ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 8 de junho de 2009

METAL MANIFESTACIÓN DE SOLIDARIEDADE!



Manifestación o martes 9 de xuño ás 20 da tarde en Vigo en solidariedade coa loita do Metal por un convenio xusto
Sairá do cruce de Gran Vía con Urzáiz e rematará na Praza da Estrela
O martes 9 de xuño ás oito da tarde terá lugar unha manifestación na cidade de Vigo, convocada por CIG, CCOO e UGT, en solidariedade coa loita do Metal e en apoio aos milleiros de traballadores que despois de seis xornadas de folga continuarán nesta semana cunha nova convocatoria de folga, que desde o mércores será indefinida e que o venres esta folga terá carácter xeral polo que están chamadas todas as empresas do sector, mesmo aquelas que teñen convenio propio. A continuación reproducimos un folleto que vai ser repartido nos centros de traballo, chamando á convocatoria desta manifestación, que sairá ás oito da tarde do cruce de Gran Vía con Urzáiz e que rematará na Praza da Estrela.
A todos os traballadores e traballadoras do Metal
Antes da convocatoria de Folga os Empresarios do Metal insistian no incremento cero e na conxelación do Convenio, posteriormente coa Folga subiron a súa proposta en dous anos ao 2% no primeiro ano e o IPC + 0,5% no segundo ano. Isto demostra que tradicionalmente temos que loitar porque a súa ambición desmedida sempre provoca conflito. Debemos preguntarnos cales serían hoxe as condicións de traballo e os salarios do noso Convenio se non responderamos unitariamente e con forza nestes últimos anos. O seu Mundo feliz sería poder facer neste sector o que fan noutros Convenios; non ter límites de eventuais, poder contratar a través de ETTs, non pagar as horas Extras, ter so unha parte das vacacións, pagar 200€ menos en salario ao mes. Isto que dicimos non é unha ficción, sucede en case os demais sectores, porque os traballadores non están tan organizados como nós, son menos e están mais precarizados.

Cales son as condicións de vida dos traballadores se o seu salario en 8 horas non lle permite vivir dignamente? Preguntémonos se merece a pena loitar por isto ou sucumbir as ameazas dos Patróns. A nosa loita ten un profundo sentido de xustiza e so os esquirois perden a dignidade.

Loitamos por este Convenio sabendo que tamén estamos decidindo os seguintes Convenios. Os empresarios din que xa perderon 70 Millóns de € coa Folga, e con este diñeiro pagarían os incrementos dos 6 anos seguintes. Pero prefiren asumir este custe antes que dárnolo a nós. A maior responsabilidade para chegar ao Acordo a teñen eles.

A partir do mércores a Folga é indefinida e o Venres afectará a todo Sector e Empresas con Convenio Propio. Se non acadamos un Acordo na próxima semana, voltaremos a convocar a todo Sector e non será sempre unha Folga de todos os días, será de tal maneira que non saberán cando traballaremos ou cando faremos Folga. Non podemos estrangular a nosa economía e teremos que transmitir aos empresarios que poderemos resistir meses.

Algúns Medios de Comunicación, Prensa, Radio e Televisión, como empresas que son, ofrecen unha imaxe trucada da realidade diaria, queren que fracasemos porque a nosa loita é unha excepción á sumisión que pretenden da Clase traballadora. Responsabilízan aos traballadores da violencia para restarnos apoio social, cando somos os únicos agredidos. Para responder a isto e chamar en apoio do noso Convenio, convocamos unha manifestación cidadán o Martes día 9 ás 20 horas dende o Cruce de Urzaiz, Gran Via e Lepanto: Leva a túa familia, defende a nosa xustiza e a nosa loita.


http://www.galizacig.com/avantar/novas/8-6-2009/manifestacion-o-martes-9-de-xuno-as-20-da-tarde-en-vigo-en-solidariedade-coa-loita-do