ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 12 de junho de 2008




Comité Executivo


ANTE A CRISE CAPITALISTA, UNIDADE DOS SECTORES POPULARES.

A crise capitalista está levando á ruína a importantes sectores populares. Será a clase obreira quen, en primeiro lugar, soporte as consecuencias da crise. A taxa de explotación increméntase día a día: esténdese a precariedade, aumenta o desemprego e a sinistralidade laboral, alongase a xornada laboral, realízanse horas extras que non se pagan e continúa imparabel a perda de capacidade adquisitiva dos salarios. Todo iso acompañado dun endebedamento insoportable para as familias traballadoras, atadas de pés e mans por préstamos e hipotecas que incrementan o beneficio do capital financeiro, expresión máis parasitaria do capitalismo.

A pequena burguesía e sectores da burguesía non monopolista comezan tamén a pagar as consecuencias da crise económica. O incremento dos custos de produción, consecuencia directa da anarquía e do espolio constante dos recursos naturais que caracterizan ao sistema imperialista mundial, conduce directamente á sobreexplotación da clase obreira e á ruína e proletarización das denominadas capas medias, incapaces de competir cos monopolios. Toda crise capitalista é acompañada inexorábelmente do consecuente proceso de centralización da produción e de concentración da propiedade nas mans dos monopolios.

As mobilizacións do sector pesqueiro e do transporte son consecuencia directa da crise e das dimensións que pode adquirir o conflito social ante a crecente desesperación de importantes sectores populares. Ante as mobilizacións do sector do transporte queremos manifestar os seguintes aspectos:


A nosa máis contundente crítica aos sectores dominantes do sector, aos grandes propietarios e ás súas organizacións, que como auténticos tiburóns buscan seguir incrementando os seus beneficios e aumentando a súa cota de mercado levando á ruína aos pequenos transportistas e explotando ata a extenuación aos traballadores e traballadoras do sector. Esiximos o abono dos salarios aos traballadores e traballadoras que se viron forzados, directa ou indirectamente, a non desenvolver o seu traballo por vontade exclusiva dos patróns.

O noso respaldo ás reivindicacións e a toda mobilización aos traballadores e traballadoras do transporte enfrontados á súa propia patronal, que lles obriga a realizar xornadas extenuantes a camiño de salarios de miseria. E dos traballadores autónomos, aos subcontratados, a quen os monopolios repercuten os crecentes custos de produción, lles impoñen as tarifas, e os obriga a pasar a vida na estrada para non chegaren sequera a fin de mes.

O noso respaldo aos traballadores da mar, aos pescadores e pescadoras, que ven como ás súas penosas condicións laborais se suma un asfixiante incremento dos prezos do combustibel que levará ao desemprego a importantes sectores mentres o Governo é incapaz de frear as constantes importacións ao ser parte implicada na repartición de caladoiros e de cotas de produción e mercado entre as potencias imperialistas do a UE.




Froito do imparabel proceso de concentración capitalista, a estratexia das grandes empresas do transporte pasa tanto polo aumento da explotación dos seus traballadores e traballadoras como pola eliminación de todos os seus competidores máis débiles. Nun momento de crise estrutural do transporte por estrada, este proceso de concentración, igual que o de explotación, agudízase e expresa con claridade a contradición de clases existente na sociedade capitalista. A grande burguesía fronte á clase obreira e os sectores populares da pequena burguesía (campesinado, pequenos armadores, transportistas autónomos cuns poucos empregados, pequenos comerciantes, taxistas?). A ofensiva capitalista, pretendendo que a crise que exclusivamente xeraron eles a paguemos a clase traballadora e os sectores populares desenvólvese contra todos e en todas as frontes: directiva das 65 horas semanais, perda de poder adquisitivo dos salarios, horas extras que non se pagan, incumprimento de convenios colectivos, ETTs, monopolios, beneficios fiscais para as grandes empresas.

Diante desta situación o PCPE fai un dobre chamamento á clase obreira e a todos estes sectores populares obxectivamente afectados polo desenvolvimento capitalista a que unan as súas forzas na loita contra o sistema capitalista. Corresponde, como clase socialmente emerxente, á clase obreira e ás súas organizacións políticas e sindicais ofrecer un marco de colaboración a estes sectores da pequena burguesía condenados a proletarizarse. Eles, esa pequena burguesía en decadencia económica e social, deben aceptar ese ofrecemento e, asumindo, o seu destino social iniciar, unidos coa clase traballadora, unha loita consecuente polos seus dereitos como traballadores e contra os monopolios e as grandes empresas do sector do transporte. A maioría destes chamados autónomos son traballadores obrigados polas empresas para as que traballan a converterse en falsos empresarios. A súa loita está en dignificarse como traballadores/as e non en pretender alongar a súa inevitabel agonía económica e social.

Denunciamos ao governo do PSOE como xestor e representante dos intereses das grandes empresas e a oligarquía. O acordo acadado coa patronal dos grandes empresarios do transporte por estrada, así como a súa aposta por continuar desmantelando o transporte ferroviario de mercancías, sitúano en liña co que representa a Unión Europea e o Tratado de Lisboa, como un inimigo da clase obreira e os sectores populares.

Ante os primeiros conatos de conflito social, o governo da socialdemocracia e o resto de forzas políticas parlamentarias ensinaron xa o seu verdadeiro rostro de xestores eficaces da crise capitalista. Para iso, tras votar unanimemente (Esquerda Unida incluída) no parlamento a posición presentada polo PP, puxeron en marcha unha agresiva estratexia baseada en:

1 - Negociar coa fracción monopolista dos sectores implicados no conflito, en contra dos sectores autónomos e non monopolistas.

2 - Pór en macha unha estratexia mediática dirixida a criminalizar todo tipo de mobilización popular, tratando de aproveitar peches patronais para situar no punto de mira o seu verdadeiro obxectivo: atacar o dereito á folga e lexitimar a brutal acción represiva das forzas de represión.

