ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 28 de outubro de 2009

CAPITALISMO É CORRUPCIÓN . Comité executivo PCPE


 
Partido Comunista dos Pobos de España.

Comité Executivo


CAPITALISMO É CORRUPCIÓN


Ante a sucesión de feitos de extrema gravidade nos que se ven implicados políticos e empresarios evidenciando o alarmante nivel de corrupción sobre o que se sustenta a sociedade española,

o Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España DECLARA

Como cando falamos das causas da crise capitalista, errariamos se buscásemos a orixe e motivos da corrupción  nalgo distinto ao sistema capitalista. No núcleo central dun sistema baseado na división da sociedade en clases e na explotación das persoas está a causa da corrupción, desigualdade e violencia que azouta a esta sociedade.

No feito primario da explotación das persoas, o saqueo dos recursos naturais e a diferenza de posibilidades entre as persoas pola súa diferente orixe de clase, achamos o maior acto de corrupción imaxinable.

Seguidamente atopamos un sistema político profesionalizado e elitista que para se soster necesita de algo máis que das avultadas sumas que recibe dos nosos impostos vía o erario público. Dependencias, a do estado e a de empresas "mecenas" que os subvencionan, que os anula para calquera outro propósito que non sexa a perpetuación do sistema.

Corrupción estrutural (económica, política ideolóxica) que impregna ao conxunto da sociedade e que, ao se  asimilar pola clase obreira, a incapacita para a tarefa histórica que lle corresponde como clase e que non é outra que a destrución do sistema capitalista e a construción dunha sociedade, a socialista, onde desaparezan as bases materiais da explotación e, xa que logo, da corrupción como feito estrutural e intrínseco á formación social.



Corrupción xeneralizada que, ademais de nos negar o presente e o futuro, pagamos directamente a clase obreira, os sectores populares e a mocidade co noso traballo e o noso diñeiro. Todo euro que se apropian os corruptos nutre a parte da torta que corresponde ás rendas do capital e retraise do anaco das rendas do traballo.

A resposta necesaria

Á marxe das medidas legais que puntualmente adopta o sistema contra algúns elementos e tramas corruptas, os/as comunistas habemos de aproveitar o feito noticioso de tramas como a Gürtel, ou as de Santa Coloma, Marbella, El Ejido, Bigastro  e tantos e tantos outros casos, para romper o consenso social que permite que todos estes feitos de latrocinio escandaloso se suceder sen o menor custo político e social para o capitalismo.



Batalla ideolóxica para demostrar, unha vez máis, que este sistema xa non ten nada positivo que nos ofrecer e que dentro del , para a clase obreira e a maioría social, non hai alternativas positivas.

Corrupción e capitalismo son sinónimos e por iso a ditadura do capital alimenta a corrupción e os corruptos. No franquismo déronse os maiores casos de corrupción con absoluta impunidade, hoxe os seus herdeiros seguen a gozar, agás  algún peón que ás veces é necesario tombar, da mesma impunidade. O rei e a súa familia, os banqueiros, os partidos políticos do sistema aos que se lles manteñen débedas multimillonarias coa banca sen executar, os "axentes sociais" que reciben permanentes e substanciosas prebendas e dotacións do estado, todos eles son a base sobre a que se sustenta a corrupción e o sistema de dominación capitalista.


Madrid, 29 de outubro 2.009