ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 17 de junho de 2009

DIANTE DA SALVAXE CAMPAÑA DE CRIMINALIZACIÓN E DESPRESTIXIO CONTRA OS NOSOS COMPAÑEIROS DO METAL


NO DÉCIMO DÍA DE FOLGA,
FOLLA DISTRIBUIDA POLOS MILITANTES DO PCPE EN VIGO:

Queren o desmantelamento industrial e productivo da Galiza.

Aplican EREs, despedimentos en masa, precariedade e destrucción dos dereitos dos traballadores ata o extremo da escravitude laboral.

O Metal, histórico destacamento de vangarda da clase obreira Galega,

na súa loita por un convenio xusto, fai frente ás políticas antiobreiras da patronal e a administración.

Terror policial e patronal, salvaxes cargas dos antidisturbios con moitos compañeiros feridos, son as respostas que recibimos.

E agora temos que escoitar cómo se nos quere desprestixiar usando os medios de “comunicación”.

¿QUÉN É O DONO DESES MEDIOS? ¿A QUÉ INTERESES SERVE?

Os comunistas denunciamos o terrorismo patronal ,

institucional, policial, e da tele mentireira.

Expresamos a nosa solidariedade cos compañeiros

feridos e con todo o Metal en loita.

A vitoria do metal será a vitoria de Todos.

Tod@s somos o Metal.

Adiante resistencia e loita obreira contra a Dictadura do Capital!!

Comunistas da Galiza- PCPE