ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 11 de outubro de 2008

RESOLUCIÓN


Partido Comunista dos Pobos de España.

Comité Central

Madrid 5 de Outubro de 2.008

O Xuíz Garzón solicitou a diversas institucións información acerca de desaparecidos durante a guerra civil a fin de que se resolva a súa competencia para investigar os crimes acontecidos durante o Franquismo. Esta iniciativa prodúcese despois de que varias asociacións de Memoria Histórica lle solicitasen a súa actuación.

O PCPE quere manifestar que esta iniciativa, NON ABRE DE NINGúN XEITO, a investigación dos crimes do franquismo e, nin moito menos o seu esclarecemento e lóxica imputación de responsabilidades. Simplemente, o Xuíz quere pescudar a súa competencia nun posible proceso sumarial acerca de “presuntos” crimes acaecidos. A Fiscalía Xeral do Estado xa manifestou a súa oposición e, como non, as forzas políticas e sociais de dereita.

En segundo lugar, afirmamos que esta iniciativa non é consecuencia da aplicación da mal chamada Lei de Memoria Histórica aprobada no Parlamento polo PSOE, EU e outros partidos que, como é sabido, pecha hermeticamente a fosa dos crimes do franquismo e evita o seu esclarecemento ao desatender ao estado das súas responsabilidades.

En terceiro lugar, faise patente unha vez máis, o divorcio entre o estado Español e a propia historia, ao ser incapaz durante 30 anos despois da morte do ditador, de crear ningunha “Comisión da Verdade” que esclarecese o que verdadeiramente ocorreu durante e despois da Guerra e tamén nos primeiros anos de “Democracia” en relación coa persecución, tortura e morte de centenares de miles de cidadáns e cidadás.

En cuarto lugar, que a providencia do Xuíz, para ser verdadeiramente eficaz, debera terse feito extensiva a todos os concellos e deputacións do estado, aos cuartelillos da Garda Civil, ás comisarías de Policía, ao Exército, a todas as institucións que colaboraron coa represión franquista (orfanatos, escolas, hospitais, bibliotecas, arquivos, colexios profesionais, asociacións civís, etc.) e as súas continuadoras, incluíndo á propia Xudicatura do estado e a institución Monárquica.

En quinto lugar, non podemos esquecer que esta iniciativa xudicial prodúcese pola presión e loita que desde a sociedade civil promoveuse durante todos estes anos, incluíndo aquí ao propio movemento republicano interesado en que se revele toda a verdade do Franquismo e os seus crimes.

En Sexto lugar, que esta iniciativa ao ser xudicial non terá en ningún caso consecuencias políticas, o que seguirá deixando nas pavías a ilegalidade e condena do réxime Franquista.

Por todo iso, consideramos que aínda que nos aledemos de que o Xuíz perseguidor dos dereitos e liberdades de moitos cidadáns e cidadás no estado español e na súa liña de martelo sen efecto de famosos ditadores e torturadores, empece con isto, moito nos tememos que o efecto que pretende conseguir, é o de desactivar, a través da confusión e a división, ao puxante Movemento Republicano e da Memoria.

Non só se trata de Xustiza Penal, que por suposto esiximos, senón tamén de Xustiza Política. A condena do Franquismo como un réxime criminal e ilegal non só require de mornas iniciativas xudiciais, necesitaría que o propio estado rachase política e institucionalmente co réxime franquista pero como podería facelo se este estado é continuador a través das leis franquistas do franquismo? Os crimes de Franco foron unha consecuencia lóxica da condición global de criminalidade de todo o sistema e faise necesaria por tanto non só a imputación concreta deses crimes senón a total condena do Franquismo e proclamar a súa ilegalidade.

Trataríase entón dunha estratexia de distracción, ao reducirse a condición da ditadura á das actuacións dunha serie de criminais concretos.

Por último reiteramos que a verdadeira xustiza acadarase cando rache co franquismo e para iso fai falla superar o marco xurídico-político da Constitución de 1978, e iniciar o proceso constituínte pola III República.