A SUBIDA DAS TARIFAS ELÉCTRICAS
Consecuencia directa do roubo da oligarquía española e do neoliberalismo imposto pola UE
Preparemos a máis ampla mobilización popular
O Governo Zapatero está anunciando a próxima subida (probablemente de 5/6%)das tarifas eléctricas para xullo.
Ademais anuncian de que no que resta do ano pode darse outra subida máis. Quizáis ata chegar ao 30% que anunciou Solbes na lexislatura anterior.
Esta subida sumarase á que xa aprobou o anterior governo da socialdemocracia liberal o pasado xaneiro, por un monto do 2,8%.
Tamén se fala da supresión da tarifa nocturna da que se benefician un millón de persoas na actualidade, e a quen iso suporía unha subida do 50% na factura.
No entanto, ¿Cómo vai o negocio das eléctricas?
ENDESA aumenta no 2007 o beneficio do 2006: 9,90%
U. FENOSA 55,24%
IBERDROLA 41,77%
HIDROCANTÁBICO 25,00%
Entón cal é a razón das subidas de tarifas do governo?
É a consecuencia lóxica da privatización
do sector eléctrico (negocio altamente rendíbel)nas mans do bloque dominante burgués e a extensión internacional destas empresas, nomeadamente en Latinoamérica.
Para amortecer o impacto destas privatizacións sobre a economía dos fogares, e no sector industrial, á vez que se garanten enormes beneficios, o governo subvenciona cada ano a estas rendibeis empresas con parte do custo -e dos beneficios- da súa produción.
No ano 2006 o governo pagou 4.000 millóns de euros segundo cifras provisionais.
Malia que, ainda sen subvencións, estas empresas seguirían tendo un saldo positivo de beneficios.
A UE (os oligarcas europeos) din que nunha economía de mercado non é lícito subvencionar as tarifas eléctricas,e o governo Zapatero dócilmente carga sobre as economías familiares a voracidade das empresas eléctricas.
O neoliberalismo e a economía de mercado carga sobre as costas da povoación a cobiza do sector eléctrico deste país.
Fronte a estas políticas, os comunistas defendemos a propiedade colectiva dos grandes medios de produción e, entre eles, das empresas do sector eléctrico.
ESIXIMOS O CONTROL ESTATAL DO SECTOR ELECTRICO
NON Á SUBIDA DAS TARIFAS!
A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS
MOBILIZACIÓN POPULAR CONTRA O GOVERNO DA PATRONAL!