ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 19 de outubro de 2009

A LOITA DO METAL CONTINÚA



@S COMUNISTAS ESTAREMOS PRESENTES APOIANDO A MOBILIZACIÓN E DISTRIBUINDO FOLLAS


Recentemente o Metal da Provincia de Pontevedra librou unha dura batalla ao longo de 23 días de folga.


Neses 23 días de loita, en contraste coa impecable dignidade e altura da
actuación dos traballadores e traballadoras, póñense de manifesto:
a brutal represión policial e a prepotencia da patronal, máis envalentonada que nunca pola complicidade institucional e a represión policial.
Estas son as únicas respostas posibles ás xustas demandas dos traballadores no marco da Dictadura do Capital e da Unión Europea imperialista, que aposta pola
fórmula da escravitude asalariada para garantir a reproducción ampliada do capital rebaixando o prezo da forza de traballo.


Esta folga, ao igual que a do 2006, volveu a colocar ao Metal no lugar histórico que lle corresponde: o de destacamento de vangarda da nosa Clase.
O 9 de maio de 2006, na folga pola negociación do Convenio, e cando os traballadores pretendían concentrarse na Estación de Renfe de Vigo, a policía cargou sañudamente, cercando os traballadores que accederan á praza. Resultaron feridos vintetrés compañeiros do Metal, dos que tres tiveron que quedar ingresados durante varios días no Xeral.
A maiores, foron detidos trece traballadores de distintos sectores (naval, aluminio, mecanizados e automóbil) que como todos os demais só cometeron o delito de intentar defenderse.


Os días 19, 20 e 21 deste mes xulgan aos trece compañeiros detidos naquela carga. En consecuencia, O día 19 a CIG convoca unha folga no Metal dende as 09:00 horas até as cinco horas laborais seguintes e nas catro primeiras horas da quenda de tarde.


Os e as comunistas do PCPE chamamos a:
Mobilizarnos e apoiar esta acción: Por solidariedade cos compañeiros e por un Convenio Xusto.
Reiniciar o camiño da loita, no que a pasada Folga supuxo un grande paso adiante na fase de acumulación de forzas e de experiencias.
Recuperar unha dinámica sindical de UNIDADE e orientación de clase, respectuosa da asamblea dos traballadores e dos seus acordos, porriba de particularismos das distintas cúpulas e estructuras sindicais: Unha clase, un obxectivo, unha loita.
Ela está chamada a ser un importante paso adiante cara ao horizonte da Folga Xeral que compre facer, e ante todo compre preparar e organizar.


Comunistas da Galiza  PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA
comunistasdagaliza@gmail.com