O Ministro Rubalcaba deixouno claro: 25.000 efectivos policiais á rúa para loitar contra os piquetes, que segundo as súas propias palabras, “son ilegais”. O Governo da socialdemocracia, pon en marcha o aparello represivo e a campaña mediática que lexitima a súa actuación, cun claro propósito: neutralizar a resposta da clase obreira ante as medidas reaccionarias que se preparan no marco da UE e do Tratado de Lisboa da man da chamada “flexiseguridade”. A aprobación da directiva que establece a xornada laboral de 65 horas é a mellor mostra do futuro que o imperialismo depara aos traballadores e traballadoras no marco da escravitude asalariada.

Chamamos ás organizacións políticas e sindicais da clase obreira a tomar a iniciativa para unir todas as loitas que veñen dando nun marco político superior que, na perspectiva do Socialismo, enfronte no concreto as políticas lesivas para os nosos intereses e os dos sectores populares. Contra a privatización e polo control público da xestión dos servizos básicos (sanidade, educación, seguridade) e os sectores estratéxicos da economía (enerxía, telecomunicacións, banca, seguros, transporte pasaxeiros, ferrocarril); pola consolidación e a recuperación de dereitos, non á Unión Europea e ao Tratado de Lisboa; pola soberanía monetaria, rexeitemos o Euro e o Banco Central Europeo; por un transporte sostivel esiximos un plan estratéxico de desenvolvimento do ferrocarril para persoas e mercancías e opómonos ao desenvolvemento de máis infraestruturas inviabeis social e economicamente (AVE e autoestradas).

Só cabe unha resposta á crise capitalista e á ofensiva contra a clase obreira que a UE prepara para descargar sobre as capas traballadoras e populares os seus efectos:

l Combate frontal contra o incremento da carestía da vida.

l Frear a escalada de represión e o recorte de liberdades e dereitos.

l Reactivar o sindicalismo de clase, desde a base, desde as asembleas de traballadoras e traballadores.

l Unir a todas as forzas obreiras e populares contra a crise.

l Preparar as condicións para a convocatoria dunha folga xeral en defensa dos intereses da clase obreira e do povo fronte á crise do capitalismo monopolista e a Unión Europea, verdadeiro Estado Maior dos monopolios.

A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS

COMITÉ EXECUTIVO DO PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA


quarta-feira, 11 de junho de 2008


COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA

CONVOCATÓRIA
conferencia ALLENDE VIVE por luis sepúlveda
26 xuño ás 20.30, ronda de nelle 31
COSAL CORUÑA

11 de setembro de 1973 santiago de chile


...Nestes tempos difíciles, os traballadores están descubrindo os segredos da economía. Están aprendendo que non é imposible producir sen patróns, nin abastecerse sen mercadores. Pero a multitude obreira marcha sen armas, baleiras as mans, por este camiño da súa liberdade.

Desde o horizonte veñen uns cantos buques de guerra dos Estados Unidos, e exhíbense diante das costas chilenas.


Allende

...varias veces dixo que non ten madeira de apóstolo nin condicións para mártir. Pero tamén dixo que vale a pena morrer por todo aquilo sen o cal non vale a pena vivir.

Os xenerais alzados esíxenlle a renuncia. Ofrécenlle un avión para que marche de Chile. Advírtenlle que o palacio presidencial será bombardeado por terra e aire.

Xunto a un puñado de homes, Salvador Allende escoita as noticias. Os militares apoderáronse de todo o país. Allende pon un casco e prepara o seu fusil. Resoa o estrondo das primeiras bombas. O presidente fala por radio, por última vez:

“Eu non vou renunciar...”




Unha grande nube negra erguese desde o palacio en chamas.(...)

Soa música marcial sobre un fondo de explosións e metralla: as radios emiten bandos e proclamas que prometen máis sangue, mentres o prezo do cobre se multiplíca por tres, de súpeto, no mercado mundial.

O poeta Pablo Neruda, moribundo, pide noticias do terror. Por intres consegue durmir e durmido delira. A vixilia e o sono son un único pesadelo. Desque escoitou por radio as palabras de Salvador Allende, o seu digno adeus, o poeta entrou en agonía.

eduardo galeano

terça-feira, 10 de junho de 2008

65 horas semanais


65 horas semanais
65 horas semanais

O Consello da UE aprobou unha directiva que permite que a xornada laboral se amplíe a 65 horas semanais. Co silencio cómplice dos sindicatos, a UE cárgase 150 anos de loitas obreiras.
Por Teodoro Santana - tomado de kaosenlared

O Consello Europeo de ministros aprobou unha directiva que permite que a xornada laboral se amplíe a 65 horas semanais. Discretamente, e co silencio cómplice dos sindicatos, a Unión Europea cárgase século e medio de loitas obreiras.

O governo metropolitano dixo que no Estado español non vai cambiar o Estatuto dos Traballadores, que regula unha semana laboral de 40 horas. Con todo, a aprobación da ampliación da semana laboral e a ruptura da xornada diaria de 8 horas ten perniciosas consecuencias.


En primeiro lugar, un maior dumping social dentro da UE. As multinacionais presionarán aos governos para incrementaren a semana laboral por dúas vías: a ameaza de deslocalización, e a posibilidade de implantación sempre e cando aumente a xornada laboral.

En segundo lugar, a utilización da directiva Bolkenstein (que, aínda que non foi aprobada, aplícase de facto), que supón permitir ás empresas a aplicación da lexislación laboral do país de orixe dos traballadores que contrate, aínda que estean noutro. A Corte Europea de Xustiza ditou tres sentenzas favorables a subcontratas que exercían o dumping en Alemaña, Suecia e Finlandia (casos Laval e Viking).

Se un país incrementa a semana laboral ata as 65 horas poderá “exportar” traballadores a calquera punto da UE. Pronto veremos diferenzas na xornada laboral de 25 horas entre uns e outros traballadores.

A directiva contempla ademais que as horas que os médicos dormen no hospital durante as gardas, serán contabilizadas como tempo de descanso. En canto aos traballadores de ETTs perden todos os seus dereitos: estarán catro meses sen ser considerados asalariados e, xa que logo, sen protección algunha, nin posibilidade de esixir o cumprimento das leis laborais.

