ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE



REPRODUCIMOS O COMUNICADO DE PRENSA DO COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN --
http://colectivonacionalista.wordpress.com
http://cnmarin.com.sapo.pt

AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

A Consellaría de Sanidade privatiza o servizo de citas previas do Sergas.

Desde o Colectivo Nacionalista queremos denunciar a privatización do servizo de cita previa do Sergas. A Consellaría de Sanidade enviounos unha carta a todos os cidadáns onde nos comunicaba que temos que chamar a un 902 para pedir cita para o médico de atención primaria.

Consideramos lamentábel que un goberno denominado progresista privatice desta forma un servizo público e obrigue a todos os usuarios da sanidade pública a pagar máis por realizar unha chamada pedindo cita. Ademais, esta centralización do servizo supón poñer os datos sanitarios dos galegos e galegas en mans dunha empresa privada, o que nos parece lamentábel.

Máis grave é que as persoas que máis empregan o teléfono para pedir cita son as persoas maiores que viven en zonas lonxe do centro de saúde, que non poden pedila por internet e son as que menos recursos teñen. Temos que lembrarlle á conselleira que Galiza ten as pensións de xubilación máis baixas do estado.

Esta nova situación está provocando un empeoramento da atención e das citas previas, xa que despois de chamar a este número 902, onde non teñen constancia da realidade dos centros de saúde e estar ao telefono dándolle cartos ao Sergas, os usuarios son derivados aos centros de saúde. Desta forma cando antes se facía unha chamada, agora fanse dúas.

A chamada a este número ten un custe que ten que asumir o usuario, e aqueles que teñan tarifa plana teñen que engadir un custe a maiores que terían aforrado. O Sergas vai facer negocio a conta nosa e a favorecer a unha empresa privada en detrimento dos traballadores da sanidade pública galega coa segura precarización dos postos de traballo.

Os que tanto criticaron ao anterior goberno continúan polo mesmo camiño privatizador e precarizador da sanidade pública. Demandamos que volva a xestión pública a este servizo e animamos á presentación de reclamacións pola atención deficiente, o incremento do custe e a privatización das citas previas.

De todas formas como os 902 teñen un número normal asociado, as persoas que queiran usar este servizo sen un maior custe poden chamar ao 986806350.

Marín, 30 de outubro de 2008.

Asdo.: Francisco Currás Domínguez

GRAZAS AOS E AS COMPAÑEIRAS DO COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN POR FACER PÚBLICA ESTA IMPORTANTE NOTICIA.

SEMELLANTE "DETALLE" ENCAIXA COERENTEMENTE NAS DISPOSICIÓNS PRIVATIZADORAS DA UNIÓN EUROPEA DO CAPITAL E A GUERRA. ESTAS NOS SON IMPOSTAS A TRAVÉS DA IMPOSICIÓN SEN REFERENDO DO SINISTRO TRATADO DE LISBOA, QUE SE IMPLEMENTA XA EN TODOS OS ESTADOS MEMBROS CONTANDO COA SUBMISIÓN DA SOCIALDEMOCRACIA E O REFORMISMO, QUEN APLICAN AS DIRECTIVAS LIBERALIZADORAS DOS "SERVIZOS" BARRENDO PARA DENTRO DO BENEFICIO PRIVADO E LIQUIDANDO OS NOSOS DEREITOS E PRESTACIÓNS, ASÍ COMO OS DEREITOS DOS E AS TRABALLADORAS DA SANIDADE.

NO SUCESIVO ESPÉRANOS MÁIS DO MESMO NO CASO DE QUE RENUNCIEMOS A LOITAR POLA DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE.