CIG INFORMA
Nova xornada de folga no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, que tivo novas accións e obxectivos, neste segundo día de conflito pola negociación do convenio provincial, que continúa paralizado. A folga extendeuse a novas zonas da provincia de Pontevedra como Sanxenxo ou Marín, e afondou nos seus efectos nas áreas comerciais, como El Corte Inglés na cidade de Vigo, que pechou unha parte da tarde.
Ingemarga readmitiu os 30 obreiros que despedira en febreiro na súa factoría de Guitiriz. A CIG-Construción de Lugo entende que se trata dunha vitoria sindical que demostra que, desde a razón e a constancia, a loita decidida dos traballadores contra os abusos patronais acaba dando os seus froitos.
A terceira xornada de folga indefinida da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra tivo no 19 de novembro unhas consecuencias graves para dúas traballadoras do sector, máis alá dos centros de traballo afectados e do amplo seguimento que está a ter en toda a provincia. A actuación dos antidistubios contra as/os traballadoras/es que estaban facendo unha sentada diante das instalacións da Xunta de Galiza provocou que dúas das traballadoras foran empurradas e pisadas polos antidisturbios, o que conlevou que unha delas tivera convulsións e que outra quedara mancada nunha perna. Dúas ambulancias tiveron que trasladalas a Urxencias.
CGT INFORMA
Movilizacions en ATENTO CORUÑA contra do despido de 3 compañeiros de atención técnica de ADSL. Tratase de 3 compañeros que se atopan de baixa por enfermedade dende hai tempo, e por ese motivo a empresa "despachaos" recoñecendo a improcedencia do despido.
SLG (SINDICATO LABREGO GALEGO) INFORMA
O martes 18 de novembro un milleiro de labregos e labregas botámonos ás rúas de Santiago de Compostela para demandar prezos xustos para os nosos produtos: cobertura dos custos de produción e remuneración do noso traballo.
Como xa é sabido o Sindicato Labrego Galego negouse a asinar o contrato homologado para o leite, e posteriormente o da pataca, por non haber prezo mínimo para poñer no contrato.
No contrato do leite, na cláusula do prezo, dise, "o prezo será o que acorden libremente vendedor e comprador". O de "libremente" é unha farsa, todo o mundo sabe que son as empresas as que impoñen absolutamente todo. No tocante aos prezos de mercado: outra farsa. Os prezos de mercado márcanos industrias e distribución co único criterio de gañar máis e apoiar a industrialización do proceso de produción de alimentos. Aquí quen sempre perde son labregas e labregos e o conxunto da cidadanía. O SLG defende o establecemento de prezos mínimos que cubran custos e traballo.
O dereito á negociación colectiva dos prezos e que estes inclúan custos e traballo de produción é fundamental para manter a agricultura e a alimentación nas mans da cidadanía e fóra do control das multinacionais.