Unha Europa na que sopran ventos neofascistas, dita en poucos días unha normativa contra a inmigración sen papeis -que converte en legais accións contra os máis elementais dereitos civís- e un recorte nos dereitos laborais que nos retrotrae ás cavernas do capitalismo máis selvaxe da revolución industrial.

Podemos seguir mirando para outro lado, entregados ben á depresión, ou á política como un entretemento, pero sen rigor. Ou podemos organizarnos en serio. E loitar.






CUT :A sinistralidade laboral continúa en Galicia con cifras que non paran de medrar,
con vintesete mortos no que vai de ano, cifras que falan por si soas e evidencian o fracaso das políticas de prevención de riscos laborais e da necesidade imperiosa de darlle unha resposta contundente ao egoísmo patronal, que con tal de amasar beneficios non dubidan en segar vidas humanas.



Os días 13 e 14 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais de Economía Social organizadas pola CIG en colaboración coa Federación de Cooperativas SINERXIA.

Tanto para a CIG como para SINERXIA, estas xornadas constitúen unha oportunidade para dar a coñecer os valores do cooperativismo e a contribución de ambas organizacións na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.


segunda-feira, 9 de junho de 2008


A SUBIDA DAS TARIFAS ELÉCTRICAS

Consecuencia directa do roubo da oligarquía española e do neoliberalismo imposto pola UE

Preparemos a máis ampla mobilización popular

O Governo Zapatero está anunciando a próxima subida (probablemente de 5/6%)das tarifas eléctricas para xullo.

Ademais anuncian de que no que resta do ano pode darse outra subida máis. Quizáis ata chegar ao 30% que anunciou Solbes na lexislatura anterior.

Esta subida sumarase á que xa aprobou o anterior governo da socialdemocracia liberal o pasado xaneiro, por un monto do 2,8%.


Tamén se fala da supresión da tarifa nocturna da que se benefician un millón de persoas na actualidade, e a quen iso suporía unha subida do 50% na factura.

No entanto, ¿Cómo vai o negocio das eléctricas?


ENDESA aumenta no 2007 o beneficio do 2006: 9,90%


U. FENOSA 55,24%


IBERDROLA 41,77%


HIDROCANTÁBICO 25,00%




Entón cal é a razón das subidas de tarifas do governo?

É a consecuencia lóxica da privatización

do sector eléctrico (negocio altamente rendíbel)nas mans do bloque dominante burgués e a extensión internacional destas empresas, nomeadamente en Latinoamérica.

Para amortecer o impacto destas privatizacións sobre a economía dos fogares, e no sector industrial, á vez que se garanten enormes beneficios, o governo subvenciona cada ano a estas rendibeis empresas con parte do custo -e dos beneficios- da súa produción.

No ano 2006 o governo pagou 4.000 millóns de euros segundo cifras provisionais.

Malia que, ainda sen subvencións, estas empresas seguirían tendo un saldo positivo de beneficios.

A UE (os oligarcas europeos) din que nunha economía de mercado non é lícito subvencionar as tarifas eléctricas,e o governo Zapatero dócilmente carga sobre as economías familiares a voracidade das empresas eléctricas.

O neoliberalismo e a economía de mercado carga sobre as costas da povoación a cobiza do sector eléctrico deste país.

Fronte a estas políticas, os comunistas defendemos a propiedade colectiva dos grandes medios de produción e, entre eles, das empresas do sector eléctrico.



ESIXIMOS O CONTROL ESTATAL DO SECTOR ELECTRICO

NON Á SUBIDA DAS TARIFAS!

A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS



MOBILIZACIÓN POPULAR CONTRA O GOVERNO DA PATRONAL!

COMUNISTAS DA GALIZA (PCPE)








defendamos a nosa ría

MÉRCORES 11 DE XUÑO: ás 20,00 h. no Salón de Actos de BELAS ARTES
MESA REDONDA

AUTORIZACIÓN AMBIENTAL:
UN PASO MÁIS NA CONSOLIDACIÓN DE ENCE / ELNOSA
Miguel Anxo Fernández Lores.
Alcalde de Pontevedra
Alba Nogueira López.
Profesora de Dereito. U.S.C.
Modera: Vicente García Legísima. Avogado


    O XORNAL HOXE, 9 DE XUÑO

  • O día Mundial dos Océanos deriva nunha protesta contra do Plano Acuícola. Grupos ecoloxistas galegos e asociacións lanzan un SOS polo litoral galego e polo mar, onde o 75 das especies está sobreexplotado e moi ameazado (alteracións e malformacións xenéticas) polo Plano Acuícola e o urbanismo litoral: depredación capitalista e turistificación das nosas rías.

  • SERRABAL, mina de cuarzo. Operarios de RAMSA, concesionaria da explotación desta mina, oporánse ao inicio alí das obras do AVE

  • REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA. Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizou onte aos ferroláns contra esta planta regasificadora sentenzada como ilegal desde 2004

sábado, 7 de junho de 2008



Conflicto pesqueiro na Galiza, no Estado e na Europa dos monopolios. A crise do capital, que a paguen os ricos


O mesmo petróleo que estragou e estraga os caladoiros e as nosas rías está agora a ameazar a supervivencia dos mariñeiros ante o imparábel aumento do prezo do gasóleo. O encarecemento do gasóleo naval é a mesma realidade que a de todos os cidadáns e cidadás ao mercar combustíbel para o seu coche, ao pagaren a factura da luz ou ao mercar calquera produto que precise de transporte en grande desprazamento.

A actual crise demostra que o modelo productivo imposto pola UE dos monopolios, dependente e baseado no consumo de gasolina, quebróu, e segue a destruir sectores productivos estratéxicos como son na Galiza o agro-gandeiro e o pesqueiro. Namentres, Repsol YPF obtivo no 2007 uns beneficios de mais de 3000 millóns de euros; Campsa case 2000 millóns, Cepsa 748, a Shell 18.680 millóns de euros!!! Quen se leva os cartos do abusivo prezo dos combustíbeis son os monopolios capitalistas, a costa das e os que traballamos para sobrevivir.

Por outra banda, as durísimas cotas e restriccións impostas pola UE afectan tanto á nosa pesca como á producción agrícola e gandeira. Impoñensenos importacións de distribuidores foráneos cun prezo co que o pequeno produtor non pode competir. Que non veña agora a dereita europea, nen española, nen galega, embandeirándose demagóxicamente coas reivindicacións dos grandes armadores, que por outra banda descargarían, algunhas delas, a crise, unha vez mais, sobre as costas dos traballadores( subvencións , exoneración cotizacions á Seguridade Social, etc., esixidas pola grande patronal pesqueira española e que non obtiveron de momento o apoio dos Sindicatos dos traballadores do Mar); que non veña a dereita manipulando a desgraza dos traballadores do mar, pois é un resultado lóxico da globalización imperialista imposta aos povos polos monopolios que ela representa.

A caída do prezo do peixe nas lonxas está directamente relacionada con este fenómeno e mentres produce a ruína dos pequenos productores, engorda sustancialmente os beneficios das intermediarias e as distribuidoras.

Compre lembrar, estes días nos que tanto se fala na prensa das perdas da grande patronal pesqueira, que o abaratamento dos custos de producción se está a acadar sobreexplotando ós mariñeiros asalariados, e depredando de xeito irreversíbel os nosos recursos mariños e pesqueiros na percura do beneficio privado dos mais ricos.

A CRISE DO CAPITAL , QUE A PAGUEN OS RICOS!!!

Comunistas da Galiza (PCPE)


novas sindicais

Os nove traballadores que conforman o comité de empresa de Draka Cables permaneceron encadeados durante dúas horas en dous silos de almacenamento de plástico situados nas instalacións da empresa, na localidade de Mos, para reclamar unha "recolocación digna" dos 100 empregados da planta, que ten previsto pechar este ano.

A primeiras horas da mañá do xoves 5 de xuño, traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón concentrábanse no banco cero da mina para intentar evitar o topografiado do terreo a partir do cal darían comezo as obras do TAV. Desta volta conseguiron impedir os traballos preliminares, aínda que saben que os técnicos do ADIF volverán nos próximos días. Por iso xa anunciaron que continuarán coas concentracións e coa demanda de cambio de trazado.

Traballadores da inmobiliaria MARTINSA – FADESA en A Coruña protagonizaron o 6 de xuño unha protesta simbólica, ao ceibaren centos de globos para evidenciar ante a cidadanía que o seu futuro laboral está “no aire”.

O cadro de persoal continúa á espera de que a inmobiliaria presente o plan de emprego, que anunciou que faría público na primeira quincena deste mes. Os traballadores esixen o mantemento do nivel de emprego e da sede da empresa na cidade. Mentres, seguirán mobilizándose cada venres ás portas da inmobiliaria.

O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña rexistrou, o 6 de xuño no Edificio Administrativo da Xunta na cidade, as dúas mil sinaturas de apoio que recolleu nas últimas semanas e que solicitan a dignificación dos salarios dos traballadores da institución.

Os traballadores de Rafer, unha empresa do Metal de Vigo, comezaron a mobilizarse o venres 6 de xuño en contra do cambio de horario que lles impuxo a empresa, e que obriga a estes traballadores, que sempre tiveron dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, a realizar desde maio unha xornada partida. A xerencia decidiu mudar repentinamente os seus horarios e sen ningunha negociación cos traballadores.


sexta-feira, 6 de junho de 2008




A SUBIDA DAS TARIFAS ELÉCTRICAS

Consecuencia directa do roubo da oligarquía española e do neoliberalismo imposto pola UE

Preparemos a máis ampla mobilización popular

O Governo de Rodríguez Zapatero está anunciando a próxima subida das tarifas eléctricas para o mes de xullo, polo que neste mes de xuño o Consello de Ministros procederá a aprobar a nova tarifa. Como preparación psicolóxica lanzouse en primeiro lugar a cifra do 20% de subida, para logo “rebaixala” a unha cifra por volta do 5/6%, que é a que semella que será finalmente aprobada.

Ademais esta nova subida vai seguida do anuncio de que no que resta do ano pode darse outra subida máis. Podemos supor que ata chegar ao 30% que anunciou Solbes na lexislatura anterior.

En primeiro lugar hai que dicir que esta subida sumarase á que xa aprobou o anterior governo da socialdemocracia liberal o pasado xaneiro, por un monto do 2,8%. Tamén nesa ocasión o governo ameazou cunha subida moito superior para logo deixala nesa cifra.

Tamén se fala da supresión da tarifa nocturna da que se benefician un millón de persoas na actualidade, e a quen iso suporía unha subida do 50% na factura. O governo por momentos desmente esta medida e noutros a confirma.

Para analizar esta cuestión convén dar unha ollada a como vai o negocio das eléctricas no noso país para tratar de analizar as razóns da subida. Mirando os datos de beneficios declarados no pasado ano 2007 temos:
Empresa Beneficios % s/ ano 2006


ENDESA 2.675.000.000 9,90%


U. FENOSA 986.356.000 55,24%


IBERDROLA 2.353.736.000 41,77%


HIDROCANTÁBICO 200.000.000 25,00%


Como se pode aprezar con claridade as principais empresas do sector presentan uns cuantiosos beneficios que, en todos os casos, supoñen un notabel incremento con respecto ao ano anterior. No caso de Unión Fenosa e Iberdrola no nivel do escándalo.

Entón cal é a razón das subidas de tarifas do governo?

É, primeiro de nada, a consecuencia lóxica das privatizacións e das políticas neoliberais dos governos da chamada transición democrática.

Co proceso de privatizacións sucesivas do sector eléctrico o bloque dominante burgués fíxose coa propiedade dun dos negocios máis rendibeis da economía española. Na medida que é un servizo imprescindibel nos fogares e en todos os sectores da produción, mantense unha clientela cativa na que cada usuario ten un contador colocado na súa casa e/ou centro de traballo. Iso permitiu en pouco tempo a extensión internacional destas empresas, nomeadamente en Latinoamérica.

