ?millóns de campesiños pobres se mobilizáron para expulsar aos antigos terratenentes? [8]. Os antigos servos recibiron 20 mil escrituras de terras e gando, decoradas con bandeiras vermellas e o retrato do presidente Mao.
Tras a derrota da rebelión, o Dalai Lama número 14, chamado Tenzin Gyatso, fuxiu ao exilio acompañado por 13 mil persoas integrantes da nobreza e o alto clero lamaísta e moitos dos seus escravos, gardas armados e caravanas de mulas cargadas de riquezas. A CIA converteuno nun símbolo da guerra contra a revolución socialista e o PC. O Dalai Lama instalou na cidade india de Dharamsala un ?goberno no exilio?. A partir de 1964 figura na lista dos asalariados da CIA que lle asignou unha cantidade anual de 180 mil dólares no cadro dun programa para derrubar os réximes comunistas. O seu ?goberno? recibiu anualmente 1,7 millóns de dólares. Nos anos 90 segue recibindo cartos da CIA.
Desde aquela este reaccionario segue tendo un gran apoio do lobby antichino norteamericano, da industria de Hollywood que produce películas de propaganda ao seu favor [9], da Fundación Nacional para a Democracia (pantalla da CIA) que financia o Fondo Tibet, rádioa Voz do Tibet e a campaña internacional polo Tibet. En 1987 foi recibido na comision de ?dereitos humanos? do senado norteamericano. En agosto de 1999 o Departamento de estado norteamericano organizou a súa visita a Nova Yorque.
Os sectores anticomunistas occidentais, como o xuíz español Garzón, denuncian publicamente a China polo suposto ?xenocidio? no Tibet desde 1959. Este ?xenocidio? aparece na propaganda antichina pero ninguén ofreceu a menor proba. Tales sectores son os que contribúen a que lle sexa concedido en 1989 o premio Nóbel ?da paz? [10] que xa posúen coñecidos criminais de guerra como Henry Kissinger, Menahem Beguin e Simón Peres.
Aínda que o budismo prohibe matar e toda forma de violencia, o actual Dalai Lama apoiou con entusiasmo a guerra da OTAN contra Iugoslavia de 1999. Nese ano declarouse en Santiago de Chile a favor de non perseguir ao criminal Augusto Pinochet.
Está perfectamente situado no campo dos explotadores e inimigos do pobo. Aínda que goza dunha aureola de santidade e é considerado un deus, non é mais que un instrumento eficaz da contrarrevolución e o imperialismo. Para ser aceptado polos seus aliados reformou algunhas das tradicións mais horribles e adoptou o discurso cínico dos ?dereitos humanos? que tamén repiten os asasinos de Israel, os militares fascistas colombianos e outros lacaios dos norteamericanos, pero o sistema político que representa é unha ditadura relixiosa na que non existen dereitos políticos para as mulleres nin para ninguén que cuestione a súa autoridade. Por exemplo, a seita tibetana dos Shugden formada por cen mil persoas exiliadas na India que non recoñecen dita autoridade é sistematicamente marxinada e perseguida. Moitos occidentais angustiados e desestabilizados pola sociedade burguesa sentense ilusamente atraídos polo misticismo lamaísta, o que redunda en beneficio dos bos negocios dos tibetanos.
As autoridades chinesas ofrécenlle abrir o diálogo a cambio de que el recoñeza a pertenza de Tibet á RPC.


O Tibet hoxe.


En 1980 o secretario xeral do PCC Hu Yaobang visitou Lhasa. En setembro de 1987 produciuse unha insurrección de monxes nacionalistas en Lhasa que asaltaron unha comisaría de policía. En 1988 houbo ao parecer outros estalidos. Na primavera de 1989, no contexto dun movemento contrarrevolucionario en toda China apoiado polo imperialismo, produciuse unha nova rebelión en Lhasa que conduciu a arrestos e á proclamación da lei marcial. En 1996 e 1997 estalaron bombas en Lhasa. A traxedia que coñeceron os povos da ex URSS aos que a contrarrevolución capitalista arrebatou todos os seus dereitos e que sufriron devastadoras guerras civís (recordemos as guerras de Chechenia, Daguestán, Moldavia, Xeorxia, Taxikistán, Nagorno-Karabaj,?.) foi evitada pola actuación decidida do PCC apoiada polas masas populares.

