Nova xornada de folga, e desde primeira hora da mañá concentracións nas distintas áreas industriais da provincia. Amencian os distintos centros de traballo coas novas dunha negociación que se extendeu ao longo de toda a noite, e que continúa aberta na Delegación da Xunta en Vigo. Para informar e analizar o que está a acontecer coas negociacións realizáronse asembleas a primeira hora da mañá nos distintos piquetes e transmitiase a necesidade de volver realizar marchas, sair ás rúas das distintas zonas para visibilizar o conflito e a súa dimensión.
Marchas polo centro da cidade
Asi, partian distintas marchas en Vigo desde Teis, Beiramar, Puxeiros, Avenida de Madrid ou Camiño do Caramuxo, que despois de percorrer o centro da cidade se xuntarían na Praza do Concello para poñer en común toda a información sobre a situación do conflito e da negociación.
Desta volta a resposta dos traballadores e traballadoras do Metal foi sair masivamente ás rúas e podianse ver como eran milleiros e milleiros os folguistas que ateigaban as principais arterias de Vigo.
Asemblea na Praza do Concello
Antolín Alcántara, secretarioconfederal de Negociación Colectiva da CIG, interveu nesta asemblea e celebrou a enormeafluencia de traballadores e traballadoras e solicitou que "non nosabandonedes até que isto se arranxe".
Alcántara explicou que "anegociación continua e nós temos que ter expectativas fundadas,porque todas as mobilizacións que fixemos estes dias teñen que terunhas consecuencias e uns resultados, e non pode ser doutra maneira".
O secretario confederal de NegociaciónColectiva da CIG subliñou que "diante do desprazamento tan enormeda policia, porque seguramente aínda que houbera unha banda enormede narcotraficantes aqui non habería tal despregue, temos que chegará conclusión que lles preocupa máis a mobilización dostraballadores e para evitar que nos concentremos que calquera outracousa". Asi, comentou en ton irónico que "parece ser quemandaron dúas tanquetas de auga, e eu agardo que sexa pararefrescarnos estes dias, e supoño que será con esa intenciónbenevolente de colaborar con nós".
Analise da negociación
"Se cren que esa disciplina queacordaron a nivel de Estado, para que ningún convenio sobrepase o2%, aqui equivocáronse e van asinar por máis, até onde nósqueiramos seguir", indicou Alcántara, que criticou as posiciónsdas distintas administracións neste conflito, que criminalizaron aostraballadores por se mobilizar pola negociación deste convenio, einsistiu en que "a negociación comezará e rematará candodecidamos e cando esteamos satisfeitos de todo o que levamos feito,cando nos sintamos orgullosos, unha vez máis, con todo tipo deproblemas por diante como tivemos e temos neste conflito".
Alcántara recalcou que "nós non nossometemos e iso non acaban de entendelo" e lembrou que no ano 1999o convenio provincial do Metal da provincia de Pontevedra era onúmero 27 en salarios, e hoxe é o número 6, e engadiu que "nóssomos esa excepción que queren combater".
Enfrontamentos entre os empresarios
Nesta intervención Antolín Alcántaradesvelou que na xuntanza do mércores os empresarios tiveronenfrontamentos entre eles "porque eles quixeron pechar filas dunxeito hermético entre eles e agora que? Como van dar a marcha atrás?Non lles vai quedar máis remedio, porque non é sensato que estesseñores voluntariamente estean a perder diñeiro como están dicindonos medios de comunicación en grandes titulares, e que queiraninvestir en desastre no lugar de darllo aos traballadores, porque isosería o mellor porque xa estariamos traballando e non estariamosaqui".
Apoios á folga xeral
Alcántara insistiu na necesidade de"non agachar a cabeza, porque non podemos fracasar, e que nondecaia o ánimo, porque temos que pensar en que mundo estariamos, ecanto retrocederiamos se eses señores da patronal acabanimpoñéndonos a súa lei", e informou de que a maioria dasempresas con convenio propio do Metal "nos van apoiar na folgaxeral, porque son conscientes de que eles tamén se xogan moitisimo".
Por último, Antolín Alcántaraindicou que se ían continuar coas marchas "porque a nós nosinteresa que se nos vexa pola cidade, como traballadores e cidadánsque somos, e sen nós a cidade non pode funcionar, sodes conscientesda riqueza que xerades? Non é posíbel pensar esta cidade doutroxeito porque a economia gravita sobre o Metal nesta cidade, eresponsabilidade de que isto continúe a ser asi a teñen eles, quenon se encaprichen e que non pensen en derrotarnos, porque secontinuarán equivocando".
Novas marchas até a Praza de América
Ao remate desta asemblea, a multitude que enchia a Praza do Concello encamiñou os seus pasos cara á Praza dos Cabalos, desde alí baixouse pola Gran Via, até rematar na Praza de América, no que foi unha marcha numerosa e combativa, que volvia demostrar a forza e a vida deste sector, nun conflito que xa se alonga desde hai máis de dous meses.
Na Praza de América cortouse o tránsito máis de corenta e cinco minutos, e remataría esta xornada cunha nova asemblea para continuar a informar de todo o que estaba a acontecer.
Alcántara informou de que "secontinua aínda a negociar, polo que hai que estar atentos ao quevaia pasando nesta xornada, porque aínda que houbera acordo mañáhai que estar nos centros de traballo, porque calquera posibilidadede acordo se vai examinar e discutir con vós. Necesariamente mañáhai paro, dunha maneira ou outra imos ter que falar, e a maiores haique organizar a folga xeral de mañá para que teña un seguimentoimportante".
Nese sentido quedouse pola tarde nos sindicatos paraorganizar o paro do venres 12 en todo o sector e continuar a informardo que aconteza nas reunións da negociación, que continúan na sededa delegación da Xunta en Vigo.
Rachan as negociacións
Ás nove da noite rachaban as negociacións logo de máis de 24 horas continuadas de xuntanza. As diferenzas a respecto da proposta salarial continuaban a ser un dos puntos máis insalvábeis, pois para a representación a oferta presentada pola patronal aínda é moi baixa. Esta cuestión engadida á actitude intransixente mantida polos empresarios fronte a vontade negociadora da parte sindical levou á que romperan as negociacións. Polo momento tampouco está prevista ningunha nova xuntanza nos vindeiros días.
Horas antes, Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, presente nestas negociacións contrarreloxo, comentara que "non hai aínda un acordo sobre xornada nin salarios, porque este acordo ha de darse dun xeito conxunto", e engadiu que "aínda que as posturas están distantes, a posibilidade de chegar a un acordo está ai".
Galería gráfica desta xornada
Podedes atopar máis imaxes do xoves 11 de xuño e das mobilizacións nesta ligazón ou no apartado multimedia da nosa web.