ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 2 de julho de 2008


encamiña A OLIVEIRA DE TEO

COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA

3º MARCHA CÍVICA POLA SUPRESIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA

Participade na Marcha Cívica que sairá o sábado ás 12 horas da praza de Cánovas Lacruz, nun lateral de Capitanía (Cidade Vella). Logo iremos á praza de María Pita, a recordar ao alcalde da Coruña que a simboloxía franquista non se quita das rúas soa, nen pouquiño a pouquiño. Quítase toda, convocando XA un pleno municipal que así o resolva, ou o que non se pode é marear á perdiz, xogar ao despiste, confundir á poboación como se estivese a facer realmente un plano de supresión da simboloxía fascista do rueiro da cidade da Coruña. E remataremos a marcha cívica diante da estatua de Millán Astrai, ese innombrable militar fascista que aínda ten unha estatua en pe na Coruña. Sí, señoras e señores, na Coruña con alcalde socialista, nunha Coruña que é a capital da simboloxía franquista do Estado español.

Pero ata aí podiamos chegar. Xa sabedes que contamos coa colaboración do Mago Antón e outros tres magos (o Mago Romarís, o Mago Calí e o Mago Martín Camiña) para facer desaparecer a simboloxía franquista.

Contamos con catro magos e con milleiros de vontades para eliminar os nomes fascistas das nosas rúas. Así que, o sábado 5 de xullo NON FALTES Á 3ª Marcha Cívica contra a Simboloxía franquista.