Para amortecer o impacto destas privatizacións sobre a economía dos fogares, e en parte tamén no sector industrial, á vez que se garanten enormes beneficios, o governo subvenciona cada ano a estas rendibeis empresas con parte do custo -e dos beneficios- da súa produción.

No ano 2005 pagouse por parte do governo 3.800.000.000 de Euros a estas empresas, e no ano 2006 ata 4.000.000.000 segundo cifras provisionais.

Se comparamos estas cifras cos beneficios totais obtidos por estas empresas vemos que a cantidade subvencionada é inferior aos beneficios obtidos. É dicir, que sen subvencións aínda estas empresas seguirían tendo un saldo positivo de beneficios.

Agora chega Bruxelas -é dicir a UE- e cuestiona que nunha economía de mercado sexa lícito subvencionar as tarifas eléctricas, e para cumprir co mandato dos oligarcas europeos o governo Zapatero púxose dócilmente a cargar sobre as economías familiares as ansias de beneficios das empresas eléctricas.

É dicir, se este sector estivese controlado polo estado non nos atopariamos ante esta ameazante situación de sucesivas subidas das tarifas eléctricas.

O neoliberalismo e a economía de mercado onde nos leva é a cargar sobre as costas da povoación a cobiza do sector eléctrico deste país.

Fronte a estas políticas hai que erguer a reivindicación programática do PCPE da propiedade colectiva dos grandes medios de produción e, entre eles, das empresas do sector eléctrico.

A loita popular contra este modelo, que endurece as condicións de vida dos sectores populares, é un factor fundamental para mudar o actual estado de cousas. Contra esta anunciada subida comecemos a organizar unha masiva protesta popular, para lle parar os pés ao governo da patronal que preside Rodríguez Zapatero.

Coordenar todas as accións posibeis, apagamentos, manifestacións, etc. é o reto que temos exposto para estas próximas semanas.



quinta-feira, 5 de junho de 2008



LIBERDADE PARA OS 5 COMPAÑEIROS CUBANOS

PRESOS NOS CÁRCERES DO IMPERIALISMO


A SOLIDARIEDADE DOS POVOS CONQUISTARÁ A

SUA LIBERDADE


COMUNISTAS DA GALIZA (PCPE)




A LOITA DOS POVOS CONQUISTARÁ A LIBERDADE DOS 5 COMPAÑEIROS CUBANOS


A Corte imperialista de Atlanta emitiu unha decisión pola que se confirman as condenas dos compañeiros Gerardo Hernández (duas cadeas perpétuas e 15 anos de prisión) e René González(15 anos de prisión).

Asemade, os casos de Ramón Labañino, Fernando González e Antonio Guerrero deberán der revisados pola mesma xuíza que, no seu día, e obviando a legalidade internacional e estadounidense, ditou as inxustas e desmesuradas condenas.


O aparato represivo e xudicial ianqui servil ao imperialismo confirma coa sua decisión o carácter político do proceso seguido contra os cinco loitadores antiterroristas cubanos, como parte da guerra non declarada que os EEUU emprendeu no ano 59 contra a Revolución e o Povo cubano e que continúa ata hoxendía. Proceso ilegal, como ilegal foi deixar en liberdade ao terrorista Luis Posada Carriles.


SÓ A LOITA INTERNACIONALISTA DOS POVOS SERÁ QUEN DE LIBERAR AOS NOSOS COMPAÑEIROS INXUSTA E ILEGALMENTE ENCARCERADOS.


MOBILICÉMONOS POLA LIBERDADE DOS CINCO


COMUNISTAS DA GALIZA (PCPE)







Unidade sindical, silencio mediático


O PODER DE TELEFONICA NOS MEDIOS SILENCIA A 6000 FOLGUISTAS

O sindicato comisións de base, COBAS, xunto aos sindicatos bascos ESK, LAB, e ELA, ao sindicato galego CIG, e tamén xunto a AST maioritaria en Madrid, con EC en Barcelona, e apoiado CXT nalgunhas provincias, seguimos convocando xuntos, a nivel estatal, a todo o persoal de Telefónica a folgas de 3,5 h para todos os xoves, os próximos días 5, 12 e 19 de Xuño, coincidindo coa reunión da Mesa negociadora do Convenio colectivo.

Ante a actitude da empresa, a pasada semana realizouse a primeira xornada de paros cunha alta participación, especialmente naquelas provincias con implantación dos sindicatos convocantes. Á súa vez, ao longo da semana estanse realizando concentracións e asembleas chamando aos paros nos centros de traballo e diante de actos propagandísticos de Telefónica. Os responsables de publicidade da prensa néganse a publicar anuncios dos traballadores para non perderen á grande multinacional anunciante.

Telefónica non concedeu nada do esixido polas e os traballador@s na mesa de negociación en asuntos tan fundamentais como: a creación de emprego de calidade, 35 horas, a mellora do poder adquisitivo (IPC 2), a inclusión de medidas que permitan conciliar a nosa vida laboral e persoal (xornada partida máximo ata as 18h), eliminación da subcontratación (38.000 instaladores) ou a normalización lingüística, xa que non se garante en ningunha das 3 comunidades a atención en bilingüe tal e como obriga a lexislación actual.

Sumando a esta “non concesión de nada do esixido”, a empresa mantense en negociar nunha mesa de negociación permanente unha proposta gravemente regresiva para os e as traballadoras. Intenta modificar totalmente a actual estrutura de funcións rompendo o modelo salarial actual, baixando os soldos base, acabando coa antigüidade, flexibilizando a xornada cunha bolsa de 90 horas anuais a disposición do mando, para podermos traballar ata 12h ao día sen cobrar horas extras e acabando cos sistemas obxectivos de promoción.

Esta suma, xunto á subida do 27% dos soldos base dos directivos, a Zaplanada, etc, obrigounos a ter que convocar mobilizacións esixindo a retirada da proposta da empresa e en defensa das reivindicacións das e os traballadores.

