CLUB DE OPINIÓN FORO CÍVICO.
COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA (COSAL)
COMITÉ ÓSCAR ROMERO
EL SALVADOR:
NACE A ESPERANZA, VÉN O CAMBIO
Xoves, 8 de outubro de 2009, ás 19,30 horas
Centro Fonseca da Coruña (Rúa Fonseca, 8)
Conferencia de:
JULIO CÉSAR MONGE
Naceu en Bilbao, onde estudou Ciencias da Educación. Reside en El Salvador desde 1991, dirixindo diversos talleres de Artes Escénicas. Fundador en 2006 da Rede MARACA, Movemento de Arte Comunitario Centroamericano, e da Rede Latino Americana de Teatro en Comunidade no ano 2008. Membro fundador
do grupo Tiempos Nuevos Teatro (TNT), co que ten realizado máís de 30 montaxes teatrais.
do grupo Tiempos Nuevos Teatro (TNT), co que ten realizado máís de 30 montaxes teatrais.
El Salvador, o mesmo que moitos países de América Latina, está a vivir un momento histórico. Rematado o conflito armado en 1992, e firmados os Acordos de Paz, este país foi gobernado durante estes anos por forzas da dereita.
A Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) gaña as eleccións lexislativas de xaneiro de 2009 e o seu candidato, Carlos Mauricio Funes foi elixido en marzo deste ano como Presidente de El Salvador. Ábrese unha porta á esperanza e ao cambio.
Julio César Monge é un testigo de excepción deste cambio, participando activamente desde TNT, xuntamente con outros movementos sociais, en todo o proceso que levou a Funes á Presidencia da República.
Neste acto será tamén presentado un vídeo sobre o CENTRO CULTURAL JON CORTINA, promovido e xestionado desde TNT, que recolle as actividades desenvolvidas desde a súa inauguración en xuño de 2008. É unha oferta comunitaria, que ten como obxectivo contribuír á mellora da calidade de vida das comunidades de Chalatenango, a través do desenvolvemento das capacidades organizativas e da educación artística e social.
Jon Cortina era un xesuíta vasco, enxeñeiro, profesor da Universidade; viviu 50 anos en El Salvador ata a súa morte en 2005. Defensor dos dereitos humanos, fundador da Asociación Pro-Búsqueda de Nenas e nenos Desaparecidos.