ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 10 de junho de 2009

PRIMEIRO COMUNICADO DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE SOBRE O RESULTADO DAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO


O resultado das eleccións europeas vén revalidar ao bloque de poder que dirixe ese proxecto nas súas dúas versións: a dereitista cos seus diversos graos de compoñente neofascista, e a socialdemócrata, á súa vez coas súas variantes máis ou menos neoliberais.
Este bloque de poder imperialista lexitímase, unha vez máis, a través do proceso electoral para continuar coa súa entolecida estratexia de acumulación de capital e guerra contra a clase obreira, contra os pobos de Europa e contra a humanidade.
Á vez que consolida as súas posicións consegue conter o avance da estratexia de emancipación da clase obreira fronte á barbarie capitalista.


A esa situación, de hexemonía capitalista, contraponse con claridade as opcións de orientación revolucionaria que concorremos á batalla electoral sen posicións electoralistas e coa estratexia de sumar novos apoios ao proceso de acumulación de forzas que desenvolvemos na loita diaria para favorecer o avance das posicións de clase e cara á revolución socialista.

Por iso o Comité Executivo do PCPE fai un recoñecemento público do traballo de militantes e simpatizantes, polo importante traballo realizado durante a campaña electoral; á vez que agradece a quen votaron pola candidatura do PCPE depositando a súa confianza no proxecto comunista, nunhas eleccións desiguais celebradas nas condicións da ditadura do capital e nas que a opción comunista segue sen ser percibida como unha alternativa electoral mesmo polos sectores populares, xuvenís e da clase obreira máis dispostos a confrontar co sistema de dominación e que na loita cotiá si teñen como referente ao PCPE.

Os resultados electorais confirman a importancia do traballo político diario do partido, obtendo mellores resultados alí onde as súas organizacións están máis avanzadas e realizan un traballo de masas máis continuado.

A fortaleza do proxecto do partido exprésase en cada batalla, e é un aval para os futuros enfrontamentos políticos que será necesario desenvolver fora do escenario electoral.


O PCPE mostrouse como unha organización revolucionaria sólida, que aumenta as súas capacidades en cada loita política.

Con estes resultados electorais, favorables á oligarquía, a crise capitalista azoutará aínda con máis forza á clase obreira nos próximos meses. A loita obreira e popular debe continuar, e incrementarse, para que a crise capitalista a paguen os ricos e para conquistar avances para a clase obreira e os sectores populares, avances que só conseguiremos cunha dura loita política de masas na rúa, xunto aos sectores máis conscientes do pobo e da clase.

O Comité Executivo do PCPE fai un chamamento a outros sectores de esquerdas a sumar forzas na estratexia xeral polo derrocamento da monarquía, pola república de carácter confederal e pola revolución socialista -no estado español e tamén na Unión Europea.

Esa suma de forzas tense que dar na loita diaria compartindo un programa común de mínimos que ofreza á clase obreira unha plataforma de loita pola mellora das súas condicións de vida co horizonte da sociedade socialista.


Os próximos días 4 e 5 de xullo reunirase en Madrid o Comité Central do PCPE que realizará unha análise detallada do resultado destas eleccións e do traballo realizado polo partido, á vez que fixará as tarefas para a seguinte etapa política centrada no reforzamento do partido e na radicalización da loita de masas.

Traballadores e traballadoras:


Ante a barbarie do capitalismo, ¡reforzar as filas do Partido Comunista!

Ante as agresións da patronal, ¡unidade e loita obreira!


Comité Executivo do PCPE. Madrid, 8 de xuño 2.009.