ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 3 de junho de 2009

A GUERRA E "A LOITA CONTRA O TERRORISMO" SON DOUS FACTORES FUNDAMENTAIS DO PROCESO DE ACUMULACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO IMPERIALISTA DA UE


O imperialismo europeo desprega a súa armada no Índico -desde Somalia ata as Seychelles- como parte da súa estratexia de roubo e pillaxe do continente africano.

Ao mesmo tempo, Francia inaugura a súa primeira base militar noutro país distinto das súas colonias. En Abu Dabi, Sarkozy inaugurou recentemente unha base militar naval, aérea e terrestre, segundo di para defender a ese país de Irán.

No Índico a flota pesqueira vasca arrasa as pesqueiras somalíes sen convenio pesqueiro nin prestación económica de ningún tipo. Ademais, ese mar é utilizado por moitos países da UE para realizar verquidos de todo tipo, arruinando aínda máis as súas augas.

España -co goberno Zapatero- colócase tamén nesta lóxica invasora e expoliadora. O Parlamento español tivo un amplo acordo no envío do continxente militar ao Índico, entre quen votaron a favor estaba Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que parece ter claro o dereito de autodeterminación do pobo catalán pero que non lle concede o mesmo dereito de soberanía ao pobo somalí sobre os seus propios recursos.

Cun ou outro pretexto a realidade é que a UE, e os gobernos dos seus países membros, fan da forza militar un recurso substancial para tratar de manter o proceso de acumulación capitalista. A participación en todo tipo de misións militares viola a soberanía dos pobos e o dereito internacional ata agora existente.

Así Francia -como antiga potencia colonial- lidera as tropas de ocupación en Líbano, Zapatero envía militares a apoiar o golpe de estado en Haití, varios países da UE participan no Congo no conflito polo coltan e outros recursos minerais, España -todos os seus gobernos e especialmente a monarquía- permiten e toleran todo tipo de crimes, torturas e desaparicións de saharauís, etc.

A outro nivel "a loita contra o terrorismo" convértese na coartada para establecer un estado policial de espionaxe universal sobre toda a poboación da UE. Todas as comunicacións son rexistradas, a videovixilancia invade as cidades, apróbanse leis cada día máis restritivas dos dereitos individuais e colectivos (Lei Antiterrorista e Lei de Partidos), a policía actúa con total impunidade e a tortura é parte dos métodos regulares de obtención de información. O obxectivo último deste estado do terror non é outro que tratar de conter as aspiracións da clase obreira pola súa emancipación. Coa cobertura de "loita contra o terrorismo" conseguen a lexitimación social para o exercicio da violencia que doutro xeito lles resultaría máis difícil.

Esta é a auténtica cara da ditadura do capital.

O capitalismo europeo, no próximo futuro, non ten outro recurso que incrementar todo este exercicio da violencia para tratar de salvarse. Pero será esa violencia -e outras que exerce o sistema- a que terminará levantando a loita de masas que o levará á súa destrución e liquidación histórica.

O PCPE colócase á vangarda dese proceso, denuncia o carácter ditatorial da UE e chama ás masas obreiras e populares a erguer unha xeneralizada loita de masas contra a Europa do capital e a Guerra. O día 7 de xuño votando a candidatura do PCPE e todos os días organizando a loita pola revolución socialista en España e en toda Europa.

RACHA AS CADEAS
VOTA PCPE