Onte 8 de Novembro, diante dunha audiencia de alta calidade e moi participativa, membros da dirección do PCPE e dos CJC explicaron a posición, análise e propostas dos e as comunistas diante da crise e da terrible ofensiva que está a sufrir nesta etapa a clase traballadora, o noso pobo e nomeadamente a nosa mocidade. A participación no debate, moi alta en cantidade e calidade das intervencións, reafírmanos na necesidade de continuar con esta tarefa de explicación e debate, situando as nosas propostas e avanzando decididamente cara á unidade dos e as traballadoras, das forzas obreiras e progresistas, cara a unha ampla frente que confronte co actual modelo de dominación e sitúe ao capitalismo, á cruel e insaciable dictadura do capital sobre o traballo, como o único obstáculo para resolver os grandes problemas que hoxe aflixen ao noso pobo e ao conxunto da humanidade traballadora.
A crise capitalista, que a paguen os ricos