Esperemos que predomine a ética xornalística e os cidadáns poidan coñecer a realidade da principal multinacional do país. Realizarase unha manifestación ás 13h fronte á sede de Telefonica en Avda de Roma, se a prensa tampouco pode acudir, podedes contactar coa maioría dos delegados a través do comité de empresa:

Comité de Empresa de Telefónica Barcelona

Josep Bel


compañeir@s, coñecida esta mañán a resposta do onceno circuito de Atlanta ratificando as condenas aos Cinco Heroes cubanos, a cal confirma o carácter político do proceso contra os Cinco, propoñemos que a resposta sexa inmediata fronte aos Consulados e Embaixada dos U.S.A. A Corte Imperialista de Atlanta ratificou as condenas aos nosos cinco camaradas presos do Imperio.

Só a solidariedade internacionalista dos povos será quen de liberar aos Cinco compañeiros!!



quarta-feira, 4 de junho de 2008



XIX ESCOLA ESTATAL DE FORMACIÓN dos Colectivos de Xovenes Comunistas
DO 16 AO 20 DE XULLO

Os Colectivos de Xoveness Comunistas convocamos a nosa vindeira XIX Escola Estatal de Formación,
que terá lugar entre os días 16 e 20 de xullo. Este ano, será o Colectivo de Alacante quen
acollerá a celebración da Escola.
Para unha organización que se define como "escola de comunistas", a formación é un aspecto
esencial da vida militante. Por iso, eventos como a Escola Estatal teñen grande importancia. Ano a ano,
melloramos a organización das nosas escolas.
Este ano, prevemos superar a grande asistencia da derradeira XVIII Escola de Madrid. Pero non se trata só dunha cuestión numérica. Tamén introducimos a aprendizaxe por niveis, encontros sectoriais
ou unha Mesa Redonda, co que o avance será tamén cualitativo.
Tentaremos tocar cada un dos grandes grupos temáticos do marxismo: a Historia, a
Filosofía, a Economía Política e o Socialismo Científico. En concreto, algúns dos temas que se tratarán
serán "O proceso da Transición", "A dialéctica como método de coñecemento", "Bases da Economía
Política" ou "O dereito de autodeterminación".
Pero o noso coñecemento non só é teórico, senón que tamén ten que ser necesariamente
práctico. Por iso, todas as escolas conteñen un grande número de obradoiros. Entre eles, traballaremos "a
cuestión do rol dentro do Feminismo" ou "a organización do próximo Festival Mundial da Mocidade e os
Estudantes".
Numerosos cadros do Partido Comunista dos Povos de España participarán na Escola,
axudándonos a avanzar na nosa formación. Pero tamén contaremos con momentos de lecer: actividades
deportivas e unha festa, entre outros, forman parte da nosa axenda de lecer.
Un aspecto que sempre destacamos é o grande ambiente de camaradería entre os e as
participantes. Neste sentido, o ano pasado lembrabamos que unha organización comunista non pode
existir sen se preocupar de crear un home e unha muller nova, sen unha moral comunista que confronte cos
valores decandentes da sociedade capitalista. O exemplo do Che, no 40 aniversario da
súa desaparición en combate, servíanos para ilustralo.
Este ano, ademais, destacamos o compromiso, nun ano no que PCPE e CJC lembramos a Antonio
Gades. Co seu exemplo de compromiso, na arte e na militancia, convocamos a esta nova
Escola, que sen dúbida será un paso de avance máis para a nosa organización.
Comité Central dos CJC
4 de Xuño do 2008



http://www.cjc.es
cjc@cjc.es


Hoxe 3 de Xuño, ás 11, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamento contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., e o seu rexeitamento ás ameazas que se prevén para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes. A planta constitue unha ameaza para a seguridade de miles de persoas. O seu funcionamento incumpre a lexislacion vixente.

O Domingo 8 de Xuño, ás 12. desde o porto de Curuxeiras, sairá unha Manifestacion

en Defensa da Ría convocada polo Comité Cidadán de emerxencia para a Ría de Ferrol.

Este é o texto da convocatoria:

A Autorización Definitiva concedida polo Ministerio de Industria, pode influír nalgún sector da poboación no senso de desanimalos a seguir dando a batalla contra Reganosa.
“Levamos 8 anos de loita, contra un adversario potente, (conxunción do poder economico-politico-mediatico), unha loita que vai a proseguir en todas as súas vertentes, terá un longo recorrido ata acadar a paralización da planta de Reganosa.
“Como todas as loitas populares, en defensa da vida e do ben común, esta tamén é unha loita de resistencia. Non só contan as grandes accións e mobilizacións. As concentracións e caceroladas que vimos realizando, menos numerosas en participación, pero constantes, ante a entrada de gaseiros; as actuacións diante da Xustiza, das Administracións; a presenza en feiras, congresos, xornadas , foros e plataformas... darán os seus froitos.
“Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
“Mobilicémonos!”

Galiza Non se Vende mobilizarase este domingo día 8 para amosar o seu apoio á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol e outros colectivos.

______________________________________________________________________

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia o verquido ilegal de perto de cen camións cargados con entullo -que provén das obras que se están a realizar para a construción da vía do AVE- no Monte da Caritaina, lugar do Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Pontesampaio.

Nunha nota de prensa feita pública hoxe, 3 de Xuño, o grupo ecoloxista ERVA, fai unha chamada de atención sobre a política levada a cabo pola Consellería no tocante á protección dos ríos. ERVA manifesta asemade o seu apoio aos traballadores de Medio Ambiente represaliados (expedientados).


terça-feira, 3 de junho de 2008

Flexiseguridade, a estratexia de Lisboa hoxe en día

A proposito do libro verde da Comisión Europea

Jo Cottenier, membro do Buró político do Partido do Traballo de Bélxica.

Este artigo é unha versión elaborada da contribución do autor á
Conferencia de catro partidos comunistas en Beerlen, o 17 de xaneiro de 2007.

Publicado en Etudes Marxistes n°78 (2007) - www.marx.be/FR/em_index.htm
Traducido ao castelán pola Mocidade Comunista de Asturies.