A acusación de que a RPC obriga á povoación a restrinxir o seu crecemento demográfico é negada polos dous antropólogos norteamericanos que citamos na nota ao pé de páxina 6 e que realizaron investigacións en Tibet en 1985 e 1988 baixo os auspicios da National Geographic Society [11]. As mulleres tibetanas non están limitadas a ter un único fillo, como é o caso para a maioría do pobo chinés.
Tibet é hoxe unha Rexión autónoma do Oeste da RPC que, como toda a parte occidental do país, coñece un menor desenvolvemento económico e social en comparación coas provincias da Costa Leste. 15 % da poboación é pobre pero só 3 comarcas da rexión pertencen ás 63 mais pobres da RPC. Un Fondo para o Alivio da Pobreza no Tibet desenvolve programas anti-pobreza. O goberno trata de impulsar o progreso económico de devandita Rexión. En 1967 funcionaban en todo Tibet 67 fábricas; en 1975 250 empresas producían bens de consumo básicos: potas a presión, ferramentas, pequenas plantas eléctricas,? . En 1993 había 41.830 pequenos negocios. En Lhasa funcionan hoxe varias fabricas (de cerámica, cemento e cervexa) e numerosos talleres (téxtiles, de mobles, alfombras?). Construír a vía férrea mais alta do mundo que termina co tradicional illamento tibetano. De 1999 ao 2020 prevese incrementar a produción eléctrica 3 veces e a industrial 14 veces. Internet permite conectar co mundo aos habitantes dos vales mais apartados situado a 4.500 metros de altura. Os militantes comunistas tibetanos son promocionados [12]. . O 80 % dos cadros dirixentes son tibetanos. A lingua e cultura tibetana goza de protección especial. Inténtase impulsar o turismo como fonte de desenvolvemento económico.. Os campesiños tibetanos, liberados da servidume feudal, desenvolven en réxime de contrato familiar, as parcelas de terreo onde explotan agricultura e gandería.

O PCC considera con razón que a relixión debe someterse á orde social socialista[13] e non ser un ariete para a contrarrevolución e a guerra civil como ocorreu nos antigos países socialistas dos Balcáns, Polonia, o Caúcaso, Afganistán e o Centro de Asia. É por iso que a relixión lamaísta é autorizada e respectada sempre que non se converta nun foco organizado de loita contra a orde socialista que por suposto está asociado coa pertenza do Tibet á RPC.
As mulleres tibetanas gozan de moitos mais dereitos que na India, en Paquistán, en Nepal e en Afganistán e de moitísimos mais dereitos que no vello Tibet feudal.
As masas no seu conxunto tamén gozan de mais dereitos: en 1999 había 2.632 médicos, 95 hospitais municipais e 770 clínicas. A mortalidade infantil é en 1998 do 3 %. A esperanza de vida é de 65 anos. Hai un traballador sanitario por cada 200 habitantes. En 1997 inaugurar un hospital moderno en Lhasa. A escolarización dos nenos chega ao 82 % e faise en chinés e tibetano. Cidadáns chineses da nacionalidade maioritaria instaláronse nas cidades de Tibet e tibetanos emigran ás zonas mais desenvolvidas en procura dun maior benestar económico. visitei unha tenda de obxectos de arte e decorativos tibetanos nas rúas do centro de Changchun, provincia chinesa de Jilin. Pero o Tibet non está ?invadido? por 2 millóns de colonos han como di a propaganda antichina. Segundo o censo de outubro 1995 Tibet tiña 2.389.000 habitantes dos que só o 3,3 % era de orixe han[14], menos que en 1990 que era o 3,7 % [15]. En 1949 había un 1 % de han. Segundo un informe do servizo de investigación do Congreso norteamericano a poboación han en Tibet era en 1989 do 5 % .
Poboación tibetana (en millóns) en base aos censos realizados pola RPC.
1964 1982 1990 1995
Rexión Autónoma do Tibet 1.209 1.706 2.096 2.389
Poboación tibetana total 2.501 3.874 4.593


Jose Antonio Egido.
19 xaneiro do 2004.
(Corrixido en marzo 2008).
[1] Serguei Tokarev, Historia da relixión, Editorial Progreso, Moscova, 1990, p.338.
[2] Animais de montaña que parecen vacas peludas.
[3] Han Suyin, Lhasa, the Open City-A Journey to Tibet, Putnam, 1977.
[4] The Making of Modern Tibet, Zed Books, 1987.
[5] Aínda hoxe a metade da poboación tibetana non vive no Tibet senón nas provincias de Ganshu, Sicuani e Qinghai.
[6] Chicago Tribune, ?A guerra secreta da CIA no Tibet?, 25 xaneiro 1997, Newsweek,?A guerra secreta no teito do mundo?, 16 agosto 1999 que describe a intervención da CIA en apoio aos feudais tibetanos de 1957 a 1965.
[7] Segundo documentan os antropólogos da Universidade de Cleveland expertos en Tibet Melvyn C. Goldstein e Cynthia M. Beall no seu libro Nomads of Western Tibet,1990.
[8] ?A CIA e o Dalai Lama?, www.anti-imperialism.net/lai/
[9] Xa nos anos 30 produciu ?Horizontes perdidos?. En 1997 Martin Scorses dirigio ?Kundun? considerada unha basta falsificación. A película ?Sete anos no Tibet? baséase no libro do nazi austriaco convencido Heinrich Harrer, asesor persoal do Dalai Lama.
[10] Este premio, lonxe de ser neutral, é concedido por unha fundación privada apoiada polo goberno noruegués que representa os intereses de certas grandes industrias, que obtén grandes beneficios da venda de armas e dos investimentos en Bolsa e que expresa os intereses do capitalismo occidental. Léase ?A outra cara dos Premios Nóbel?, O País, 21 decembro 2003.
[11] Dossier elaborado por estes científicos da revista Asian Survey en 1991.
[12] En 1987 o PCC informou que tiña 40 mil militantes en Tibet.
[13] Véxase o informe de Jian Zemin no XVI Congreso do PCC no 2003,www.china.org.cn.
[14] Han:nacionalidade amplamente maioritaria en China.
[15] Beijing Information, 2 setembro 1996.