ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Semana de loita estatal contra o paro xuvenil e en defensa do futuro


Semana de loita estatal contra o paro xuvenil e en defensa do futuro
Do 24 ao 30 de novembro

¡A crise capitalista, que a paguen os ricos!


O ano 2008 comezou con varias noticias que deixaron claro o cariz que está tomando a crise capitalista no conxunto do Estado e as repercusións que está tendo
sobre a clase traballadora do mundo enteiro. Unha crise económica e financeira, pero sobre todo, unha crise que afecta directamente á clase obreira e a todos os sectores
populares. O ano 2009 entra con previsións aínda peores e un aumento exponencial da pobreza e a precariedade.

A mocidade que nos últimos anos viu como os seus dereitos laborais e sociais empeoraron día tras día, é a primeira afectada por esta crise capitalista. Ademais,
hai un incremento case diario dos prezos en produtos básicos que está empobrecendo a sectores económicos que ata agora parecían estar vacinados
contra iso. O aumento do paro xuvenil en sectores crave da economía é o primeiro síntoma dunha situación que empeora a diario. Ademais, o drama da temporalidade, os contratos vía ETT, o papel escravizante das mutuas de accidentes de traballo e a complicidade dos dirixentes sindicais coas actuais
medidas económicas deixan á mocidade nunha situación moi débil que non ten perspectiva de mellorar.
Os ataques ao sector público que está levando a cabo o Goberno de Jose Luís Rodríguez Zapatero, mediante a privatización de empresas clave no desenvolvemento
económico como as privatizacións parciais de RENFE ou AENA, ou os recentes transvasamentos de fondos do Estado aos grandes bancos son unha proba máis do papel
que xoga o Goberno do PSOE nesta crise. Ademais, estanse vivindo situacións dramáticas noutros campos como a educación pública ou a sanidade, que
os diferentes gobernos autonómicos, estean gobernados polo PP ou polo PSOE, están empuxando cara á súa definitiva liquidación.

Non hai outra saída: loitar.
Cada día chégannos polos medios de comunicación noticias de novos despedimentos ou ameazas de peche patronal de empresas en perfectas condicións de viabilidade. A
mal chamada "crise da automoción" encerra diferentes tácticas para vender ao gran público e aos traballadores que é necesario despedir obreiros para manter a
produción. Non é certo. Empresas como SEAT, NISSAN ou General Motors van pechar este ano con beneficios moi grandes, soamente reducidos por unha pequena
marxe do 6% respecto ao ano anterior.
As grandes corporacións económicas e financeiras pretenden facer pagar á mocidade e á clase traballadora a crise que eles mesmos provocaron seguindo
a lóxica capitalista. Unhas espectaculares cifras de ganancias en anos anteriores indican claramente cal é o seu obxectivo: seguir maximizando os beneficios á conta da
pobreza e o paro de millóns de persoas.

O papel da mocidade nesta crise

A mocidade foi a primeira vítima do actual modelo económico, pois vén sufrindo desde hai anos o actual modelo de mercado e o seu supeditación aos
intereses do capital. Baixo diferentes formas legais, os chamados "axentes sociais" (Goberno, patronal e as cúpulas de CCOO e UXT) articularon diferentes formas
de explotación que deixan á mocidade sen un marco estrutural de loita e defensa dos seus intereses como traballadoras e traballadores.
Contratos bolsa, falsos autónomos, contratación temporal, prácticas non remuneradas en empresas, etc. Todo iso serve non só para aumentar as ganancias empresariais
á conta de salarios, tamén é unha escola de futuro para as xeracións vindeiras: se queres traballo, teste que someter.

Este modelo tivo funestas consecuencias para a mocidade: o case nulo acceso á vivenda, o paro, a elitización do modelo educativo e a súa mercantilización (LOE,
Espazo Europeo de Educación Superior, etc), e sobre todo, a falta de alternativas de futuro que nos permita decidir sobre que papel debemos xogar en todo este proceso.
Negóusenos o futuro, e a única alternativa é loitar por el.

Nativa ou estranxeira, a mesma clase obreira
Cada ano, as condicións de vida que as grandes potencias imperialistas impón aos países que están baixo o seu control económico obrigan a millóns de mozos de todos
os continentes a emigrar a zonas máis prósperas do planeta.
Os Estados que tradicionalmente os acollen seguen a aplicar un criterio de mercado: mentres poidan explotalos poderán entrar, e cando haxa crise, expulsaranos e os culpabilizarán dos males económicos. Recentemente, a Unión Europea aprobou a Directiva da Vergoña, que facilita aos Estados a expulsión sen garantías de compañeiras e compañeiros inmigrantes. A isto súmase a tradicional restrición de dereitos que este colectivo sofre en España, onde a partir de 2007 foi endurecida a política contra el, con deportacions masivas, asasinatos probados e violacións dos Dereitos Humanos
demostradas por diferentes institucións internacionais.

Este sector da clase obreira, a maioría mocidade, xógase a vida vítima da pobreza que os países imperialistas crearon nas súas zonas de orixe. España ten
na actualidade un dos réximes máis represivos en materia de inmigración de toda Europa, e vai a máis, dado que nos barrios obreiros estanse empezando a xeneralizar
as redadas policiais contra inmigrantes.

Sen ningunha dúbida, a inmigración traballadora non é responsable da crise capitalista; é, do mesmo xeito que o resto da mocidade e a clase traballadora vítima dun modelo
económico que reduce o seu papel a moeda de cambio para uns determinados intereses económicos, e como tal, merece a nosa solidariedade e apoio. Forma parte
de nós.

Unha semana de loita, de axitación e de difusión
Os Colectivos de Xóvenes Comunistas lanzan esta semana de loita cunha perspectiva unitaria, onde podamos realizar xunto a outras organizacións e en todos
os territorios posibles, unha semana de axitación e difusión en barrios obreiros, institutos, universidades e polígonos industriais. Onde sinalemos xuntos aos
responsables directos desta crise: a patronal e as grandes corporacións financeiras.

Esta semana de loita, xunto a outras experiencias unitarias como a Campaña Estatal contra as 65 horas semanais, debe ser o primeiro paso que déa a mocidade organizada
ante a preparación da próxima folga xeral prevista para a primavera de 2009, que diferentes organizacións e plataformas sindicais de base están traballando.
Facemos un chamamento a toda a mocidade organizada a realizar toda unha serie de accións conxuntas en todos os territorios onde teñamos presenza, e un
chamamento á mocidade en xeral, traballadora ou non, afectada pola crise capitalista, para que non dubide en deixar claro que esta crise non a vai a pagar a clase
obreira. A mocidade constrúe o seu futuro loitando, e esta semana vai ser un primeiro paso para a súa demostración.

Contacta coas nosas organizacións de:
Andalucía, Aragón, Asturies, Canarias, Cantabria,
Castela Norte, Castela Sur, Catalunya, Estremadura,
Galiza, Illes Balears, Madrid, A Rioxa, Euskal Herria
Murcia, País Valenciá
cjc@cjc.es
Sede Central: R/ Carretas 14 6ºG. 28012 Madrid
Teléfono e fax: 91 532 91 87
--
Unir á mocidade, organizar a revolución
www.cjc.es