ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 4 de junho de 2009

Os comunistas coa Folga do Metal


A crise capitalista golpea salvaxemente aos traballadores do Metal, que levan decenios a ser víctimas do desmantelamento industrial e productivo da Galiza. EREs, despedimentos en masa, precariedade e destrucción dos dereitos dos traballadores levada ata o extremo da escravitude laboral, son o contexto no que o noso proletariado metalúrxico, destacamento de vangarda da clase obreira galega ao longo da historia, unha vez máis fai frente ás políticas antiobreiras da patronal e a administración laboral.


Terror policial e patronal, salvaxes cargas dos antidisturbios con varios compañeiros feridos, son as únicas respostas que recibimos os traballadores en loita por un convenio xusto.

Frente á resposta represiva do capital e os seus serventes, e se non mudan as respostas, lonxe de recuar, o sector plantexa 3 días de folga para a vindeira semana, e Folga Indefinida desde o 15 de Xuño .

Os comunistas denunciamos esta nova expresión do terrorismo patronal , institucional e policial, e expresamos a nosa solidariedade cos compañeiros feridos e con todo o Metal en loita.

A causa do metal é a causa de toda a clase obreira e o noso pobo.

Todos somos o Metal.


Adiante Folga Indefinida

Adiante Folga Xeral


Adiante resistencia e loita obreira contra a Dictadura do Capital