ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

SINDICAL


CIG INFORMA (DE AVANTAR)


As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.

A CIG-Ensino vén de denunciar que os/as acompañantes do transporte escolar perciben un 81 % menos do que lles correspondería, segundo o que a Consellaría lles transfire ás empresas de transporte para cubrir os gastos deste servizo.

O 13 e 14 de novembro está convocada folga en Cablerías Auto, que na súa primeira xornada tivo un seguimento do 100%. Ademais as traballadores e traballadores da antiga Valeo, situada no Polígono das Gándaras do Porriño, realizaron distintas concentracións e mobilizacións ao longo do día para esixir que se coñeza o plan industrial da nova empresa, Cablerías Auto, que non lles asegura carga de traballo despois do mes de decembro.