ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 9 de junho de 2009

Mentres se elabora unha análise rigurosa e colectiva dos resultados electorais, unhas reflexións dun comunista da Galiza do PCPE


O ascenso da dereita na Galiza, no Estado e na Europa, un chamado de atención para quen non queremos que se implemente o proxecto do bloque dominante, de sair da crise reducíndonos á esclavitude.


Un saúdo ao Partido e ás organizacións comunistas irmás pola aposta pola unidade do Polo Comunista na Europa, e pola honesta e combativa campaña, castigada pola invisibilización por parte dos medios e duramente traballada votante a votante.

Os parabéns ao Partido por case cuadruplicar os resultados electorais das derradeiras Europeas.


Un saúdo ás organizacións amigas da esquerda na Galiza, pois os votos que foron para aí foron votos contra o masacre dos nosos dereitos, co cal nos enchen de satisfacción revolucionaria.


A necesidade de avanzar cara á unidade, na acción e no debate, na perspectiva dun referente poderoso que sexa quen de rachar a actual correlación de forzas.


Aos/ás camaradas do Partido na Galiza: a traballar para converter eses 550 votantes comunistas, votos de ouro no contexto do silenciamento mediático e o avance do anticomunismo, en 550 militantes comunistas.


As nos@s votantes: Graciñas pola túa confianza. Non se verá defraudada.

Chamámoste e animámoste a organizarte e loitar cos comunistas.


Saúde, unidade e loita