E QUÉN DETÉN E PROCESA AO NUMERO UN DO TERRORISMO PATRONAL?
Morre degolado en Vilagarcía pola rebarbadora coa que traballaba un operario de 32 anos, Carlos Angueira. O disco rebanoulle o pescozo. O médico tan só puido certificar a sua morte.Non levaba equipa de protección, nen a máquina tiña colocado correctamente o seguro.O segundo accidente laboral mortal en 2 días na provincia de Pontevedra.
Na Unión Europea, segundo a propia Euroestat, cada ano, perden a vida no posto de traballo case 5.500 persoas e teñen lugar perto de 5 millons de
accidentes laborais.
Deles, unha quinta parte (!!!!) prodúcense no estado español. A Galiza está entre as 7 comunidades nas que se producen as tres cuartas partes deles.
Os factores fundamentais que influen no risco de sinistros laborais:
a temporalidade, os ritmos de traballo , a falla de medidas de seguridade, as xornadas esgotadoras, as doenzas profisionais derivadas destas inhumanas condicións de traballo. Velaí a “flexeguridade laboral” do Tratado Europeo, a Estratexia de Lisboa e a directiva Bolkestein.Segundo a mesmísima Tesourería da Seguridade Social máis do 80% dos novos contratos inscritos nos últimos anos son temporais a incidencia da sinistralidade é dúas veces máis alta entre
os asalariados con contrato temporal que entre quen teñen un contrato indefinido.
Este auténtico e sangrante xeito de terrorismo contra a inmensa maioría dos e as traballadoras esixe unha resposta monolíticamente unitaria de todas as organizacións obreiras con orientación de clase.
Compre a máxima coincidencia e unidade do sindicalismo de orientación clasista, nos diferentes marcos galego, estatal e europeo, contra as formas flexibeis de emprego, o subempleo, a desregulación do tempo de traballo e o socavamento dos convenios colectivos de traballo.
Esixindo emprego estábel a tempo completo; estabelecimento da xornada de 35 horas, xornada de 6 horas para os empregos pesados ou insalubres; aumento salarial tendo en conta o incremento da riqueza producido polos obreiros así como o incremento da produtividade laboral;rebaixa da idade de xubilación, sanidade e educación exclusivamente públicas e gratuítas para todos.
.Desenvolver iniciativas a prol dos dereitos dos e as moz@s traballador@s, as mulleres e os inmigrantes.
.Desenvolver accións conxuntas contra as empresas multinacionais que teñen despregados os seus tentáculos en todos os nosos países.
CONTRA O TERROR PATRONAL, UNIDADE DA CLASE OBREIRA
P.C.P.G.