Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE
A necesidade da construción do suxeito político revolucionario é a primeira necesidade para a clase obreira, e as súas clases aliadas. Sen ese suxeito político revolucionario as accións da clase zizaguean, e dispérsanse en múltiples e vans esforzos, nunha traxectoria errática que a afasta unha e outra vez do seu obxectivo emancipador.
A firmeza e a determinación do PCPE de afrontar ese reto con todos os esforzos necesarios, e o rigor científico do marxismo-leninismo, permitiu hoxe que a nosa organización se constitúa no suxeito con maior potencialidade para abordar esta cuestión esencial para o futuro da clase obreira e os sectores populares. O PCPE é hoxe o núcleo fundamental da armazón necesaria para derrotar historicamente á burguesía española, e para confrontar co imperialismo europeo. Este proxecto noso debe crecer no futuro, sumar novos efectivos, e establecer alianzas estratéxicas á calor da loita de masas de todos os días.
Na historia recente da esquerda española -tanto a estatal como a local- produciuse un comportamento reiterativo que se caracteriza por tentar acadar obxectivos políticos cun apremio irresponsable, falto sempre de proxecto. O voto útil enviou centos de miles de votos á socialdemocracia no 82, volveu pasar o mesmo no 2003 con Zapatero -sempre para impedir que gañase "a dereita"-; tamén noutras ocasións utilizouse o mesmo fío argumental para dar apoios ao reformismo de esquerdas (EU). Sempre a mesma renuncia á opción ideológicamente coherente para apoiar proxectos que, unha e outra vez, se demostran funcionais ao sistema de dominación.
A incapacidade desa esquerda para asumir unha práctica política coherente, con sentido estratéxico revolucionario, faille pagar un alto prezo á clase obreira; sempre estafada en todas as convocatorias electorais.
Nestas Eleccións do día 7 de xuño o PCPE chama de novo a apoiar un proxecto que non só ten vinte e cinco anos de desenvolvemento, senón que é hoxe o suxeito máis activo contra a actual crise capitalista na loita diaria da clase obreira, e que -ademais- fraguou un amplo acordo con vinte partidos comunistas máis de Europa para confrontar radicalmente contra o proxecto imperialista.
Teñamos claro que cantos máis votos teña o PCPE o día 7 máis forte será a clase obreira do estado, máis avanzará o camiño cara ao Período Constituínte Republicano -marco no cal será posible abordar a cuestión do dereito de autodeterminación- e, tamén, con máis forza erguerase na Europa un polo comunista referente de toda a clase obreira deses países para avanzar cara á revolución socialista.
Por iso pedimos o teu voto para a candidatura do PCPE.

RACHA AS CADEAS
VOTA PCPE
VOTA PCPE