Hoxe 3 de Xuño, ás 11, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamento contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., e o seu rexeitamento ás ameazas que se prevén para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes. A planta constitue unha ameaza para a seguridade de miles de persoas. O seu funcionamento incumpre a lexislacion vixente.
O Domingo 8 de Xuño, ás 12. desde o porto de Curuxeiras, sairá unha Manifestacion
en Defensa da Ría convocada polo Comité Cidadán de emerxencia para a Ría de Ferrol.
Este é o texto da convocatoria:
“A Autorización Definitiva concedida polo Ministerio de Industria, pode influír nalgún sector da poboación no senso de desanimalos a seguir dando a batalla contra Reganosa.
“Levamos 8 anos de loita, contra un adversario potente, (conxunción do poder economico-politico-mediatico), unha loita que vai a proseguir en todas as súas vertentes, terá un longo recorrido ata acadar a paralización da planta de Reganosa.
“Como todas as loitas populares, en defensa da vida e do ben común, esta tamén é unha loita de resistencia. Non só contan as grandes accións e mobilizacións. As concentracións e caceroladas que vimos realizando, menos numerosas en participación, pero constantes, ante a entrada de gaseiros; as actuacións diante da Xustiza, das Administracións; a presenza en feiras, congresos, xornadas , foros e plataformas... darán os seus froitos.
“Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
“Mobilicémonos!”
Galiza Non se Vende mobilizarase este domingo día 8 para amosar o seu apoio á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol e outros colectivos.
______________________________________________________________________
A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia o verquido ilegal de perto de cen camións cargados con entullo -que provén das obras que se están a realizar para a construción da vía do AVE- no Monte da Caritaina, lugar do Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Pontesampaio.
Nunha nota de prensa feita pública hoxe, 3 de Xuño, o grupo ecoloxista ERVA, fai unha chamada de atención sobre a política levada a cabo pola Consellería no tocante á protección dos ríos. ERVA manifesta asemade o seu apoio aos traballadores de Medio Ambiente represaliados (expedientados).