A CRISE DO CAPITAL…
POLVOS E LODOS
O crecemento da economía capitalista española estuvo baseado, nos últimos 14 anos, en dous pés moi pouco firmes:
-A especulación inmobiliaria
-O endebedamento da clase traballadora polas hipotecas.
Bancos, promotoras e construtoras encheron así o peto e fixéronse cós nosos aforros, levándonos a un endebedamento insostible e impagable.
Agora, á sombra da crise mundial do sistema capitalista, botan a chorada aos gobernos, ameazan có colapso e descaradamente os especuladores meten a man no peto dos estados, esto é, nos petos dos contribuintes, para recuperar o perdido baixo ameaza de que esto vai a peor. De preguntarse de quén é a culpa, nada.
Cun capitalismo que xa vai vello (e como tal, impotente), é o que pasa.
Cando o capital non pode medrar invertindo na produción, xoga á especulación. Se gaña, todo para él. Se perde, fainos pagar as súas ruinas @s de sempre. (Chámanlle inxeción, pero dóelle máis a quen a dá, que a quen a recibe…) . Os gobernos que nos prometeron mirar por nós, encárganse do "pinchazo".
XOGANDO CÓ PAN DE COMER
Pero nun mundo no que a fame é xa o modo de vida (e de morte) de millóns e millóns de persoas, para enormes masas de traballadores dos países "ricos" (¿quén é rico nestes países?) suben en picado os prezos dos alimentos básicos:
Pan, leite, ovos, polo, arroz.
Esto é inevitable nun sistema no que os prezos son controlados polas grandes superficies, para ruina do consumidor de baixos ingresos e tamén do pequeño e mediano produtor e comerciante.
Estamos a falar, pois, da mundialización da fame.
E DO PETRÓLEO, XA, NIN FALEMOS.
Hai xa anos que os economistas mais obxectivos anuncian que o petróleo acábase, e que como pasa con todo o que escasea, o seu precio está exposto a manipulación.
Arrastrado pola cobiza do lucro inmediato e crecente, os xestores do capitalismo non investiron en fontes alternativas de enerxía con tempo abondo para a súa posta en marcha.
A manipulación do precio do petróleo é xa un feito que todo o mundo sinte no peto. Cando baixa o crú, a gasolina queda igual que estaba.
¿Quén queda coa diferencia?
Cando o precio suba, será o momento de vender o acaparado a prezos inimaxinables.
O autobús, o radiador que quenta a casa, custarán sumas moi duras de pagar para tod@s.
E A NÓS, ¡¿QUÉN NOS RESCATA?!
Tal como anda todo, quen vai necesitar un rescate somos moit@s, e ben axiña…
Pero os gobernos do capital, mesmo os que se fan chamar "socialistas", míranse moito mais dispostos a rescatar aos banqueiros.
Quen son donos da riqueza piden e obteñen axuda.
Quen xeramos esa riqueza, sen por elo facernos ric@s, non obtemos sequer contratacions en condicions de dignidade.
Así é o capitalismo. E os gobernos da Europa que nos prometía progreso modernidade e bonanza hai pouco tempo, e o goberno dos EEUU que lles serve de modelo, privatizan as ganancias e ¡¡SOCIALIZAN AS PERDAS!!
Tales son as "reglas" dun "xogo" ao que xogamos sen que ninguén nos teña preguntado se queríamos xogar, e moito menos nos explicaron de qué iba o xogo…
E, ¿QUÉ FACER?
Esta é a papeleta coa que nos encontramos obreir@s, labreg@s, xente do mar, pequen@s e median@s comerciantes…
Dinnos que hai que gastar cartos, pero tamén nos din que compre apretar ¡¡mais unha vez!! o cinto, e que crédito non hai para nin dios, e emprego, tampouco. E que se traballas, é moi posible que non cobres ou que cobres menos que antes, ou que o teu emprego se volte cada vez mais ruin.
¿Cómo facer entón para sobrevivir sen ser banqueiro?
¿Cómo, para salvarnos do abuso patronal, da precariedade, da miseria?
A RESPOSTA ESTÁ NA RÚA
A resposta, a única que vale, é organizarse e loitar.
@s Comunistas da Galiza facemos nosas as palabras dos nosos camaradas gregos do KKE:
NON É IMPRESCINDIBLE SER COMUNISTAS PARA APOIAR A LOITA D@S COMUNISTAS.
Todo comunista que non se desprecie profundamente a sí mesmo e á súa tradicion de loita colectiva sabe perfectamente que só a mobilización abre un camiño para a mellora da vida da súa clase e do seu povo. Que esa mobilización debe de ser constante e abarcar sectores o mais amplos posible do povo traballador. Nada se pode esperar das promesas que veñen de arriba. Nada nos será dado que non conquiramos coa nosa loita.
O pacto social é un conto de críos.
A loita social é a realidade, unha realidade que está presente nos milleiros de loitas concretas que estan a ter lugar simultáneamente en toda Galiza, en todo o Estado Español, en todo o mundo.
VELEIQUI POR QUÉ LOITAMOS, NA GALIZA E NO ESTADO ESPAÑOL, @S COMUNISTAS DO PCPE
Pola saída da unión Europea.
Pola redución do gasto militar.
Por investimentos en obra pública: mellorar a vida nos bairros e nos povos. Garderías, casas da mocidade, casas de pensionistas, escolas, centros sanitarios…
Non aos despedimentos colectivos
Non ao peche de empresas
Conxelacion dos intereses das hiipotecas ao seu nivel de copntratación
Recuperación das empresas públicas privatizadas
Nacionalización da banca (coas ganancias incluidas, claro…)
Suspension dos embargos a contas correntes por débedas a concellos
Comedores escolares gratuitos
Non aos cortes de auga e luz ás familias en paro
Non aos deshaucios
É A HORA DE ORGANIZARSE
MOVEMENTO CONTRA DA CARESTÍA E O PARO
INTERVENCION SOBRE OS GRANDES BENEFICIOS EMPRESARIAIS
BONIFICACIÓNS FISCÁIS PARA AS FAMILIAS NO PARO
… ¡¡¡QUE A PAGUEN OS RICOS!!!