INVITACIÓN PÚBLICA
XOVES 8.10.09 ás 20h NO TEATRO PRINCIPAL:
OS RECHEOS NA RÍA DE PONTEVEDRA A DEBATE
Dentro do CICLO DE CONFERENCIAS organizado pola Asociación
Pola Defensa da Ría (APDR, no vindeiro debate deste XOVES
8 participarán os seguintes conferenciantes:
- Miguel Pazos, patrón maior da Confraría de pescadores
da Ría de Pontevedra, que abordará a problemática dos
RECHEOS NO PORTO DE MARÍN E A SÚA REPERCUSIÓN NA PESCA
E NO MARISQUEO.
- Antón Pousada, membro do Colectivo Cultural RONSEL, que
presentará o documental A PRAIA DE AGUETE: A ESTABILIDADE
DESEQUILIBRADA.
- Lukas Santiago, arqueólogo, realizador e vogal da Xunta
Directiva da APDR, que vai presentar o seu curto O AVOIÑO.
LOURIZÁN PARRÓQUIA MÁRTIR: CRÓNICA DUN PARAÍSO
PERDIDO.
A continuada realización de recheos na nosa Ría é un
tema de preocupación permanente na APDR, que ten
presentado diversas denuncias sobre o particular e expresado
en multitude de ocasións a necesidade de impedir estas
prácticas que inciden de forma moi negativa sobre a pesca
de baixura e o marisqueo pero tamén sobre a dinámica das
correntes e, xa que logo, sobre os areais costeiros.
Desde a APDR facemos un chamamento a todos os nosos socios e
socias pero tamén a todas aquelas persoas preocupadas pola
defensa do noso medio ambiente e os recursos naturais para
que asistan ao debate e aporten as súas experiencias
persoais ao respecto.
Máis en: http://www.apdr.info/