ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008

LETRAS GALEGAS.


Hai xa moitos anos que a nosa lingua escrita é homenaxeada institucionalmente, un día de cada 365.

Canto aos 364 días restantes, non son moitos os e as que teñen conta da lingua falada.

Breve e pobre xeito de celebrar a propia lingua, por mais que, ¿senten os nosos gobernantes como propia esa lingua que celebran diante das cámaras e focos de xeito tan vistoso? ¿Cantos deles a usan na intimidade, teñen unha relación práctica e cotiá, normalizada, con esa lingua que conmemoran con premios, actos e honras públicos?

Certamente, é preciso ter en conta que para esas institucions que temos hoxe, que soportamos hoxe, a reivindicación do galego é nada mais que un xesto demagóxico, burgués, reaccionario e valeiro. Porque burgués é o seu pensamento e burgués é o seu aliñamento político.

Homenaxear ou, alo menos, respectar aos e ás que a manteñen viva falándoa é, para nós, comunistas galegas e galegos, o xesto decisivo ausente neste tipo de saraos politiqueiros.

Homenaxear ás e aos que foron represaliados, castigados e postos en vergoña por usaren o galego, esa lingua de probes.

Aquelas e aqueles que en pleno inferno neoliberal son forzados a facer abandono da sua lingua en horario laboral pola empresa na que traballan, sen que ás institucións e aos seus voceiros lles treme un centímetro de pel, ¿cómo haberán de homenaxear de cotío esa lingua que a eles sí, lles é propia? .

A lingua é para todo povo un patrimonio da máxima importancia para a conservación da súa identidade. Pero na Galiza, ademáis, a lingua foi e segue a ser un emblema da clase traballadora. Como tal, maltratada e usada con hipocresía polos políticos burgueses.

O galego, a “lingua proletaria do meu povo” da que falou Celso Emilio necesita seguer a ser falada, e que falándoa se conte a historia da galiza explotada e a victoria da galiza socialista.

PCPG