XIX ESCOLA ESTATAL DE FORMACIÓN dos Colectivos de Xovenes Comunistas
DO 16 AO 20 DE XULLO
Os Colectivos de Xoveness Comunistas convocamos a nosa vindeira XIX Escola Estatal de Formación,
que terá lugar entre os días 16 e 20 de xullo. Este ano, será o Colectivo de Alacante quen
acollerá a celebración da Escola.
Para unha organización que se define como "escola de comunistas", a formación é un aspecto
esencial da vida militante. Por iso, eventos como a Escola Estatal teñen grande importancia. Ano a ano,
melloramos a organización das nosas escolas.
Este ano, prevemos superar a grande asistencia da derradeira XVIII Escola de Madrid. Pero non se trata só dunha cuestión numérica. Tamén introducimos a aprendizaxe por niveis, encontros sectoriais
ou unha Mesa Redonda, co que o avance será tamén cualitativo.
Tentaremos tocar cada un dos grandes grupos temáticos do marxismo: a Historia, a
Filosofía, a Economía Política e o Socialismo Científico. En concreto, algúns dos temas que se tratarán
serán "O proceso da Transición", "A dialéctica como método de coñecemento", "Bases da Economía
Política" ou "O dereito de autodeterminación".
Pero o noso coñecemento non só é teórico, senón que tamén ten que ser necesariamente
práctico. Por iso, todas as escolas conteñen un grande número de obradoiros. Entre eles, traballaremos "a
cuestión do rol dentro do Feminismo" ou "a organización do próximo Festival Mundial da Mocidade e os
Estudantes".
Numerosos cadros do Partido Comunista dos Povos de España participarán na Escola,
axudándonos a avanzar na nosa formación. Pero tamén contaremos con momentos de lecer: actividades
deportivas e unha festa, entre outros, forman parte da nosa axenda de lecer.
Un aspecto que sempre destacamos é o grande ambiente de camaradería entre os e as
participantes. Neste sentido, o ano pasado lembrabamos que unha organización comunista non pode
existir sen se preocupar de crear un home e unha muller nova, sen unha moral comunista que confronte cos
valores decandentes da sociedade capitalista. O exemplo do Che, no 40 aniversario da
súa desaparición en combate, servíanos para ilustralo.
Este ano, ademais, destacamos o compromiso, nun ano no que PCPE e CJC lembramos a Antonio
Gades. Co seu exemplo de compromiso, na arte e na militancia, convocamos a esta nova
Escola, que sen dúbida será un paso de avance máis para a nosa organización.
Comité Central dos CJC
4 de Xuño do 2008
http://www.cjc.es
cjc@cjc.es