ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 22 de novembro de 2008

TELEFONICA DESPEDIMENTOS E REPRESIÓN SINDICAL



Un xuíz confirma a represión sindical na multinacional española

Dous despedimentos procedentes e un improcedente para tres delegados sindicais de Telefónica



O Xulgado do Social nº 33 de Madrid confirmou a represión sindical en Telefónica ao sentenciar como procedentes os despedimentos de Álvaro Barreiro e Porfirio Barrasa e como improcedente o de Teresa Rodríguez tralos expedientes disciplinarios recibidos logo dunha manifestación de traballadores na sé da empresa no Distrito C.

Unha vaga de indignación percorre o persoal de Telefónica que aínda non pode crerse a sentenza do xuíz José Pablo Aramendi, sobretodo, tras terse feito público o video presentado na vista e resaltar na sentenza que son máis cribles as declaracións das testemuñas da empresa que os da defensa. Deste xeito entende que a declaración dun gardaespaldas “que pasaba por alí” e viu como Porfirio Barrasa golpeaba repetidamente cun adoquín un dos cristais do edificio ata rompelo é moito mais crible que a dos propios manifestantes ou a nulidade da proba presentada en forma de video, e na que non se ve nada, como así o di a propia sentenza. Grotescamente, a empresa presentou o adoquín como proba.

Como indignante é a acusación que, segundo o xuíz membro de Xuíces para a Democracia, proba que Álvaro Barreiro, ao corear consignas a través do micrófono como “A por eles” ou “A próxima vez dinamitamos” alenta aos manifestantes para ocupar violentamente o edificio e atemoriza a quen se opoñen aos seus propósitos, “excedendo o marco do exercicio dos dereitos de expresión e manifestación no contexto dunha folga”. Ademais, insiste, xera unha situación de evidente risco para o Xefe de Seguridade cando lle di que nos quedamos coa túa cara e sabemos quen es” ao increpalo tras coñecer que despedira a un garda de seguridade que se negou a intervir nun conflito laboral, tal e como marca a Lei de Seguridade Privada.

O despedimento improcedente de Teresa Rodríguez vén apoiado por ser vista nos videos e entendendo polo xuíz que golpea nas portas dos locais de CCOO e UGT e recrimina ao xefe dos vixiantes por haberlle mentido sobre a presenza ou non de delegados destas organizacións. Para este maxistrado, aínda que os feitos revelan a existencia dun conflito intersindical non poden ser considerados por si mesmos insultantes e, como tal, o despedimento debe ser improcedente.

É dicir, a principal proba aportada polos avogados da empresa, como son os videos, resultan irrelevantes para as sentenzas xa que neles nin se ve nada nin, por suposto, escóitase nada. Pero o maxistrado ponse de parte da empresa ao confiar mais no testemuño dun gardaespaldas e dos gardas de Segur Ibérica que custodiaban o edificio. E ponse contra os traballadores cando entende irrelevantes as declaracións dun afiliado de CCOO que se atopaba no lugar dos feitos ou as doutros membros de Secur Ibérica presentados pola defensa e que din que non sucedeu nada do que se imputa aos traballadores. É máis, omite a denuncia presentada como proba contra Telefónica e Secur Ibérica por provocar aos manifestantes. E, nunha argumentación que recorda a épocas pasadas, xustifica que na manifestación se infiltraran un coordinador e un inspector da empresa de seguridade, desprovistos de uniforme para “acompañala no seu devir intentando lógicamente obter información preventiva”.

A sentenza do Xulgado do Social de Madrid súmase ás decenas de accións contra o sindicalismo de clase e alternativo que se están dando no estado español, talvez como resposta á crise, intentando amedrentar calquera atisbo de reivindicación laboral á marxe do sindicalismo “políticamente correcto” e, como consecuencia, ao resto da clase traballadora.

Pero é curioso que o mesmo día que se fai pública a sentenza contra estes tres traballadores, César Alierta sexa elixido “empresario do ano” en Chile ou firme un Convenio de Colaboración coa Magistratura “para potenciar a relación entre empresa, Xustiza e Sociedade”. Ou que o Ministerio de Traballo aprobe o Expediente de Regulación de Emprego para 500 traballadores de Móbiles, que empezarán a cobrar das arcas do estado, desligándose dunha empresa que o ano pasado obtivo máis de 9.000 millóns de euros de beneficios.

Desde o sindicato Alternativa Sindical de Traballadores infórmannos que esta sentenza non lles vai nin a amedrentar nin van abandonar o camiño emprendido en defensa dos intereses dos traballadores. A sentenza será recorrida ao Tribunal Supremo de Xustiza de Madrid e, mentres tanto, os delegados despedidos pasarán a percibir a prestación por desemprego así como un complemento ata completar o 100% do seu soldo procedente dos bonos de axuda cos que está contribuíndo o persoal. Pola súa banda, a delegada cuxo despedimento foi declarado improcedente, solicitou xa a súa readmisión ao seu posto de traballo.

Máis información:

Sindicato AST: http://www.sindicatoast.org

Coordinadora Sindical de Madrid: http://www.coordinadorasindicalm.es