DECLARACIÓN DO SECRETARIO XERAL DO PCPE
NESTES DÍAS TIVEN COÑECEMENTO DAS DECLARACIÓNS DO SECRETARIO DE COMERCIO DE ESTADOS UNIDOS - CARLOS GUITÉRREZ- EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DE CUBA E A UNHA CHAMADA INICIATIVA DE SOLIDARIEDADE MUNDIAL CO POVO DE CUBA.
NESAS DECLARACIÓNS O SECRETARIO DE COMERCIO DICÍA QUE "O FUTURO DE CUBA ESTÁ EN MANS DO POVO DA ILLA". CON ESA AFIRMACIÓN É CO ÚNICO QUE PODO CONCORDAR DE TODO O MANIFESTADO POR TAL PERSOAXE. E É UNHA AFIRMACIÓN QUE TEN VALIDEZ DESDE FAI CINCUENTA ANOS, DESDE O 1 DE XANEIRO DE 1959 E DESDE TODOS OS ANOS DA LOITA HISTÓRICA DESE POVO CONTRA O INXERENCISMO IANQUI NOS SEUS ASUNTOS INTERNOS.
O POBO DE CUBA CONSTRUIRÁ O SEU FUTURO SEN A INTROMISIÓN DE SICARIOS E MERCENARIOS FINANCIADOS POLA NACIÓN QUE BATE TODOS OS RECORDES DE VIOLACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL E DO DEREITO DE TODOS OS POVOS DO MUNDO A DESENVOLVER O SEU PROPIO PROXECTO POLÍTICO SOBERANAMENTE.
PERO NO QUE TEÑO QUE MANIFESTAR O MEU MÁIS ABSOLUTO REXEITAMENTO É NA MANIPULACIÓN QUE O TAL SECRETARIO DE COMERCIO REALIZA EN RELACIÓN AO TERMINO SOLIDARIEDADE. PRETENDER REALIZAR ACCIÓNS DE "SOLIDARIEDADE" CANDO SE TEN O OBXECTIVO DE AGREDIR, VIOLAR E MANOBRAR CONTRA UNHA NACIÓN SOBERANA É DUN CINISMO QUE NON TEN LÍMITES.
A SOLIDARIEDADE É UN ARMA DOS POVOS QUE OS DIGNIFICA E QUE TRABALLA POR UN FUTURO LIBRE DE GUERRAS E INXUSTIZAS SOCIAIS, SEN FAME E SEN DOENZAS MASIVAS QUE NON SE CURAN POLOS INTERESES ESPÚREOS DAS MULTINACIONAIS DA FARMACIA.
QUEN TEÑEN UN LONGO HISTORIAL DE INVASIÓN DE PAÍSES, DE ACCIÓNS DE TERRORISMO DE ESTADO EN TODO O PLANETA, QUEN SECUESTRAN A CIDADANS EN CALQUERA LUGAR DO MUNDO, QUEN MANTEÑEN NUMEROSOS CÁRCERES SECRETOS, QUEN CONTINÚAN MANTENDO A PRISIÓN GLOBAL DE GUANTÁNAMO NON TEÑEN NINGUNHA LEXITIMIDADE PARA UTILIZAR A PALABRA SOLIDARIEDADE, E CANDO A UTILIZAN DEGRÁDANA E A ENSUXAN.
CUBA TERÁ SEMPRE A SOLIDARIEDADE DE TODOS OS POVOS DIGNOS DO MUNDO PARA SEGUIR A DESENVOLVER O SEU PROXECTO SOCIALISTA, PARA SEGUIR A SER SOBERANA E PARA SEGUIR A ORIENTAR AOS NOVOS PROCESOS REVOLUCIONARIOS COA SUA LUZ INESGOTABLE.
CUBA TERÁ SEMPRE A SOLIDARIEDADE DOS E AS COMUNISTAS DE ESPAÑA, E DUN XEITO ESPECIAL DO PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA.
A HUMANIDADE VENCERÁ A BARBARIE DO IMPERIALISMO E SOBRE AS SUAS RUÍNAS CONSTRUIRÁ UN MUNDO DE PERSOAS LIBRES E IGUAIS, SEN GUERRAS E SEN FAME, E CUBA, SEN NINGUNHA DÚBIDA, TERÁ REALIZADO UNHA ACHEGA INESQUECIBEL A ESE FUTURO ESPERANZADOR.
CARMELO SUÁREZ CABRERA
SECRETARIO XERAL DO PCPE