ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 29 de julho de 2008




ANTE A DETENCIÓN DA COMPAÑEIRA REMEDIOS GARCÍA ALBERT



O Comité Executivo do PCPE, unha vez coñecidos os pormenores da detención da compañeira Remedios García, quere facer públicas as seguintes consideracións:

1.- A detención de Remedios confirma a espiral represiva desatada en España contra a militancia de esquerdas, poltica, sindical, solidaria, antifascista e antiimperialista que non se plega ás imposicións do imperialismo. O Estado Espaol incrementa a represión para implantar o pensamento único, tentar impedir a resposta popular á crise capitalista e favorecer a estratexia de acumulación e concentración de capitais dos monopolios españois.

2.- O Goberno Español vén colaborando activamente coa estratexia imperialista na América Latina e, especialmente, na Colombia. A activa colaboración do Goberno do PSOE co Goberno do fascista Álvaro Uribe é parte desa campaña de apoio á penetración do capital español. En España operan hoxe impunemente paramilitares e axentes dos servizos de intelixencia colombianos, que atoparon no goberno español un firme aliado na sua campaña de terror contra o movemento popular. Esa campaña de terror estáse a extender á militancia revolucionaria e antiimperialista do noso país, da man dunha forte ofensiva meditica que tenta involucrar a algunhas organizacións españolas, entre elas ao PCPE, no conflito armado provocado polo imperialismo e a reacción en Colombia.

3.- O PCPE esixe a retirada de todos os cargos contra a compañeira Remedios García, chama ao conxunto da esquerda no noso país a mostrar o seu rexeitamento solidario a este tipo de accións represivas e esixe ao Goberno Español que renda contas pola súa colaboración co goberno criminal de Uribe, responsable do asasinato de decenas de militantes esquerdas en Colombia. Esiximos igualmente que se investigue de forma inmediata a relación entre os monopolios españois que actúan na Colombia e o paramilitarismo criminal que leva décadas asasinando impunemente a sindicalistas colombianos.

4.- O PCPE coñece os terribles cirmes cometidos contra o pobo colombiano desde hai décadas. Foron precisamente eses crimes os que provocaron o nacemento das organizacións insurxentes, entre elas as FARC -EP, como lexítima resistencia popular ante o terrorismo de estado e fronte aos crimenes cometidos contra a indefensa poboación civil. Na década dos oitenta e primeiros noventa mais de 4.000 militantes da Union Patriótica, na súa maioría do Partido e a Mocidade Comunista, foron impunemente asasinados. Eses crmes continúan nos nosos días ante a pasividade da comunidade internacional. Defendemos o dereito do pobo colombiano a recorrer a todos os medios de loita ao seu alcance para combater ao imperialismo agresor e ao terrorismo de estado. Solicitamos que se recoñeza ás FARC - EP o carcter de “forza belixerante”, seguindo outras experiencias baseadas no Dereito Internacional, e esiximos a súa inmediata retirada da lista de organizacións terroristas da Unión Europea.

A solidariedade é a tenrura dos pobos!
Pola paz con xustiza social, pola nova Colombia!

Comité Executivo do PCPE.