ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 7 de junho de 2008


novas sindicais

Os nove traballadores que conforman o comité de empresa de Draka Cables permaneceron encadeados durante dúas horas en dous silos de almacenamento de plástico situados nas instalacións da empresa, na localidade de Mos, para reclamar unha "recolocación digna" dos 100 empregados da planta, que ten previsto pechar este ano.

A primeiras horas da mañá do xoves 5 de xuño, traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón concentrábanse no banco cero da mina para intentar evitar o topografiado do terreo a partir do cal darían comezo as obras do TAV. Desta volta conseguiron impedir os traballos preliminares, aínda que saben que os técnicos do ADIF volverán nos próximos días. Por iso xa anunciaron que continuarán coas concentracións e coa demanda de cambio de trazado.

Traballadores da inmobiliaria MARTINSA – FADESA en A Coruña protagonizaron o 6 de xuño unha protesta simbólica, ao ceibaren centos de globos para evidenciar ante a cidadanía que o seu futuro laboral está “no aire”.

O cadro de persoal continúa á espera de que a inmobiliaria presente o plan de emprego, que anunciou que faría público na primeira quincena deste mes. Os traballadores esixen o mantemento do nivel de emprego e da sede da empresa na cidade. Mentres, seguirán mobilizándose cada venres ás portas da inmobiliaria.

O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña rexistrou, o 6 de xuño no Edificio Administrativo da Xunta na cidade, as dúas mil sinaturas de apoio que recolleu nas últimas semanas e que solicitan a dignificación dos salarios dos traballadores da institución.

Os traballadores de Rafer, unha empresa do Metal de Vigo, comezaron a mobilizarse o venres 6 de xuño en contra do cambio de horario que lles impuxo a empresa, e que obriga a estes traballadores, que sempre tiveron dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, a realizar desde maio unha xornada partida. A xerencia decidiu mudar repentinamente os seus horarios e sen ningunha negociación cos traballadores.