CAMARADA DOS CJC-TOLEDO DETIDA POR DENUNCIAR AO FASCISMO
O Estado burgués volve mostrar as súas armas e a demostrar que cando se sente ameazado, utiliza a violencia fascista, sen ter nin sequera a necesidade de encubrilo. Hoxe 12 de Ocubre do 2009 o obxectivo estaba moi claro en Toledo: criminalizar unha vez máis á esquerda, ás e os antifascistas e antiracistas, mentres permitían e protexían o fascismo e a xenofobia na súa máis alta expresión.
Como denunciamos fai uns días a organización Alianza Nacional elixira a cidade de Toledo para celebrar o día da Hispanidade ou tamén segundo eles o día da Raza. O concello de Toledo, gobernado por un individuo sen escrúpulos pertencente á nosa rancia socialdemocracia, xunto coa Subdelegación do goberno, permitiron e axudaron a que esta manifestación levase a cabo. Chegado este momento, a nosa obriga era saír á rúa e denunciar estes ataques fascistas, xenófobos e racistas, acontecidos cada vez en maior número e en máis lugares do Estado.
Ao comezo do acto fascista, un grupo de antifascistas de Toledo que protestaban comezou a sufrir unha brutal agresión por parte dos nazis, cargados de torcas e parafusos, aos que observaba a polícia antidisturbios ata que comezou unha carga contra os antifascistas.
Tras a carga policial contra os antifascistas e facendo uso da súa chulesca autoridade, a policía comezou a perseguir e a dar voltas polas rúas de Toledo e a deter moz@s aos que criminalizar, visto que a manifestacion fascista se lles fora das mans, a policía non quería outra cousa que atopar a quen acusar de "vandálicos". A nosa camarada, militante dos CJC Toledo, a cal non participara nos incidentes, foi detida a varios quilómetros dos feitos e trasladada a comisaría, onde permanece detida. É por isto que facemos un chamamento para denuciar socialmente estes abusos de autoridade unidos ademais a estes atentados nazifascistas.
O que hoxe vivimos os CJC nas rúas de Toledo, é inadmisible. Estamos fartos de que o nazifascismo campe ás súas anchas e nós sexamos quen paguemos toda a súa barbarie mediática. É incomprensible que se lles siga dando cobertura e apoio desde os estamentos políticos da sumisa socialdemocracia que nos goberna, tanto no Estado español, como na cidade de Toledo.
A nosa camarada foi detida por denunciar en Toledo o fascismo e o racismo, por situarse ao lado dos que máis o necesitan, por levantar a súa voz contra a intolerancia.
¡CONTRA A IMPUNIDADE FASCISTA E RACISTA!
¡NON Á CRIMINALIZACIÓN DAS E OS ANTIFASCISTAS!
Toledo, 12 de outubro do 2009
COMUNICADO CJC-TOLEDO

--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución