Entrevista a Pedro Ugueto, cónsul de Venezuela en Galiza e Asturies
"Non podemos ver a integración como un tema estritamente económico"
Elizabeth Noriega - Cubainformación.- Pedro Ugueto, cónsul de segunda para a comunidade autónoma de Galicia e o Principado de Asturias, parte dos resultados da colaboración entre Venezuela e Cuba para abordar a integración rexional desde unha concepción abarcadora, comprometida co benestar social dos pobos do continente. A súa paixón pola historia e os procesos emancipadores das nacións do sur afloran nos seus argumentos sobre os antecedentes dunha actualidade integracionista que difire de experiencias anteriores conectadas con políticas neoliberais.
Pregunta: Cales foron os resultados das relacións entre Venezuela e Cuba?
Resposta: Dentro do contexto dos países suramericanos Cuba ten para nós a primeira prioridade. Cuba é un exemplo a seguir non soamente porque é a primeira revolución vitoriosa no continente suramericano e falamos de suramericano porque nos gusta máis Suramérica que Iberoamérica, é dicir, preferimos falar de Indoamérica que de Iberoamérica. Sentímonos máis indoamericanos, afroamericanos que latinoamericanos ou iberoamericanos. Neste contexto a Revolución Bolivariana tomou moitísimos exemplos do que foi a Revolución Cubana no tránsito cara a un destino socialista e boa parte dos proxectos que se están pondo en marcha en Venezuela teñen moito que ver co proceso revolucionario que se viviu en Cuba: as misións educativas, médicas, o programa de alfabetización realizado en Venezuela fixéronse sempre coa colaboración e a axuda do pobo cubano. Os proxectos Barrio Dentro, a misión Rivas e tantos outros no campo da cultura e o deporte fixémolas a partir da exitosa experiencia da Revolución Cubana.
Pregunta: Cre vostede que estas relacións e intercambios foron un punto de partida para as propostas do ALBA como unha evidencia de que outro tipo de integración é posible?
Resposta: Para falar de integración debemos referirnos ás experiencias anteriores. houbo moitos intentos de integración en América Latina. Darcy Riveiro*, brasileiro, dicía que a integración tiña que ser operativa, concretarse. Polo xeral os proxectos de integración que se fixeron non pasaron de ser acordos de cartas de intención en diferentes ámbitos iberoamericanos pero que non levaron á práctica. Eu creo que neste caso a Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) é unha alternativa diferente que se esta concretando pola vía operativa. Cando dicimos que nos imos a integrar con proxectos de empresas gran-nacionais é irlle pondo os puntos e seguido a cada un dos temas integracionistas co transfondo histórico da Grande Nación Suramericana, a Grande Colombia fundada en 1819 polo Libertador Simón Bolívar.
* Darcy Ribeiro (1922-1991) naceu en Minas Gerais foi antropólogo, sociólogo e político. No exilio escribiu os seus Estudos de Antropoloxía O Proceso Civilizatorio(1968), As Américas e a Civilización (1969), O Dilema da nosa América (1971), Configuracións (1972) e Os Brasileiros (1975).
Cando dicimos que nos imos a integrar financieramente, dicimos que nos imos a integrar nun gran banco do ALBA que xa esta funcionando.
Cando dicimos que nos imos integrar en materia de telecomunicacións e acordamos crear unha televisora e nace Tele Sur, é algo que estamos palpando, é dicir, é unha integración que se concreta en accións que permiten ver os resultados desa colaboración.
Ademais existía outro problema: sempre estaba a prominencia da economía, sempre se falou da integración económica e é que nós, os pobos do continente, non podemos ver a integración como un tema estritamente económico. A integración debe ser tamén a nivel cultural, a nivel deportivo, a nivel educativo. Debemos integrarnos en moitos sentidos como verdadeiros irmáns.
En materia económica o que se expuxo é a complementariedade, non a competitividade. Non se trata de que compitamos entre uns países e outros, senón que nos complementemos os uns cos outros.
Tamén, en canto a integración nós aspiramos a que todos os pobos de latinoamérica, indoamérica, iberoamérica teñan o mesmo nivel de acceso á educación. Estaremos realmente integrados cando no noso continente todos os pobos teñan o mesmo nivel de alfabetización que ten, por exemplo, o pobo cubano; cando todos os pobos de América teñan o mesmo acceso aos servizos médicos. Esa é outro xeito de ver a integración porque non é só a integración económica como noutro momento concibiuse desde o punto de vista do neoliberalismo ou do capitalismo. Hai agora unha complementariedade entre os pobos en función de que xuntos avancemos cara a un desenvolvemento integral da nosa América.
