ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 14 de outubro de 2008

SHERLOCK II


EFECTO CAMPÁS DE DUELO

VIÚVA A CHORAR

SHERLOCK Ola. Novamente estou aquí. Son o famoso detective Sherlock Holmes.

WATSON E tamén estou eu, Watson, infaltable acompañante de Sherlock? Que misterio temos que investigar hoxe, Sherlock?

SHERLOCK Non escoitas?... Son campás de duelo.

WATSON Algún crime, algún asasinato?

SHERLOCK Están a tocar a morto en Wall Street? no centro, no cogollo, no mongondo do imperio financeiro norteamericano.

WATSON Pois deberan tocar a festa porque, se lin ben os xornais, os lexisladores gringos aprobaron o salvavidas para os bancos usureIros de Wall Street.

SHERLOCK Tes razón. Os lexisladores fixéronse cómplices do maior roubo da historia moderna.

WATSON Esquecín a cifra, Sherlock... de canto era o botín?

SHERLOCK 700 mil millóns de dólares, Watson. Se se puxesen un sobre outro eses billetes, a torre chegaría á Lúa.

WATSON Ou sexa, que o goberno gringo vailles inxectar esa millonada de diñeiro aos bancos?

SHERLOCK Boa palabra, Watson. Inxectarlles. As inxeccións son para os enfermos, verdade? A economía norteamericana está enferma. Talvez unha enfermidade terminal.

WATSON E todo ese diñeiro sae de?

SHERLOCK ? do peto dos contribuíntes norteamericanos, da xente común. As cidadás e cidadáns honestos pagan a estafa dos banqueiros. E os banqueiros, felices da vida.

WATSON Pero, entón, Sherlock, por que están a tocar a morto en Wall Street? Iso é o que non entendo.

SHERLOCK Sabes por quen dobran as campás? Polo neoliberalismo. A doutrina neoliberal? morreu.

WATSON Non entendo, Sherlock.

SHERLOCK O neoliberalismo, meu querido Watson, baseábase no famoso principio da “man invisible”.

WATSON De que man estás a falar, Sherlock?


SHERLOCK Estados Unidos dixo e repetiu e volveu repetir e a repetir que o mercado se regula só. Que o Estado non ten que meterse a arranxar as cousas do mercado. Os brillantes economistas neoliberais afirmaron que o mercado ten “unha man invisible” que o amaña todo.

WATSON Pero se é así? por que o Estado ten que lles resolver agora o problema aos banqueiros?

SHERLOCK Ese é o crime, o meu querido Watson. A famosa “man invisible” só lles serviu aos banqueiros neoliberais para estrangular aos debedores. E como a avaricia rompe o saco, eles tamén rebentaron.

WATSON E agora?

SHERLOCK Agora, na hora da crise, pídenlle a papi Estado que os salve, que os saque de apuros. E papi Estado dálles o diñeiro dos contribuíntes para que sigan prestando e explotando a eses mesmos contribuíntes.

WATSON Pero, onde quedan, entón, os principios neoliberais?

SHERLOCK Nas nádegas, querido Watson. Limparon as nádegas coa súa infalible doutrina neoliberal. Ese é o truco do neoliberalismo. Cando as cousas van ben, quedo con todo. E cando van mal, que papi Estado mo amañe.

WATSON As ganancias privatízanse?

SHERLOCK e as perdas se socializan.

WATSON Que fillos da ... eses banqueiros!

SHERLOCK Por iso, aquel poeta revolucionario Bertolt Brecht preguntábase: que delito é maior, roubar un banco ou fundalo?

EFECTO CAMPáS E REQUIEM

SHERLOCK Reza, Watson, reza pola doutrina económica neoliberal. Réquiem polo neoliberalismo e por todas as súas mentiras.

WATSON Amén.