ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 22 de novembro de 2008

INTERVENCIÓN DO PCPE NO ENCONTRO DE SAO PAULO


Durante os dias 21, 22 e 23 de novembro celebrou-se em Sao Paulo, Brasil, o X Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operários e todo mundo, sendo em anfitrião do encontro o Partido Comunista do Brasil.
Estiveram presentes os seguintes partidos: Partido Comunista de África do Sul, Partido Comunista de Alemanha, Partido Comunista de Argentina, Partido Comunista de Bielorrusia, Partido do Trabalho de Bélgica, Partido Comunista de Bolívia, Partido Argelino para a Democracia e o Socialismo, Partido Comunista Brasileiro, Partido Comunista de Brasil, Partido Comunista de Bulgária, Partido Comunista de Canadá, Partido Comunista de Chile, Partido Comunista de China, Partido Comunista de Colômbia, Partido do Trabalho da República Popular de Coréia Partido Comunista de Cuba, Partido Comunista de Dinamarca, Partido Comunista em Dinamarca, Partido Comunista de Equador, Partido Comunista dos Povos de Espanha, Partido Comunistas de Estados Unidos, Partido Comunista de Finlandia, Partido Comunista Unificado de Georgia, Partido Comunita de Grã-Bretanha, Partido Comunista de Grécia, Novo Partido Comunista de Holanda, Partido Comunista dos Trabalhadores de Hungria, Partido Comunista da Índia, Partido Comunista da Índia =marxista=, Partido Comunista de Iraque, Partido Tudeh de Irã, Partido Comunista de Irlanda, Partido dos Trabalhadores de Irlanda, Partido dos Comunistas de Itália, Partido da Refundación Comunista de Itália, Partido Popular Revolucionário de Laos, Partido Socialista de Letónia, Partido AKEL de Chipre, Partido Comunista de Luxemburgo, Partido dos Comunistas Mexicanos, Partido Comunista do Nepal, Partido Comunista de Noruega, Partido Comunista do Líbano, Partido Comunista de Palestina, Partido do Povo Palestino, Partido Comunista de Paquistão, Partido Comunista de Bohemia e Moravia, Partido Comunista de Paraguai, Partido Comunista de Peru Pátria Vermelha, Partido Comunista Peruano, Partido Comunista Português, Partido Comunista da Federação Russa, Partido Comunista dos Trabalhadores de Rússia, Novo Partido Comunista de Sérvia, Partido Comunista Sírio, Partido Comunista de Síria, Partido Comunita de Suécia, Partido Comunista de Turquia, Partido Comunista de Ucrania, União dos Comunistas de Ucrania, Partido Comunista de Uruguai, Partido Comunista de Venezuela e Partido Comunista de Vietnã.

Intervención do PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA no


X ENCONTRO INTERNACIONAL DE PARTIDOS COMUNISTAS E OBREIROS



Camaradas:

En primeiro lugar felicitar ao PC do B pola excelente forma de responder ao reto que supoñía a organización do X Encontro e agradecer a súa fraternal acollida.

Felicitar tamén aos partidos integrantes do Grupo de Traballo polas tarefas realizadas desde o anterior encontro que nos permitiron dispoñer de textos elaborados colectivamente e recibidos con antelación.

Por ultimo, transmitir o saúdo combativo do Comité Central e a militancia do Partido Comunista dos Pobos de España aos partidos presentes no encontro.

Para cinguirme ao tempo concedido vou a abreviar o tema da caracterización da crise xa que coincidimos no esencial coa que efectuou o camarada Echegaray; é unha crise global do sistema con múltiples facetas, desde a que denominan crise financeira e que non é outra cousa que a creba da economía casino, especulativa, que supón mais do 80 por cento das transaccions internacionais do mundo capitalista, á da economía real ou produtiva, pasando pola crise alimentaria e a enerxética.

Pero hai que deixar claro que non se trata da crise do modelo neoliberal, como pretenden algúns, senón dunha crise global do sistema capitalista, do que o neoliberalismo non é mais que a súa forma de manifestarse nos últimos decenios. O que está en cuestión é o modelo de produción e explotación capitalista, non una das súas formas de desenvolverse.

