O Partido Comunista dos Pobos de España condena o golpe de estado perpetrado contra o goberno do Presidente Manuel Zelaya.
A oligarquía xunto cos poderosos militares coa cobertura silenciosa do imperialismo intentan calar ao pobo hondureño que sae ás rúas a reclamar a restitución do lexítimo goberno.
Os medios de comunicación ao servizo da oligarquía hondureña co respaldo de poderosos medios como o grupo Prisa silencian ou maquillan segundo os seus intereses o golpe militar, nun claro intento de intoxicar a opinión pública, situando ao Presidente Zelaya como transgresor da legalidade, e ao exército como garante da mesma.
No mesmo día do golpe, ao mesmo tempo que secuestraban ao presidente Manuel Zelaya, os militares golpistas asasinaron a un deputado, hai unha deputada desaparecida, os ministros do goberno foron detidos, asaltaron as embaixadas de Cuba, Venezuela e Nicaragua, secuestrado ao persoal diplomático, nun claro acto de guerra contra estes países, hai centos de ordes de detención contra dirixentes populares, o pobo sofre a represión nas rúas, os médicos cubanos en Honduras están sendo agredidos e sofren o fustrigacións dos militares golpistas.
En Honduras a riqueza está en poder de de 8 familias que condena ao resto da poboación a vivir na pobreza. A oligarquía non pode permitir nin sequera que se consulte ao pobo, aínda que a consulta só teña carácter consultivo, segundo a actual lei o pobo non debe ser consultado en materia económica, política, internacional, o goberno de Manuel Zelaya. preguntou ao pobo se quería ser consultado, o pobo hondureño non puido opinar, a mordaza fascista impúxose en Honduras.
O golpe militar en Honduras é a resposta do imperialismo aos avances democráticos e populares en America Latina, é un atentado contra o progreso solidario e económico que hoxe representa a alternativa bolivariana para as Américas, da cal forma parte Honduras.
O exército ameazante nas rúas non poderá amedrantar o pobo hondureño, a súa vontade non será silenciada, o terror imposto polos golpistas enfrontarase á mobilización popular e á condena de todos os pobos do mundo.
Á inmediata resposta solidaria de todas as forzas progresistas de Latinoamérica, a reunión urxente do ALBA, sumouse a condena da FSM (Federación Sindical Mundial) e de Vía Campesiña, así como de todos os sectores progresistas do planeta.
O Partido Comunista dos Pobos de España chama a mobilizarse contra o golpe militar en Honduras, a saír á rúa para esixir a restitución do goberno lexitimamente elixido.
O Partido Comunista Dos Pobos de España esixe ao goberno do estado español condene o golpe, se négue a recoñecer ao presidente usurpador imposto polos golpistas e ordene a retirada inmediata do embaixador de España en Honduras.
Comisión Antiimperialista CC - PCPE
28 de Xuño de 2009