Rachando o silencio: contra a violencia patriarcal, loita feminista
Outro ano máis, o "Día contra a violencia contra as mulleres" converterase nunha xornada de loito global. Outro ano máis, o 25 de novembro tinguirase de negro e de silencio e volveremos vernos abocadas e abocados a seguir chorando tras os cadáveres entre un mar de velas acendidas en recordo das vítimas.
Poucas voces escoitaremos reclamando converter esta xornada nunha auténtica xornada de loita contra o patriarcado e a súa expresión máis brutal: a violencia de xénero. E, con todo, hai quen temos o convencemento profundo de que só así seremos capaces de romper con este macabro espectáculo que se sucede ano a ano e no que todos os actores e as actrices teñen xa, de antemán, definido o seu papel.
Fai falta xa que alguén saia á rúa a dicir ben alto, rompendo o silencio, que tanta morte e tanta agresión impune é só a punta do iceberg dunha estrutura social, o Patriarcado, que se entrecruza de xeito case natural co capitalismo, para perpetuar a dobre opresión secular das mulleres. E que, por iso, tanta bágoa de crocodilo derramada non é senón a expresión máis hipócrita de quen, desde o poder ou desde outros ámbitos, encárganse de apontoar de modo ben firme as bases de ambos os sistemas de explotación.
Non é posible que quen reforzan un mercado laboral baseado na explotación de traballadores e traballadoras e no engorde do sistema financeiro e outros parásitos capitalistas se laien da situación de dependencia das mulleres que as aboca inevitablemente á submisión.
Non é admisible que quen fan imposible cos seus "pactos sociais" (aínda que clamen o contrario) a conciliación da vida laboral e familiar, se rasguen as vestiduras por tanta muller abocada á pobreza, á exclusión, á incultura e á violencia.
Non é aceptable que antes e logo dos programas especiais do 25 de novembro en todos os medios de comunicación, se nos bombardee con lixo televisivo que sustenta os modelos familiares máis tradicionais, a ideoloxía do amor máis rancia, o papel das mulleres obxecto máis descarnado e lexitima de xeito constante o discurso da Igrexa católica.
Non é tolerable que se nos siga mentindo cos recursos e os medios destinados á loita contra a violencia de xénero pois seguir engordando os xulgados especializados, as unidades policiais contra a violencia cara ás mulleres, os recursos para xuízos rápidos ou os cárceres só nos permite intervir contra os casos máis extremos pero non cuestiona, en absoluto, os cimentos da sociedade patriarcal (así a todo, a refórza, perpetuando o carácter de vítima das mulleres - necesitadas da "tutela" das institucións - e o carácter "protector" do Estado que invade así, coa súa filosofía penalista, todas as esferas da loita contra a violencia).
Só desde unha perspectiva global que sitúe a necesidade da dobre loita contra o patriarcado e o capitalismo, seremos capaces de atopar solucións superadoras ás múltiples situacións de violencia que enfrontan as mulleres e que van moito máis alá das horrendas mortas que este 25 de novembro, outro ano máis, tocaranos, sen remedio, lembrar.
Colectivos de Xóvenes Comunistas www.cjc.es
Partido Comunsita dos Pobos de España www.pcpe.es
--
Unir á mocidade, organizar a revolución
www.cjc.es