ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 24 de junho de 2009

¿CUESTIÓN DE 50 CÉNTIMOS?



Estes 50 céntimos máis que piden os obreiros do Metal por hora traballada non son un problema para a patronal.

Estamos a presenciar un pulso de clase a clase,
no que nos vai moito aos que somos do Metal e tamén aos que non o somos.

O que está en xogo é cánta explotación estamos dispostos a aceptar (ou non) todos os traballadores e traballadoras, para nós e os nosos fillos.

Por eso os periódicos, radio e tele, gastan tanto en lle botar mala fama ao Metal de Vigo, por eso circula o rumor de que son uns “privilexiados insaciables e violentos”.

Por eso a policía os acosa e provoca buscando desesperadamente un
pretexto para desprestixiar o conflicto, que moitos miran con respeto e solidariedade.

Por eso este conflicto se cobróu xa bastantes feridos. Como ben dín na súa carta á cidadanía, os do metal son xente que gaña 1000 euros en 8 horas, para conquerilo tuveron moito que loitar, e aínda así teñen que facer horas extras para chegar a fin de mes.
Unha hora da vida laboral de calquera de nós, có risco e o esforzo que leva: non vale logo 50 céntimos mais?
50 céntimos dos millóns e millóns que o patrón empeta cada hora?


A cuestión é que se a patronal gana este pulso, se o Metal, coa súa experiencia e a
súa capacidade de resistencia, non consigue o que pide, o resultado será, e moi axiña

Despido libre e barato, para todos, traballemos no que traballemos.

Eventualidade para todos.

Desesperanza para os que teñamos máis de 40 anos.

Gratuidade xeneralizada do traballo dos nosos fillos.

Desaparicion do descanso como dereito que é.


Multiplicación das lesións e da morte en accidentes laborais e de tráfico.

Máis contratación escravista de traballadores nacidos fora.

Máis roubo patronal dos millóns da axuda pública, millóns saídos do noso suor.

MERECE A PENA PENSALO.

Nós levamos días difundindo a carta DO METAL Á CIDADANÍA e faremos a maiores todo o posible en respaldo dista loita.