Ista crise non supón necesariamente a fin do capitalismo, seria inxenuo pensar que os que detentan o poder económico e político se van cruzar de brazos para ver como se derruba o seu sistema de dominación, van buscar unha saída da crise probablemente aumentando o seu nivel de barbarie, e que moi probablemente supoña unha maior intervención do estado na xestión desa saída, facendo recaer as súas consecuencias sobre os traballadores e os pobos articulando as medidas necesarias, incluídos os cambios no marco xurídico, que permitan continuar o proceso de acumulación e concentración capitalista sen grandes sobresaltos.

E para iso van acelerar o proceso de desregulación dos mercados de traballo, atacar o dereito de negociación colectiva, pretenderán a liquidación dos dereitos democráticos incluso os formais, ampliarán as súas políticas belicistas e van tentar acentuar a dependencia e subordinación dos países do chamado terceiro mundo, sobre todo aqueles que posúen materias primas estratéxicas.

Pero a nosa tarefa, a tarefa dos comunistas hoxe é actuar na dirección de evitar ou obstaculizar no posible que se impoña esa saída, e, aproveitando que esta crise pon en evidencia as caras mais sinistras do sistema de explotación, e fai patente as súas contradicións, traballar na dirección de aumentar a conciencia da clase obreira, fortalecendo as posicións de clase das súas organizacións sindicais, articular frontes amplas das forzas populares, progresistas e anticapitalistas na liña de articular a Fronte Mundial Antiimperialista, e recuperar o terreo no seu día perdido para as ideas do comunismo, fortalecendo as nosas organizacións, a súa capacidade de intervención e loita e incrementado a nosa coordinación.

Nesta última dirección, facendo nosas as palabras do camarada Iturralde, de que non podemos quedarnos na teorizacion e o discurso senón que hai que chegar a conclusións practicas para a acción, no terreo da coordinación e a unidade de acción dos Partidos Comunista e Obreiros, saudamos e apoiamos as propostas que efectuou o camarada Fernando Remírez, referidas á creación da páxina web, que no próximo encontro se aprobe unha resolución política, e non só un comunicado de prensa, e que os terminos da axenda sexan mais específicos e concretos.

Aínda conscientes das diferentes situacións que se dan entre as diversas rexións do mundo, parécenos imprescindible o incrementar os niveis de coordinación rexional a fin de dar respostas concretas desde as posicións dos comunistas aos problemas comúns, que nas diferentes rexións enfrontan os pobos, os seus traballadores e as súas capas populares, problemas cuxa orixe ten as mais das veces un carácter supranacional.



E no tema concreto da unidade de acción, sinalaba o camarada Echegaray o aproveitar o próximo ano, 50 aniversario da Revolución Cubana, para en torno a iso concretar unha actuación común de todos, revalorizando o concepto do internacionalismo dos comunistas, ao que nós queremos engadir outra proposta concreta: que estudemos a posibilidade de que haxa un pronunciamiento común dos partidos comunistas, nas sinaladas datas do 1 de maio e o 7 de novembro, no que, na primeira, volvamos poñer en primeiro plano a importancia da clase obreira como suxeito revolucionario, e a necesidade de aumentar o seu nivel de conciencia como paso imprescindible para abordar as transformacións revolucionarias que nos leven ao socialismo, e na segunda, reivindicar o papel do outubro bolchevique, e o dos comunistas de todo o mundo nas loitas pola liberación política, económica e social dos traballadores e dos pobos.

Esperando e desexando que este X Encontro supoña un importante paso adiante na coordinación dos comunistas de todo o mundo, queremos rematar resaltando que, ao noso xuízo, hoxe é máis evidente que nunca o dilema socialismo ou barbarie.

Camaradas VIVA O SOCIALISMO

Leopoldo del Prado.

Membro do CC

Membro da Comisión de Relacións Internacionais