Fotos do Deusa Maat: http://flickr.com/photos/
BANDEIRAS NEGRAS DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN EN CORRUBEDO-RIBEIRA
O veleiro ‘Deusa Maat’, da confederación Ecoloxistas en Acción, atracará en Ribeira para denunciar durante dous días as actuacións que desfán a costa galega e en especial as ameazas sobre o litoral ribeirense e o Complexo Húmido de Corrubedo, un dos PUNTOS NEGROS do litoral galego, especialmente polos proxectos de tres piscifactorías.
A Confederación Ecoloxistas en Acción, a organización ecoloxista galega Verdegaia e mailas organizacións locais Plataforma Medioambiental de Corrubedo e Altofalante presentarán no porto deportivo de Ribeira o Informe Bandeiras Negras 2008, sobre a saúde da costa do Estado español. No dito informe, faise especial fincapé nos factores económicos e urbanísticos que está a desencadear unha crise ambiental de fondo calado social.
O informe será presentado por Jorge Sáez, voceiro da área Mariña de Ecologistas en Acción, pola organización Verdegaia e por Manoel Santos, presidente da Plataforma Medioambiental de Corrubedo e por Luís Teira, de Altofalante.
PROGRAMA DE ACTOS
SÁBADO 26 POLA MAÑÁ
Dende a organización convídase aos medios de comunicación a unha roda de prensa e posteriormente a embarcar no veleiro “Diosa Maat”, da confederación Ecoloxistas en Acción, que estará atracado no Clube Náutico de Ribeira o sábado 26 de xullo ás 11:00 horas, para visitar diversos puntos negros da costa.
SÁBADO 26 POLA TARDE
O sábado pola tarde, a partir das 18:00 horas no porto de Corrubedo, os grupos locais ergueran unha bandeira negra como símbolo da loita contra o plan de acuicultura da Xunta de Galicia e a organización Ecoloxistas en Acción colocará unha exposición e dará conta dunha proxección audiovisual e diversas actividades para os cativos e cativas. Así mesmo, a organización local Pau da Luz, organizará unha festa popular a partir das 20:00 horas.
DOMINGO 27 POLA MAÑÁ
O domingo 27 pola mañá (12:00 horas) o veleiro “Deusa Maat” estará aberto ao público que o queira visitar durante o seu amarre no porto deportivo de Ribeira e desenvolveranse obradoiros educativos para os cativos e cativas da cidade así como a colocación dunha exposición sobre o medio mariño.
CITA
Día: sábado 26 de xullo
Hora: roda de prensa ás 11:00 horas e posterior embarque para a visita de puntos negros do litoral
Lugar: Náutico de Ribeira
Máis información: Manoel Santos (686 021 933), da Plataforma Medioambiental de Corrubedo - Tom Kucharz (619 94 90 53), de Ecologistas en Acción
En internet:
Información de Verdegaia: http://www.verdegaia.org/content/view/611/109/ 10504599@N07/
Caderno de bitácora do veleiro: http://velerodiosamaat.blogspot.com/
Informe Banderas negras 2008: http://www.ecologistasenaccion.org/spip. php?article11886