ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 18 de novembro de 2008

a oliveira de teo



Achégase nota de prensa do próximo acto da Oliveira, que se celebrará este venres día 21, ás 20,30 horas, na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras.

Trátase da proxección da longametraxe docuntal "O Novo Emden", coproducida por Saga TV e TVG, na que estará presente e fará unha introdución ao filme o director, Marcos Gallego.

Un cordial saúdo,


A directiva da Oliveira.

www.memoriateo.blogspot.com



As xornadas da Oliveira: Proxección de “O Novo Emden”


Venres, 21 de novembro


20, 30 horas


MEDIATECA MUNICIPAL O GRILO DE CACHEIRAS









A Oliveira de Teo convoca un novo acto de recuperación de memoria para este venres 21 de novembro, ás 20,30 horas, na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras.


Trátase da proxección da longametraxe documental “O Novo Emden”, no que se conta da derrota do barco do mesmo nome, que saíu ao mar, con 18 homes a bordo, no mes de agosto de 1937, do porto d’O Grove. O documental de Saga TV, coproducido pola Televisión de Galicia, foi estreado n’O Grove en setembro do ano pasado. Unha semana despois, e máis adiante en diversas ocasións, foi emitido pola propia TVG.


En xuño do ano que andamos estreouse en Concarneau (Bretaña), e foi seleccionado no festival Memoriaimage que se celebra este mes en Reus (Cataluña) (www.memorimagefestival.org ) .


No acto da Oliveira en Cacheiras contaremos coa presenza do director, Marcos Gallego, que fará unha breve introdución ao seu filme.


A Oliveira convoca este novo acto coa mesma intención que se explica na páxina web do filme( www.novoemden.com ), no apartado de motivacións do director, onde se di:


“A intención última do documental “O NOVO EMDEN” é aportar unha nova ollada á nosa historia recente, a Historia de Galiza durante a II República e a Guerra Civil que ate agora foi construída de xeito incompleto, posto que nela omitiuse deliberadamente a visión dun sector da sociedade. Era pois unha historia construída por unha soa voz, a dos vencedores, e polo tanto necesariamente sesgada e interesada”.