No seo da Unión Europea prepárase unha ofensiva que ten como
obxectivo introducir máis flexibilidade aínda sobre o mercado de traballo.
Isto deberá ser un dos principais eixos do plan plurianual 2008-2010
que quere alcanzar os obxectivos da Estratexia de Lisboa. No libro
verde da Comisión Europa, o tema é presentado como unha transaccional
honesta: a lexislación do traballo ofrece demasiada protección aos
traballadores con contrato fixo e demasiado pouco aos que teñen contrato
flexible. Fai falta máis flexiseguridade, é dicir flexibilidade e seguridade
ao mesmo tempo. Aquí faise referencia aos exemplos de Dinamarca e
Holanda. Nos feitos, trátase dun ataque de envergadura contra o
dereito ao traballo en vistas dunha desregulación global.(...)

flexiseguridade




MEMORIA HISTÓRICA

Este sábado, día sete, ás 20,30 horas, a asociación A Oliveira de Teo e a asociación Anxel Casal de Arzúa, no edificio Sociocultural María Mariño de Arzúa, celebran un acto sobre o teense Benjamín Salgado Uribe, alcalde de Carbia no ano 1936, que foi veciño de Arzúa, como home libre e como home perseguido polo fascismo, durante grande parte da súa vida.

a Oliveira DE TEO

Sindicais hoxe

CUT:

Comezan en Pontevedra os xuízos contra Medio Ambiente por practica-la represión sindical


Os traballadores da empresa de ascensores Schindler concentráronse diante da sede da empresa en Vigo o 2 de xuño, na segunda xornada de folga que manteñen pola negociación do convenio colectivo, despois de perto de dous anos de tentativas de negociación colectiva, ás que a empresa se nega (CIG)


Unión Local da Confederación Intersindical Galega en Valdeorras denuncia as agresións da Fundación Valdegodos contra os traballadores e, mais en concreto, contra os delegados de persoal electos nas listas da CIG. Debido a denuncia do incumprimento da lexislación laboral, a empresa emprendeu unha escalada de ameazas e presións sobre os seus traballadores. Os e as traballadores desta empresa anuncian novas mobilizacions.

Ao longo do mes de maio CIG - Servizos organizou o ciclo de cinema obreiro "Saíndo da fábrica", no Forum Metropolitano de A Coruña, acadando perto dos cincocentos espectadores. Esta exitosa iniciativa cultural repetirase o vindeiro ano.

Os traballadores e traballadoras da sanidade privadaconcertada da provincia de A Coruña realizaron a primeira das xornadas de folga no sector. O seguimento do paro chegou ao 85 %.

internacionais:
Palestina
India


Explicación á crise financeira que bate en nós.

CRISE 2007-2008. A historia é a seguinte... Explicación á crise financeira que bate en nós. ...


segunda-feira, 2 de junho de 2008


ÚLTIMA HORA

@S CATRO DETID@S ANTIFASCISTAS DE MADRID EN LIBERDADE PERO CON CARGOS.

¡¡LIBERDADE SEN CARGOS PARA @S CATRO DE MADRID, XA!!

O domingo 1 de Xuño o partido neofascista “Democracia Nacional” convocaba unha manifestación polas rúas do centro de Madrid. Unha brutal carga dos antidisturbios contra a mocidade antifascista, que se concentraba para mostrar o seu rexeitamento pola presenza dos fascistas, rematou con varios feridos e cinco moz@s detidas, dúas deles da nosa organización. A Delegación do PSOE unha vez máis amósase permisiva có fascismo e o racismo, e recurre á brutalidade policial contra o antifascismo madrileño. Condenamos a represión e a brutalidade policial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como a impunidade das organizacións fascistas e a criminalización do movemento antifascista organizado. As organizacións ou grupos fascistas, que atacan, ameazan e asasinan a militantes de organizacións progresistas, a traballadores inmigrantes ou a persoas de distinta condición sexual, pero con especial saña a estes primeiros, son as forzas de choque do sistema capitalista onde vivimos e supoñen a verdadeira ameaza para a liberdade dos pobos e os intereses da clase traballadora. Por iso desde os Colectivos de Xovenes Comunistas (CJC) chamamos fraternal solidariedade cos represaliados e represaliadas, cos agredidos por grupos fascistas, así como á organización e movilización popular contra todo tipo de represión. Os CJC esiximos: - A inmediata exoneración dos cargos de todos os detidos e detidas, reprimidos polo simple feito de denunciar ao fascismo. - A dimisión inmediata de Soledad Maestre , delegada do goberno de Madrid, dada a súa complicidade cada vez máis infame e evidente coas organizacións nazi fascistas de Madrid. - A tallante prohibición das organizacións fascistas e a non permisividade ás súas accións públicas. ¡Non pasarán! ¡Fronte ao fascismo, unidade e loita! Colectivos de Xovenes Comunistas (CJC) www.cjc.es cjc@cjc.es




Da Oliveira de Teo
Os abaixo asinantes, investigadores e profesores de historia de universidades, centros de estudo e asociacións da memoria, españois e doutros países, queremos manifestar a nosa solidariedade co historiador Dionisio Pereira
, denunciado xudicialmente unha e outra vez por familiares de presuntos represores durante a guerra civil e a ditadura, que aparecen nomeados nas fontes utilizadas nas súas investigacións publicadas sobre a represión franquista no povo de Cerdedo (Pontevedra)...Da Oliveira de Teo Os abaixo asinantes, investi...


Comunicacións Internacionais Traducidas polo PCPE

Os traballadores inmigrantes na Grecia levan a cabo unha folga histórica:


TRABALLADORES GREGOS E INMIGRANTES XUNTOS NA LOITA!Os traballadores inmigrantes na Grecia levan a cab...


DECLARACIÓN DE SOLIDARIEDADE COA CAMPAÑA IRLANDESA CONTRA O TRATADO DE LISBOA
-------------------------------------------------
De: Partido Comunista de Grecia
TERCEIRO ENCONTRO EUROPEO SOBRE EDUCACIÓN DECLARAC...


Partido dos Traballadores da Bélxica

Resolución sobre o Tratado de Lisboa e o referendo en Irlanda
Solidariedade coa campaña irlandesa polo Non ao Tratado de Lisboa
Partido dos Traballadores da Bélxica Resolución so...