Pregunta: É ese o concepto para facer cidadanía crecendo desde abaixo como lle escoitei dicir recentemente a vostede e ao embaixador venezolano en España Alfredo Toro Hardy?
Resposta: Si, é a nosa opción para producir economía, educación, digamos producir dignidade. Porque a dignidade hai que cultivala. A autoestima dos pobos é un produto que non é medible, se cadra coas taxas ou cos índices que manexan algúns investigadores sociais pero é un produto que necesita a sociedade. Unha sociedade instruída, culta, que coñece as súas leis, que coñece os seus dereitos e defende os seus valores, a súa cultura, o seu patrimonio histórico é unha sociedade digna e iso tamén se produce. Dentro do noso proceso é unha das metas máis importantes: converter a homes e mulleres en cidadáns.
Pregunta: O que cultivou Venezuela no económico e o social durante os últimos anos irradia cara a outros países da rexión?
Resposta: Nese sentido teño que facer unha reflexión sobre o que foi o desenvolvemento económico. O modelo económico non o decidiu a América do Sur, é un modelo de desenvolvemento que se nos impuxo desde o norte cun esquema de centro e periferia. Un centro unipolar que o decidía todo e unha periferia subordinada aos intereses do centro. Dentro dos nosos propios países tamén se reproduciu o mesmo esquema de centro e periferia. No caso de Venezuela temos unha capital, Caracas, macrocefalica con millóns de persoas amoreadas vivindo na cidade en favelas e chabolas, e un campo abandonado en canto a servizos e infraestruturas. O mesmo fenómeno pódese ver en Brasil, México, Colombia, en practicamente toda a América onde condenaron aos nosos países a ser simplemente exportadores de materias primas. Da industrialización encargábase o norte e iso xerou un esquema perverso onde cada vez os nosos países endebedáronse máis, cada vez foron máis dependentes, cada vez tiveron que entregar máis os seus recursos naturais e terminaron en grandes procesos de privatizacións para poder asumir novos endebedamentos.
Hoxe estase tratando de transitar un camiño distinto. En Venezuela chamámolo desenvolvemento endóxeno para comezar a producir o que antes importamos. Un desenvolvemento que parta desde dentro e que rompa co esquema perverso do centro que decide e a periferia que obedece. Iso implica crear novos polos de desenvolvemento e lograr esa nova complementariedade. E ademais superar os egoísmos nacionais. Venezuela vén propondo que se cre unha grande petroleira do sur xunto a Ecuador, Brasil e conformar entre todos PETROSUR porque o sur tamén existe. En todos os nosos países hai catedráticos, excelentes docentes, e por que non fundar unha grande universidade do sur? Agora estámolo facendo en materia de comunicacións con Tele Sur.
Un dos temas cos que ataca a oposición interna en Venezuela e acusa ao goberno do presidente Chávez é precisamente que o país esta regalando petróleo ao Caribe e aos países asinantes do Pacto de San José. Iso forma parte dunha visión mezquina. Os Estados Unidos teñen reservas duns 10 mil millóns de barrís de petróleo e Venezuela, na faixa petrolífera do Orinoco, ten máis de cen mil millóns de barrís de petróleo de reserva. O que propuxo Venezuela é que 10 mil millóns deses barrís de petróleo, equivalentes a todo o que ten de reserva Estados Unidos, sexan utilizados exclusivamente para impulsar o proxecto do ALBA. É ao que chamamos superar os egoísmos nacionais. Chávez non esta regalando a Venezuela senón practicando operativamente a solidariedade. A solidariedade non pode expresarse simplemente con retórica, a solidariedade ten que expresarse con feitos e apuntamos nesa dirección. Recentemente púxose en órbita o satélite Simón Bolívar que é un importante avance en comunicacións para toda América Latina e estase facendo o cableado submarino entre Cuba e Venezuela para mellorar o funcionamento da banda ancha e romper con ese bloqueo de Estados Unidos. Desde España chamar a Cuba é máis caro que chamar a calquera parte do mundo polo bloqueo norteamericano. Co satélite e o cableado submarino estamos axudando ao irmán pobo cubano que tanto contribuíu en materia de educación, de saúde e de exemplo á Revolución Bolivariana.