ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 11 de junho de 2008


COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA

CONVOCATÓRIA
conferencia ALLENDE VIVE por luis sepúlveda
26 xuño ás 20.30, ronda de nelle 31
COSAL CORUÑA

11 de setembro de 1973 santiago de chile


...Nestes tempos difíciles, os traballadores están descubrindo os segredos da economía. Están aprendendo que non é imposible producir sen patróns, nin abastecerse sen mercadores. Pero a multitude obreira marcha sen armas, baleiras as mans, por este camiño da súa liberdade.

Desde o horizonte veñen uns cantos buques de guerra dos Estados Unidos, e exhíbense diante das costas chilenas.


Allende

...varias veces dixo que non ten madeira de apóstolo nin condicións para mártir. Pero tamén dixo que vale a pena morrer por todo aquilo sen o cal non vale a pena vivir.

Os xenerais alzados esíxenlle a renuncia. Ofrécenlle un avión para que marche de Chile. Advírtenlle que o palacio presidencial será bombardeado por terra e aire.

Xunto a un puñado de homes, Salvador Allende escoita as noticias. Os militares apoderáronse de todo o país. Allende pon un casco e prepara o seu fusil. Resoa o estrondo das primeiras bombas. O presidente fala por radio, por última vez:

“Eu non vou renunciar...”




Unha grande nube negra erguese desde o palacio en chamas.(...)

Soa música marcial sobre un fondo de explosións e metralla: as radios emiten bandos e proclamas que prometen máis sangue, mentres o prezo do cobre se multiplíca por tres, de súpeto, no mercado mundial.

O poeta Pablo Neruda, moribundo, pide noticias do terror. Por intres consegue durmir e durmido delira. A vixilia e o sono son un único pesadelo. Desque escoitou por radio as palabras de Salvador Allende, o seu digno adeus, o poeta entrou en agonía.

eduardo galeano