ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 17 de outubro de 2008

información sindical


CIG INFORMA (DE AVANTAR)

A Xunta consente o desmantelamento sistemático de servizos no transporte de viaxeiros de Bergantiños

Os habitantes da comarca de Bergantiños cada vez teñen menos posibilidades de realizar os seus desprazamentos no transporte colectivo. O Grupo Vázquez, principalmente, e Aucasa reduciron drasticamente os servizos de buses na bisbarra desde que se produciu a segregación de liñas da compañía Arriva, anterior concesionaria do transporte de viaxeiros na zona.

O Grupo Vázquez elimina 15 servizos na liña que une Carballo con A Coruña (4 de ida e 11 de regreso). Dáse a circunstancia que, desde as 17:25 até as 19:00 horas, non hai buses que unan ambas localidades, cando anteriormente a frecuencia era de media hora. Tamén se reduciron servizos entre a capital de Bergantiños e a zona costeira da comarca (Malpica, Laxe, etc) e coa Costa da Morte. A Xunta de Galiza, por medio da Dirección Xeral de Transportes, é cómplice do desmantelamento deste servizo público ao non impedir que as empresas reduzan as frecuencias. A CIG-Transporte, pola súa banda, xa leva denunciando desde hai anos está situación que padecen os viaxeiros de Bergantiños, Costa da Morte e Muros.

Faurecia Asientos de Galicia, unha das empresas auxiliares de PSA Citroen que obtivo máis de nove millóns de euros de beneficios no último exercicio, presentou xa dous expedientes de regulación de emprego. O primeiro, de catro días, xa foi aprobado pola Consellaria de Traballo e a Xunta de Galiza, e o segundo, que afectaría a catorce xornadas laborais e case trescentos traballadores, está no proceso de negociación.

As empresas da automoción parece asi que xa non precisarán xustificar con balanzos negativos nin perdas económicas as súas agresivas solucións, xa que baixo a ameaza da “perda de competitividade”, e alegando cuestións organizativas, xustifican as súas propostas, como a dos ERE's, contando co beneplácito das autoridades laborais e da Xunta de Galiza.


Os 49 despedidos da empresa do naval Celso Román concéntranse á porta do estaleiro pola recolocación e o pago dos salarios

A empresa auxiliar do sector naval Celso Román Electricidade, que traballaba en exclusiva para o estaleiro Rodman Polyships en Moaña, entregou o martes 14 de outubro as cartas de despedimento a todos os traballadores, un total de 49 por “problemas económicos”. Este mércores concentrábanse ás portas deste estaleiro os traballadores demandando o pago dos salarios adebedados, asi como a recolocación no sector naval de todos e cada un dos despedidos. Celso Román Electricidad, adicada á montaxe de instalacións eléctricas nos barcos, débelle aos seus ex-empregados a nómina do mes de setembro e os primeiros trece días de outubro.

CUT DENUNCIA …
…A complicidade da Inspección de Traballo de Vigo, que ven de dar luz verde a unha regulación de emprego en FAURECIA ASIENTOS DE GALICIA, baseada no requerimento da empresa que xustifica tal regulación en problemas de organzación. ¿Teñen que pagar os traballadores e traballadoras a incompetencia dos dirixentes dunha empresa que o ano pasado tivo 9 millóns netos de beneficios en Vigo? ¿Por que non regulan a estes dirixentes de pacotilla pola súa nefasta xestión?
Os traballadores/as de FAURECIA denuncian a tiranía represora das MULTINACIONAIS co amparo dos organismos oficiais, e convocan á clase obreira a concentrarse diante da Inspección de Traballo de Vigo, ás 10 horas, os vindeiros 24 e 31 de outubro. A unidade na loita nos fará fortes.

CCOO INFORMA


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública dará unha conferencia de prensa sobre a convocatoria de folga


Os integrantes da plataforma rexeitan as pretensións das organizacións corporativistas que pretenden que o complemento por exclusividade o cobre tamén quen traballa na sanidade pública e na privada

16-10-2008.- A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, integrada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, CIG, UGT, Confederación Galega de Asociacións de Veciños e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade, convoca unha conferencia de prensa para mañá, venres 17 de outubro, ás 12 horas.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, os voceiros das organizacións pronunciaranse sobre a folga convocada no sistema sanitario polas organizacións corporativistas que defenden ampliar o complemento por dedicación exclusiva para o persoal que traballa simultaneamente na sanidade privada e na pública.


- Convoca: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, integrada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, CIG, UGT, Confederación Galega de Asociacións de Veciños e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade