ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 3 de junho de 2009

O PEE ou o naufraxio do proxecto reformista.


Nos actuais tempos de crise xeral do capitalismo, cando as cuestións netamente de clase ponse en primerísimo plano debido á agudización das contradicións inherentes ao propio sistema, a batalla contra a influencia do reformismo no seo da clase obreira vólvese, se cabe, máis necesaria para os revolucionarios e revolucionarias.

Neste sentido é fundamental proceder a un deslinde de campos, definir con claridade cales son as posicións revolucionarias e cales as reformistas no ámbito da proposta política, da organización da loita e da presentación de alternativas.

A proximidade das eleccións europeas do 7 de xuño serviu para deslindar con maior claridade esa diferenza, para permitir visualizar ben cales son os obxectivos, as ferramentas e os suxeitos que participan no ámbito da esquerda a nivel europeo.

Por unha banda, 21 partidos comunistas e obreiros de toda Europa subscribimos un documento que, sen medias tintas, avoga pola ruptura coa Unión Europea, cualifícaa como bloque militar, económico e político imperialista, e caracteriza a crise sinalando que "as súas raíces atópanse na acumulación de riqueza en mans duns poucos por medio da flagrante explotación dos moitos que son condenados á pobreza, á incerteza e á inseguridade. A solución real para o pobo ha de buscarse na confrontación coa súa causa: a procura de beneficios, o propio capitalismo e non algún tipo de xestión do mesmo".

Fronte a esta proposta, o PEE (Partido da Esquerda Europea), no que participan algúns partidos denominados comunistas, sitúase na posición de expor un novo modelo de Unión Europea, por darlle "outros cimentos" e abrir "unha nova perspectiva".

A liña que hoxe deslinda os campos entre reformistas e revolucionarios sitúase, no ámbito dos países que compón a UE, na caracterización desta estrutura, dos seus obxectivos e das alternativas que teñen os pobos e a clase obreira de Europa.