Declaración dos participantes no 3º Encontro Europeo en Bruxelas

Partido do Traballo de Bélxica
Partido Socialista dos Traballadores de Croacia
Partido Comunista de Bohemia e Moravia
Unión da Mocidade Comunista (KSM). República Checa
Partido Comunista en Dinamarca
Partido Comunista de Finlandia
Partido Comunista de Grecia
Mocidade Comunista de Grecia (KN E)
Partido Comunista dos Traballadores Húngaros
Partido dos Comunistas Italianos
Partido Socialista de Letonia
Partido Socialista de Lituania
Novo Partido comunista dos Países Baixos
Partido Comunista de Polonia
Partido Comunista Portugués
Partido da Alianza Socialista de Romanía
Partido Comunista dos Povos de España
Partido Comunista de Suecia
Partido Comunista de Turquía
Convidado: Polo de Renacemento Comunista de Francia
Declaración dos participantes no 3º Encontro Eur...




O XORNAL DE HOXE, 2 DE XUÑO


TRES DE CADA CATRO TRABALLADOR@S SOFREN ESTRÉS E PROBLEMAS DE SAÚDE DERIVADOS: FATIGA, DOR DE CABEZA, ABAFO, INSOMNIO



ESTA SEMANA COMEZAN CONTROIS VIARIOS PARA OS TRABALLADORES LUSOS; É PRECISA “SEGURIDADE” VIARIA OU SEGURIDADE LABORAL???





domingo, 1 de junho de 2008



O Comité Executivo do PCPE confirma a detención de dous xóvenes militantes dos Colectivos da Mocidade Comunista na concentración Antifascista que tivo lugar esta mañan no centro de Madrid. A concentración convocada por Madrid Antifacista e motivada a su vez pola convocatoria dunha manifestación ultradereitista do Partido Nazi-facista Democracia-Nacional (DN) , o mesmo grupo DN, que foi o orixinario das trifulcas que desembocaron no asasinato do xóven antifacista Carlos en Novembro do 2007. A concentración Antifacista foi duramente reprimida polos antidisturbios ocasionando feridos e varios detidos.

O PCPE pide a inmediata posta en liberdade dos xóvenes detidos e fai un chamamento de solidariedade cos Antifacistas madrileños.

¡Non pasarán!

Madrid 1 de xuño 2008


LIBERDADE DETIDOS E DETIDAS ANTIFASCISTAS EN MADRID


Novamente hoxe, domingo 1 de Xuño, voltouse a demostrar que intereses defende este governo da socialdemocracia. Outra vez, Democracia Nacional, pese a encubrirse tras de todo tipo de eufemismos, voltaron a demostrar o seu claro carácter xenófobo e racista. Nesta ocasión, trataron de manipular unha das reivindicacións máis puxante entre os e as mozas como é a loita pola vivenda digna, tratando de confundir á mocidade, asinalando como culpabeis á multitude de traballadoras e traballadores inmigrantes e non á verdadeira orixe da cuestión. O antifascismo de Madrid decidiu lanzarse á rúa para demostrar que alá onde haxa unha manifestación dunha organización fascista, sempre haberá antifascistas para se opor. Numéricamente os antifascistas eran moitos máis que os convocados por DN. No entanto, cando foi necesario disolvelos para deixar o camiño aberto aos fascistas, a policía comezou a carregar desorbitadamente. Os antifascistas se replegaban e voltavan a unir, ate que xa non se puido aguantar máis. A ordes da delegada do governo a unidade de intervención policial (UIP) e a brigada da información executan brutais cargas policiais e detencións de dubidoso carácter legal contra aqueles que non dan un paso atrás ante a barbarie fascista. O resultado final foron cinco detidos, entre eles un menor, e bastantes feridos con contusiones e feridas de distinta dimensión, tendo pasado varios compañeiros polo hospital. Dous das e os detidos, e varios compañeiros agredidos son militantes dos CJC Madrid. Ofrecémoslles todo o noso apoio e pedimos solidariedade. Estes camaradas han de sentir que malia os seus duros golpes, temos de seguir na loita, pois tentan minar as nosas conciencias con duras técnicas. Sómanse a longa lista das vítimas da represión, a cal está volvendo atacar brutalmente nos últimos tempos. Por iso os Colectivos de Xovenes Comunistas de Madrid, e toda a organización a nivel estatal esiximos: A inmediata liberación e exoneración dos cargos de todos os detidos e detidas polo simple feito de denunciar ao fascismo. A dimisión inmediata de Soledad Maestre, delegada do governo de Madrid, dada a súa complicidade cada vez máis infame e evidente coas organizacións nazi fascistas de Madrid. A tallante prohibición das organizacións fascistas e a non permisividade das súas accións públicas.

¡Non pasarán!

¡Fronte ao fascismo, unidade e loita!


Colectivos de Xovenes Comunistas Madrid, 1 de Xuño do 2008 --


Unir á mocidade, organizar a revolución

www.cjc.es


@s nos@s camaradas foron post@s en liberdade.

adiante loita antifascista.


ADIANTE LOITA E UNIDADE SINDICAL!

Os traballadores de Telefónica realizarán un paro de 3,5 horas cada un dos días que estea previsto que se reúna a mesa de negociación do Convenio Colectivo de empresa, e que comezou na xornada do día 29, con paros e mobilizacións, como a concentración que tivo lugar na cidade de Vigo. Ás 13 horas os traballadores e traballadoras de Telefónica en Vigo concentráronse diante da sede que esta empresa ten no bairro do Calvario, na rúa Urzáiz 167. Ali cortaron o tráfico durante quince minutos. Berros como "máis servizos e menos beneficios" ou "convenio digno" escoitáronse fronte ao edificio desta transnacional.


FOLGA EN TELEFÓNICA todos os xoves

1300 FOLGUISTAS EN BARCELONA

COBAS, ESK, LAB, ELA, CIG, AST e EC convocan a nivel estatal a todo o persoal de Telefónica a paros parciais de 3,5 h para os próximos días 29 de maio e 5, 12 e 19 de Xuño coincidindo coa reunión da Mesa negociadora do Convenio colectivo.
ADIANTE LOITA E UNIDADE SINDICAL! FOLGA EN...